|
A Deputación de Lugo puxo en marcha o Programa de Termalismo Social ”Saúde e Benestar no Camiño de Santiago”, dirixido ás persoas maiores de 50 anos da provincia de Lugo que acoden aos balnearios fundamentalmente a efectuar curas de saúde e/ou buscando a realización de actividades de ocio saudable e envellecemento satisfactorio.
Os balnearios participantes son os da provincia de Lugo “Termas Romanas”, Balneario “Oca Río Pambre”, Guitiriz “Hotel balneario & Golf Club”, “Oca Augas Santas Balneario Golf Resort”, ofértanse un total de 1.400 prazas, durante os meses de agosto a decembro 2011.
REQUISITOS.-
• Ter cumpridos 50 anos, ou mais. No caso de ser acompañante, sempre e cando sexa cónxuxe ou análoga relación, non será preciso que cumpra co requisito da idade.
• Estar empadroado nalgún concello da provincia de Lugo.
PRAZO DE INSCRICIÓN.-
Ata que se cubran as prazas ofertadas.
DOCUMENTACIÓN.-
• Solicitude
• Declaración xurada do lugar de residencia
• D.N.I.
LUGAR DE PRESENTACIÓN.-
de luns a xoves de 10 a 14 horas no Concello .-Traballadora Social-.
Trabada a 23 de xuño de 2011.
O alcalde
D. José Manuel Yanes Ginzo.
|