|
BASES I EDICION “CANTOS DE TABERNA TRABADA”
O Concello de Trabada en colaboración cos establecementos con actividade gastronómica do termo municipal de Trabada, convoca e organiza a I EDICION “ CANTOS DE TABERNA TRABADA”, cuia finalidade é dinamizar o sector hosteleiro de Trabada, no que participan todos os establecementos de Hostelería do Concello de Trabada legalmente establecidos , e nesta edición, en concreto, Mesón Camiño Norte, Taberna da Curuxeira, Bar O Porfirio e Bar Villapol de conformidade coas seguintes.
BASES I EDICIÓN “CANTOS DE TABERNA TRABADA”
- Os grupos participantes estarán formados por un mínimo de 5 persoas e un máximo de 10 persoas que irán acreditadas de xeito visible. A participación no concurso estará limitado a 6 grupos e/ou un máximo de 60 persoas en total.
- A inscrición é de balde e realizarase a través dos enderezos electrónicos
Esta dirección electrónica esta protegida contra spambots. Es necesario activar Javascript para visualizarla
ou no teléfono 982135011. O límite de prazo de inscrición será o 20 de xaneiro de 2018.
- Para a inscrición deberá achegar a ficha de solicitude que estará dispoñible en www.trabada.es
- O evento desenvolverase o venres, 2 de febreiro a partir das 20:00h.
- Cada grupo percorrerá o itinerario que a organización lle marque. Os grupos deberán seguir as indicacións que hostaleiro/a lle indique para a súa mellor ubicación dentro de cada local.
- Cada grupo disporá de 30 minutos de actuación en cada local que lle se sexa asignado. O repertorio será de libre escolla, preferentemente con temas populares e tradicionais.
- Cada grupo poderá aportar, xunto coas voces que serán obrigatorias, instrumentos musicais que os acompañen (acordeón, guitarra, instrumentos de vento e/ou percusión tradicional), en ningún caso aumentando esta circunstancia o límite no número de integrantes.
- Os integrantes dos grupos estarán convidados a unha consumición básica en cada local do seu itinerario (viño corrente, cervexa, refresco ou auga), o resto deberán aboalo.
- Cada grupo disporá dun “pasaporte” que selarán en cada establecemento e que será o único medio de acreditación de ter realizado o percorrido.
- Os integrantes de todos os grupos, unha vez finalizados os recorridos, en torno ás 23.30h quedarán convidades a unha cea conxunta.
- A organización comunicará por correo electrónico, coa suficiente antelación, o percorrido e data para a recollida do material.
INSCRICIÓN CANTOS DE TABERNA DE TRABADA
Grupo_____________________________________________________
Número de compoñentes______________________________________
Persoa de contacto___________________________________________
Email_____________________________________________________
Teléfono de contacto_________________________________________
Nomes e apelidos dos integrantes:
1._________________________________________________________
2._________________________________________________________
3._________________________________________________________
4._________________________________________________________
5._________________________________________________________
6._________________________________________________________
7._________________________________________________________
8._________________________________________________________
9._________________________________________________________
10.________________________________________________________
Trabada, a ____ de xaneiro de 2018.
O representante.
Asdo.:________________________________
|