|
Co obxectivo principal de dar un impulso socioeconómico á provincia de Lugo, polo seu relativo atraso con respecto a outras zonas, o IGAPE lanza un plan especial chamado IMPULSA LUGO, que favorece o investimento na nosa provincia tanto de empresas locais como de fóra.
Obxectivos
• Potenciación dos sectores estratéxicos da economía da provincia.
• Impulsar actuacións emprendedoras de alto valor competitivo e productivo.
• Fomentar a creación de emprego.
• Desenvolvemento do tecido socioeconómico da provincia.
Liña de axudas
• Axudas directas ao investimento empresarial superior a 200.000 €, establecéndose un garante mínimo de subvención do 20% para proxectos de primeira implantación e do 15% para proxectos de ampliación, modernización ou innovación tecnológica. Ditos parámetros serán de aplicación a todas aquelas solicitudes non resoltas presentadas dende o o 24 de setembro de 2009.
• Préstamos ao 0% de xuro para proxectos empresariais que comprendan unha inversión subvencionable de entre 240.000 € e 25.000.000 €.
• Nos créditos ICO-IGAPE, subsidiación do tipo de xuro do 2.65%.
• Financiación para inversións, circulante, conversión de pasivos, amplicación de capital, entre outras axudas xerais do IGAPE.
• Apoio técnico e asesoramento do proxecto empresarial a desenvolver.
Beneficiarios
Empresas e emprendedores que teñan un proxecto empresarial de implantación na provincia de Lugo.
Podes consultar ésta e outras liñas de axudas do IGAPE na sua páxina web:
http://www.igape.es
|