|
TRABADA CONTARÁ CUNHA RESIDENCIA DE ANCIÁNS |
|
|
|
mércores, 15 decembro 2010 |
|
A residencia, que supón unha inversión de dous millóns de euros, empezará a construírse no próximo ano 2011.
O Concello reservou unha partida de 200.000 €, cantidade que ten que aportar, ademáis dos terreos onde será ubicado.
Da súa construción encargarase Suplusa, organismo dependente da Diputación Provincial de Lugo, que comezará coas obras durante o 2011.
Segundo o alcalde, a dotación dunha residencia para Trabada significará unha "gran noticia" xa que o padrón vai demostrando o progresivo envellecemento da poboación, e evitará o traslado de veciños a residencias doutros concellos; na actualidade hai trabadenses en residencias do Valadouro, Foz, Burela ou Ribadeo, entre outras localidades.
|