BASES DO SERVIZO DE CAMPAMENTOS URBANOS DE VERÁN 2018 Imprimir
Luns, 04 Xuño 2018 10:05

 

RESOLUCION DA ALCALDIA 123/18 25 DE MAIO

Dende o Concello de Trabada enténdese que debe de adoptarse sen demora medidas de marcado carácter social que permitan a consolidación da poboación no Municipio que leva perdendo poboación de maneira continuada dende a última década.

Así, a fin de poder poñer en marcha o programa de conciliación laboral e familiar a través dos Campamentos de Verán que organiza o Concello nas instalacións municipais, como unha medida responsable que evite o despoboamento, fomentando a natalidade e mellorando a situación educativa dos nen@s do municipio como principal riqueza de calquera sociedade moderna, considérase imprescindible dado ao éxito acadado no programa de conciliación LudiSeráns que se puxo en marcha durante o período escolar establecer unas bases que permitan adoptar medidas sociais en canto ao acceso deste servicio.

Así, e con unha clara intención de protección social, se pretende dar prioridade ás familias numerosas e ás familias nas que os dous proxenitores traballen, dado que este programa de conciliación laboral e familiar precisamente o que promove é servicios de atención e coidado a menores coa finalidade de compatibilizar o período non lectivo coa xornada laboral dos proxenitores.

Esta Alcaldía, en exercicio das competencias legalmente atribuídas polos artigos 21 da Lei 7/1985, reguladora das bases do réxime local e artigo 61 da Lei 5/1997, de Administración Local da Galicia, VEÑO EN RESOLVER:

PRIMEIRO.- Prestar aprobación ás Bases do servizo de Campamentos Urbanos de Verán 2018, coa seguinte literalidade:

BASES DO SERVIZO DE CAMPAMENTOS URBANOS DE VERÁN 2018

Artigo 1. O servizo de CAMPAMENTOS URBANOS DE VERÁN 2018 é un programa

socioeducativo e de lecer de apoio á infancia, co obxectivo de conciliar as responsabilidades familiares, persoais e profesionais ao mesmo tempo que garante a igualdade de oportunidades.

Artigo 2. Modalidade.

O servizo prestarase dende a última semana de xuño ata a primeira semana de setembro, con actividades de ocio e ocupación do tempo de lecer baseadas nos principios da educación non formal, en horario de 10.00 a 14.00 h.

Artigo 3. Obxectivos.

Os obxectivos do servizo son:

- Reforzar a igualdade de oportunidades.

- Promover a integración social dos/as menores en situacións de risco.

- Incrementar os niveis de cobertura das necesidades dos/as menores.

- Desenvolver actividades socioeducativas e de lecer de apoio á infancia.

- Previr situacións de vulnerabilidade e exclusión social nos/as menores.

- Contribuír á mellora das condicións de vida e sociais dos/as menores.

Artigo 4. Destinatarios/as.

1. O Servizo está dirixido aos nenos e nenas nados entre o 1 de xaneiro de 2006 e o 31 de decembro de 2014, empadroados/as no Concello de Trabada, dando prioridade ás familias numerosas ou ás familias nas que ambos proxenitores ou titores teñan unha actividade laboral ou participen nun proceso de formación regrado ou oficial, no horario de desenvolvemento do servizo.

Artigo 5. Lugar e Data.

Desenvolverase durante a última semana de xuño, os meses de xullo e agosto e a primeira semana de setembro de 2018 nas instalacións municipais do Concello.

Artigo 6. Horario.

O horario establecido será de 10.00 h a 14.00 h establecendo un tempo de lecer e de merenda a media mañá.

Artigo 7. Prazas.

O número de prazas coas que conta o Campamento Urbano de Verán é de 25 prazas. No

caso de haber máis solicitudes que prazas, se accederá ao servizo tendo en conta a orde da puntuación acadada na baremación.

Resérvase un 20% das prazas para aquelas unidades familiares, con historia aberta en servizos sociais, que trala valoración dos/as técnicos/as dos Servizos Sociais, dentro dos

seus proxectos de intervención, se estime aconsellable a súa asistencia ao Programa.

Terán acceso directo ao servizo, as unidades familiares, nas que a nai se atope en situación de violencia de xénero.

Artigo 8. Solicitudes.

1. O prazo de presentación das solicitudes ábrese o día 01 de xuño e remata o 11 de xuño de 2018.

2. As familias deberán presentar a Ficha de inscrición, Declaración xurada e Autorizacións, que se facilitarán no Rexistro Xeral do Concello e na páxina web do Concello.

Así mesmo, O Concello ten a reserva de solicitar a seguinte documentación:

- Fotocopia do DNI.

- Fotocopia do Libro de Familia completa.

- Fotocopia do Título de Familia numerosa, no seu caso.

- Documento xustificativo da situación laboral: certificado de empresa co horario de traballo dos dous pais ou titores. No caso dos/as autónomos/as, último recibo de pago do seguro de autónomos e declaración xurada de horarios de traballo.

- Documento xustificativo da participación dos pais en procesos formativos para a integración laboral, no seu caso, e indicado período de duración e horario.

- Documento acreditativo de situación de violencia de xénero emitido polo C.I.M. municipal.

A presentación da solicitude implica a aceptación das normas do procedemento.

Artigo 9. Proceso de Selección.

O proceso de selección será o seguinte:

- A Comisión de Baremación será o órgano encargado de realizar a lista de admitidos e a

de espera, unha vez baremadas as solicitudes polo Concello, conforme ao baremo establecido nestas Bases.

- Publicación dunha lista provisional de admitidos/as coas puntuacións acadadas o 12 de xuño no taboleiro de anuncios do Concello e na páxina web do Concello.

- Prazo de presentación de corrección da documentación e reclamación no Rexistro Xeral do Concello ata 3 días hábiles contados a partir da publicación da lista provisional.

- Publicación de lista definitiva de admitidos/as o día 15 de xuño no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello.

Artigo 10. Listaxe de agarda.

Publicada a lista definitiva dos/das admitidos/as confeccionarase unha lista de agarda cos/as solicitantes excluídos/as, que seguirá a orde que resulte da baremación.

En función das baixas que se produzan na actividade os/as nenos/as entrarán no servizo seguindo a orde na que figuren na lista.

Realizaranse tres chamadas entre as 9.00 h e as 14.00 h, que quedaran rexistradas para a súa constancia. De non contactar coa persoa interesada, esta será dada de baixa e chamarase á seguinte na lista de espera.

Artigo 11. Comisión de Baremación.

A Comisión de Baremación estará composta por:

Concelleira delegada de Cultura, Educación e Igualdade, Animadora socioculutal e a Traballadora Social.

Artigo 12. Causas de baixa.

A baixa no servizo de Campamentos de Verán poderá producirse por algunha destas causas:

- A solicitude dos pais, nais, titores ou representantes legais de ser baixa no servizo.

- Superar a idade regulamentaria para o acceso ao servizo.

- Incumprimento reiterado das normas establecidas no funcionamento do servizo.

- Negativa dos pais, nais, titores ou representantes legais a aboar a tarifa aplicable pola

prestación do servizo.

- Non asistencia ao servizo sen causa xustificada de tres días durante unha quincena.

Artigo 13. Faltas ao servizo.

Será considerada falta ao servizo a non asistencia.

Considerarase causa xustificada aquelas faltas que, aportando a documentación correspondente, fosen motivadas:

- Saúde: enfermidade ou asistencia a consultas ou tratamentos médicos/especialistas.

- Laborais: modificación de quendas de traballo/ formación dos pais, nais, titores ou representantes legais.

- Cumprimento de medidas paterno filiais segundo acordo regulador ou resolución xudicial.

O resto de faltas na asistencia ao servizo serán consideradas faltas sen xustificar, cun máximo de tres faltas durante unha quincena.

Artigo 14. Dereitos e Obrigas dos usuarios.

a) Dereitos dos usuarios:

1- Bo trato, por parte do persoal do servizo e dos demais usuarios.

2- A confidencialidade sobre os seus datos sanitarios, económicos e sociofamiliares.

3- Proporcionarlle a atención socioeducativa precisa para o seu desenvolvemento

integral.

4- Favorecer a súa participación nas actividades do servizo.

b) Obrigas dos usuarios:

1- Cumprir as normas establecidas para o bo funcionamento do servizo, indicadas no Anexo III destas bases.

2- Manter unha actitude de respecto e consideración co persoal e cos demais usuarios.

Artigo 15. Cota.

Este servicio é gratuíto.

Artigo 16. Seguimento e Avaliación.

O seguimento do servizo realizarase mediante informes mensuais e a comunicación e coordinación co persoal e cos/as usuarios/as do servizo, establecéndose unha avaliación continua do mesmo que deberá reflexarse nunha memoria final.

ANEXO II

BAREMO

Situación sociofamiliar e ocupacional:

1- Por ser familias cun fillo único: 2,5 puntos.

2- Por ser familias con dous fillos: 5 puntos.

3- Por ser familias que teñan a condición de familia numerosa: 10 puntos.

4- Pola situación de alta laboral dun proxenitor: 5 puntos.

5- Pola situación de alta laboral dos dous proxenitores: 10 puntos

En caso de empate terán preferencia aquelas familias na que ambos proxenitores traballen e de seguir o empate terán preferencia aquelas familias que teñan escolarizados os seus fillos/as no CEIP Celso Currás.

ANEXO III

Normas para o bo funcionamento do servizo de CAMPAMENTOS URBANOS DE VERÁN 2018.

1- Ao inicio do servizo os pais/nais titores ou responsables legais deberán cubrir unha ficha de matricula facilitando un teléfono de contacto para o persoal do centro durante a prestación do servizo. Así mesmo, deberán asinar as autorizacións para: asistencia ás actividades do servizo, administración de medicamentos (se fose necesario e indicando horas, dose e receita médica), trasladar ao neno/a en caso de emerxencia, recollida doutra persoa do/a neno/a.

2- Os/as nenos /as deberán asistir ao servizo en condicións de hixiene axeitadas.

3- No caso de o/a neno/a estea enfermo/a, teña febre, diarrea ou vómitos deberán deixalo/a na casa ata a completa curación.

4- Os/as nenas deberán cumprir o horario acordado co servizo. En caso de variación deberá ser comunicado ao servizo.

5- En caso de non asistencia ao servizo, deberá ser comunicada e xustificada atendendo ao indicado nos artigos 11 e 12 das bases do servizo.

6- Os alimentos para a merenda serán aportados polas familias, seguindo unha dieta saudable e equilibrada para os nenos/as.

7- En todo momento, primará o bo trato, o respecto e a comunicación axeitada entre as familias, os/as nenos/as, e os/as técnicos/as do servizo.

Dereitos dos/as usuarios/as:

- Acceder ó servizo sen discriminación por razón de nacionalidade, sexo, raza, relixión, ideoloxía ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social.

- Bo trato, por parte do persoal do servizo e dos/as demais usuarios/as.

- A confidencialidade sobre os seus datos sanitarios, económicos e sociofamiliares.

- Proporcionarlle a atención socioeducativa precisa para o seu desenvolvemento integral.

- Favorecer a súa participación nas actividades do servizo.

Obrigas dos/as usuarios/as:

- Cumprir as normas establecidas para o bo funcionamento do servizo, indicadas no Anexo III destas bases.

- Cumprir rigorosamente os horarios de entrada e saída.

- Manter unha actitude de respecto e consideración co persoal e cos demais usuarios.

Faltas ao servizo:

Será considerada falta ao servizo a non asistencia ao servizo.

Considerarase causa xustificada aquelas faltas que, aportando a documentación correspondente, fosen motivadas:

- Saúde: enfermidade ou asistencia a consultas ou tratamentos médicos/especialistas.

- Laborais: modificación de quendas de traballo formación dos pais, nais, titores ou representantes legais.

- Cumprimento de medidas paterno filiais segundo acordo regulador ou resolución xudicial.

O resto de faltas na asistencia ao servizo serán consideradas faltas sen xustificar, cun máximo de tres faltas sen xustificar na quincena.

Causas de baixa.

A baixa no servizo de Campamentos Urbanos de Verán poderá producirse por algunha

destas causas:

- A solicitude dos pais, nais, titores ou representantes legais de ser baixa no servizo.

- Superar a idade regulamentaria para o acceso ao servizo.

- Incumprimento reiterado das normas establecidas no funcionamento do servizo.

- Non asistencia ao servizo sen causa xustificada durante tres días á quincena.

SEGUNDO.- Dar a publicidade suficiente e adecuada.

 

En Trabada, a 25 de abril de 2018.

A Alcaldesa

Mayra García Bermúdez