|
APROBADO O PROXECTO DE NOVAS VIVENDAS SOCIAIS |
|
|
|
mércores, 10 marzo 2010 |
|
A Consellería de Medio Ambente, Territorio e Infraestructuras acaba de confirmar ó grupo parlamentario do Partido Popular que a Xunta de Galicia, a través do IGVS, a construción de aproximadamente 18 vivendas de promoción pública no Concello de Trabada, en terreos ofrecidos polo propio Concello.
A previsión, pois, é construír 18 vivendas aínda que o número definitivo determinarase no correspondente proxecto, no que se definirá con máis precisión o orzamento da sua construción, prevéndose un investimento aproximado de 2 millóns de euros.
É unha gran nova para Trabada e para os máis xoves, xa que lles vai permitir acadar unha vivenda a prezo accesible, permitindo por outra banda fixar poboación.
Confírmase, unha vez máis, o compromiso do actual goberno da Xunta de Galicia para/con Trabada, en contraste co anterior goberno bipartito que nada máis chegar anulou esta mesma actuación, obrigando ademáis ó Concello a adquirir de novo o solar que previamente fora vendido á futura promotora.
|