| VIAXE A BOS AIRES |
| lunes, 19 de abril de 2010 | |
|
Os alcaldes de Trabada, Barreiros, Lourenzá e Alfoz están a organizar unha viaxe para que os veciños dos seus concellos poidan visitar as suas familias de Arxentina. Os veciños destes concellos poderán disfrutar dunha estancia en Arxentina de entre dez e doce días para compartir coas suas familias gracias á viaxe que os alcaldes organizarán para o mes de octubro ou novembro. Están a enviarse cartas ós veciños nas que se lles informa da iniciativa e de que eles se ocuparán de programar os detalles da viaxe e acompañarían á expedición. Desta forma organizarán actos de rencontro e farán reservas de hotel para as persoas que o precisen buscando o menor custe económico. As persoas que estén interesadas en visitsar Arxetina teñen ata finais de maio para comunicarllo ó seu alcalde. Posteriormente celebrarase un encontro preparatorio dos detalles onde se avanzará o prezo aproximado da viaxe. Os rexidores precisan que canto maior sexa o grupo para viaxar, as condicións económicas serán mellores. Os alcaldes xa se desprazaron o pasado decembro ó país sudamericano, onde coñeceron a diáspora e ós seus familiares. Comparten asimesmo entrañables recordos e a boa acollida. El Progreso, domingo 18 de abril de 2010. |