|
Thursday, 18 March 2010 |
|
Con motivo da celebración do Dia da Árbore e cos nenos e nenas do CEIP Celso Currás como protagoístas, o pasado 16 de marzo tivo lugar unha especial plantación no Chao do Couso (Vilapena). Trátase dunha das zoas máis afectadas polo ciclón Klauss do pasado ano.
Así, os escolares levaron a cabo unha prantación de coníferas para repobla-lo monte danado ó tempo que se inculca nos máis novos a concienciación sobre a importancia da natureza e da diversidade arbórea.
Á actividade asistiron tamén o Xefe Territorial da Consellería de Medio Rural, o Enxeñeiro Xefe de Montes, o Alcalde do Concello, o Presidente da MVMC de Vilapena e técnicos de medio ambente da zoa.
|