AXUDAS A FAMILIAS NUMEROSAS PARA ESTADÍAS DE FIN DE SEMANA Imprimir
Venres, 18 Setembro 2015 06:47

A Consellería de Traballo e Benestar publica no DOG núm. 179 do 18/09/2015 a ORDE do 11 de setembro de 2015 pola que se regula o procedemento de concesión de axudas económicas ás familias numerosas de Galicia para estadías de fin de semana e se procede á súa convocatoria para o ano 2015.

Esta orde ten por obxecto regular o procedemento de concesión de axudas económicas e a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para estadías de fin de semana nas estacións de montaña situadas no territorio da nosa Comunidade, destinadas ás familias numerosas que teñan a súa residencia en Galicia e cuxa renda non sexa superior a 7.500 € anuais per cápita (isto é, a renda total anual dividida entre o número de integrantes da unidade familiar).

O prazo de solicitude remata o 18 de outubro de 2015.