|
O Concello de Trabada, xunto cos de Barreiros, Lourenzá e Alfoz, en colaboración coa Consellería de Medio Ambente e a través de Sogama, está a levar a cabo un Programa Piloto de Compostaxe Doméstico.
Éste, que ten como fin a redución do lixo do Concello, traería consigo ventaxas ambentais, económicas e sociais.
Consiste na reciclaxe por parte das familias, mediante a instalación de contedores especiais de carácter gratuito, dos restos vexetais da casa ou xardín. Estes verquidos, que supoñen unha gran parte do lixo das familias, acaban en vertedoiros producindo unha forte contaminación. En lugar disto, podemos transformar esta materia orgánica en compost, un fertilizante para as terras e os cultivos.
Por esta razón a compostaxe está pensada sobre todo para vivendas unifamiliares con xardines que produzan unha cantidade importante de restos vexetais.
Ca fin de informar sobre o compostaxe en xeral e sobre o programa que estamos a desenvolver, o próximo MÉRCORES 7 DE ABRIL ÁS 20:00 CELEBRARASE UNHA CHARLA NO SALÓN DE ACTOS DO CENTRO CULTURAL, á que animamos a tódolos veciños a participar.
Durante os días seguintes as persoas interesadas poderán tramita-la solicitude de adhesión ó Programa de Compostaxe.
Para maior información, achegarse ó Concello ou chamar por teléfono, ó 982135011.
Descarga o Manual sobre Compostaxe Doméstica
Descarga o formulario de solicitude de participación no programa
|