| AXUDAS DO IGAPE PARA EMPRENDEDORES |
| jueves, 15 de abril de 2010 | |
|
O IGAPE, ó abeiro do Programa Re-Emprende 2010 concede SUBVENCIÓNS A PROXECTOS DE CREACIÓN DE PYMES OU INVESTIMENTOS EN PYMES NOVAS PROMOVIDAS POR NOVOS EMPRENDEDORES. Serán subvencionables os proxectos posteriores á solicitude da axuda e que presenten un custo entre 50.000 e 1,500.000 € incluindo gastos coma construción e reformas, bens de equipamento, mobiliario, inmobilizado inmaterial, aluguer, gastos de establecemento, etc. Exclúense determinados grupos e clases dentro de sectores coma a agricultura, gandería, pesca, acuicultura, industria siderúrxica, fibras sintéticas, carbón, aceiro e construción naval. Ademáis, no sector da hostelería, restauración e hospedaxe, unicamente serán subvencionables as actividades de restaurantes de dous ou máis garfos e de hoteis de tres ou máis estrelas. Con carácter xeral, a subvención non superará o 40%. O prazo de solicitude remata o 30/11/2010. Podes consulta-las bases a través do seguinte enlace. Podes obter máis información ou axuda na tramitación da solicitude no Concello.
|