Inicio arrow Historia e arte
Friday, 30 July 2010
O Concello
Benvida do Alcalde
Corporación municipal
Novas do Concello
Taboleiro do Concello
Perfil do Contratante
Desenvolvemento Local
TRABADA
Localización
Como chegar?
Parroquias
Historia e arte
Escudo e bandeira
Personaxes destacados
Espazos naturais
Teléfonos de interese
Axenda cultural
Feiras e festas
Gastronomía
Servizos Municipais
Ligazóns de interese
Trabada no futuro
Fototeca
Turismo
Datos de interese
Sendeirismo
Onde aloxarse
Onde comer
Envía unha postal
Encuestas
Dende onde visita o noso portal?
 
HISTORIA E ARTE PDF Imprimir
Thursday, 09 November 2006

 

Con motivo da Guerra da Independencia, dos primeiros días do mes de xaneiro de 1809 tivo lugar a invasión, por parte dos franceses das terras galegas. Na comarca da Mariña Oriental os protagonistas serán os concellos de Ribadeo e Trabada, onde o célebre alcalde Melchor Díaz de la Rocha ofreceu unha tenaz resistencia ó xeneral francés François M. Fournier e ás súas tropas. Trala constitución en 1808 da Xunta de Defensa de Ribadeo cunha guarnición militar de vintecinco soldados, as tropas napoleónicas entraron o 25 de xaneiro de 1809 en Ribadeo sen encontrar oposición esixindo unha grande cantidade de alimentos nas aldeas dos arredores. Eran 150 os homes que o xeneral francés enviara a Ribadeo desde a xa conquistada vila de Mondoñedo. Ante estes abusos o alcalde de Sante reaccionou convocando ós vecinos de Sante, Vidal, Vilaosende, Cedofeita, Valboa e Couxela para que se negasen ás esixencias dos franceses e se armasen en defensa das súas familias, as súas facendas e o seu país. Así foi como o 29 de xaneiro de 1809, Díaz de la Rocha se presentou ante os franceses, con 300 veciños armados de escopetas, chuzos e fouces. Dispostos a defender o camiño entre Mondoñedo e Ribadeo, coñecido como o da Nosa Señora da Ponte, ocasionaron ó inimigo a perda de 5 homes e tres cabalos xa o primeiro día. Nos seguintes días, os veciños foron quén a forza-la retirada do exército francés cara a Mondoñedo, causándolles en total a baixa de 60 soldados e 25 cabalos. Fournier agardaba en Mondoñedo a chegada de reforzos de Lugo e Ferrol, e ó recibilos os franceses entraron en Ribadeo definitivamente.

A pesar do éxito inicial da campaña militar, a loita non tivo a esperada continuación. A falla de apoio por parte das Xuntas de Asturias, Ribadeo e Mondoñedo fixo que a breve e improvisada empresa fracasara a causa das discordias entre as autoridades encargadas da defensa. Por todo iso, o alcalde de Sante abandonou a loita, refuxiándose durante varios anos en A Coruña. A pesar do fracaso desta batalla, feitos coma este fixeron posible que seis meses despois o exército francés se batese en retirada cara a Astorga, abandonando definitivamente as terras galegas. En lembranza daquela fazaña, conmemórase anualmente, o luns de Pentecostés, a festividade de Nosa Señora da Ponte no barrio do mesmo nome da parroquia de Arante.



 
Infraestructuras, espacios naturales, arquitectura... conoce Trabada a través de imágenes
¿Qué tiempo va a hacer hoy en Trabada? Conoce la predicción meteorológica
Presume de ayuntamiento. Envía una postal a tus familiares o conocidos con imágenes de Trabada
Teléfonos de interés: Ayuntamiento 982 32 00 01 Centro de Salud 982 32 09 05
© Concello de Trabada