|
O concello de Trabada ten previsto acometer nun futuro próximo diversos
proxectos que virán a completar a rede de infraestructuras municipais.
Na actualidade estase a rematar un ambicioso proxecto piloto de
concentración parcelaria de montes que ten por obxeto rentabilizalo,
dimensionando adecuadamente a propiedade e levando a cabo ó mesmo tempo
innovadores plans de ordeazón e de xestión forestal sustentable donde
se plasman unha serie de consideracións medioambientais, (conservación
do arbolado autóctono, a protección de ribeiras, construcción de
cortalumes, protección de fontes e manantais, protección cinexética,
construcción de depósitos para abastecemento de augas, rede viaria e
reforestación forestal con diversas especies productivas), que aumenten
a biodiversidade e a sustenibilidade do monte cara á consecución da
certificación forestal.
Destacar tamén, desde o mesmo punto mediambiental, as actuacións
previstas en torno ó río Eo. Por unha banda a execución do "PROXECTO DE
RECUPERACIÓN DE CAUCE E ORDENACIÓN DE MARXES NO RÍO EO EN RÍA DE
ABRES", que xunto con outro en redacción co que se acometerán as obras
de construcción da nova ponte sobre o río e de diques de protección e
dragado do cauce, permitirán en gran medida o remonte dos salmóns río
arriba, un bo acceso entre as dúas marxes (asturiana e galega) e a
protección das edificacións asentadas na súa ribeira nos momentos de
grandes avenidas de auga e repunte de mareas.
Un dos plans máis ambiciosos do concello é a construcción dun parque
industrial en colaboración coa Excma. Deputación Provincial na zona de
Chao do Sevil, parroquia de Trabada. Os terreos atópanse en fase de
adquisición e prevese que se instalen no mesmo algunhas pequenas e
medianas empresas, así como algúns almacéns.
Outras actuacións salientables son a elaboración do Plan Xeral de
Ordenación Municipal, en trámite actualmente, a construcción de máis
vivendas sociais destinadas fundamentalmente ós máis novos e o remate
da estrada provincial de "Trabada por Sante á Ría de Abres", que
permita vertebrar axeitadamente esas puxantes zonas do municipio.
|