|
Dentro deste capítulo de bemos destacar sen dúbida a Ría de Ribadeo.A altura da parroquia de Ría de Abres, o río Eo forma os primeiros meandros ó descender á Rasa para desembocar no Cantábrico.
As especiais caraterísticas da súa vexetación, temperatura da auga, luz e humidade, convírtena en hábitat de numerosas aves acuáticas así como de peces, tales como a lamprea, o escalo e o salmón.
O valor ambiental da Ría de Ribadeo está corroborado pola inclusión en varios listados de espazos naturais que se deben protexer e conservar:
- Figura como Lugar de Importancia Comunitaria (LIC), incluido na proposta galega para a Rede Natura 2000. En concreto forma parte do denominado "LIC ES 1120002-Rio Eo".
- Alberga unha grande cantidade de aves acuáticas, o que conlevou á súa declaración como zona ZEPA (Zona de Especial Protección para as Aves), segundo a Directiva 79/409/CEE.
- Pertence igualmente ó listado de Áreas Importantes para as Aves de Europa (IBAs), elaborado por Bird Life, formando parte da IBA 007 "Ria del Eo-Playa Barayo-Ría de Foz".
Inclúese tamén na relación de zonas húmidas de importancia internacional do Convenio RAMSAR, conv enio relativo á Conservación dos Humedais de Importancia Internacional, particularmente como hábitat de aves acuáticas.
Destacar asimesmo os cursos fluviais. O río Eo e os seus afluentes, gozan dunha riqueza piscícola moi importante. Das súas augas, disfrutando da pesca deportiva, podemos rescatar fantásticos exemplares de salmón, reo, troita, lamprea e anguila. A tan cotizada angula remonta a ría aproveitando os fluxos das mareas.
Dispón este concello duns inigualables espacios naturais, dun enorme interés ecolóxico, como son os seus bosques autóctonos ou fragasnaturais, onde se poden admirar moitas especies de fauna e flora autóctona, enzalzadas coa execución dun proxecto de construcción de diversas rutas de sendeirismo a través das mesmas. Son de destacar as seguintes:
-Fraga da Becerreira, ubicada na parroquia de Trabada, cunha superficie de 100 hectáreas.
Descargar o folleto en PDF da ruta da fraga da Becerreira
-Fraga da Belosiña, petencente tamén á parroquia de Trabada cunha superficie de 6 hectáreas.
-Fraga de Vilapena, situada na parroquia do mesmo nome que conta cunha superficie de 140 hectáreas.
Descargar en o folleto en PDF da ruta da Fraga de Vilapena
-Fraga de Cabanela, dentro da parroquia de Vilaformán. Superficie: 110 hectáreas.
Hay outras rutas de sendeirismo no concello. Son:
Ruta do Vento (folleto en PDF)
Ruta do Monte Roxal (folleto en PDF)
|