|
O Ministerio de Sanidade e Política Social, convoca prazas para pensionistas que desexen participar no Programa de Termalismo Social. As solicitudes poden tramitarse no Concello.
Poderán participar neste programa as persoas que reúnan os seguintes requisitos:
· Pensionistas do Sistema da Seguridade Social que teñan 60 anos cumpridos.
· Non padecer alteracións de comportamento que impidan a convivencia nos establecementos, nin enfermidades infecto-contaxiosas.
· Poder valerse por si mesmos para o desenrolo das tarefas da vida cotiá.
O prazo de presentación de solicitudes será o seguinte:
· Para os turnos dos meses de febreiro a agosto, ambos incluídos:
*con prioridade na adxudicación de praza ata o 15/01/10.
*para a súa inclusión na orde que corresponda, na lista de espera: ata 17/05/10.
· Para os turnos dos meses de setembro ao mes de decembro, ambos incluídos:
*con prioridade na adxudicación de praza ata o 17/05/10.
*para a súa inclusión na orde que corresponda, na lista de espera: ata 29/10/10.
Para maior información, así como para axuda na tramitación de solicitudes, no Concello de 10 a 13 horas.
|