CURSO GRATUITO DO ISSGA DE PRL NO MANEXO DE MAQUINARIA AGRÍCOLA Imprimir
Noticias
Mércores, 16 Setembro 2015 08:57

Finalmente o curso de PRL NO MANEXO DE MAQUINARIA AGRÍCOLA, MANEXO PRÁCTICO DO TRACTOR E OS SEUS APEIROS, organizado polo ISSGA (Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral), terá lugar na Casa da Cultura dos días 19 ao 23 de outubro, cos seguintes horarios:

Días 19 e 20 de outubro (teoría) ........... das 15.00 ás 20.00 h

Días 21, 22 e 23 de outubro (práctica) ... das 15.00 ás 19.00 h

Todo apunta a que este curso, agora ofertado de forma gratuita, será obrigatorio a partir do 2017 para levar a cabo a actividade no sector agrario, sexa por conta propia ou allea.

Aínda que nun principio está dirixido a persoas traballadoras ou desempregadas do sector agrario, poden cubrirse as prazas con outros colectivos.

Para apuntarse pode facerse das formas indicadas na publicidade adxunta ou nas oficinas municipais.