|
Conta o concello cunha serie de infraestructuras. Queremos deixar constancia das máis relevantes de cara ó visitante:
- Unha unidade de Servicios Sociais ó frente da cal se atopa unha traballadora social. Ubícase na propia casa consistorial. Teléfono: 982-135011.

- Casa da Cultura. Rúa do concello nº 40. Consta de salón de actos e sala de usos múltiples.
- Biblioteca municipal, coa mesma ubicación anterior. Dispón de máis de 7000 volumes e acceso a Internet a nivel usuario. Teléfono : 982-138438.
- Colexio de Educación Infantil e Primaria. Rúa do Colexio 17. Teléfono: 982-135034 .
- Pavillón Polideportivo, ubicado dentro do recinto educativo anterior. Conta con ximnasio e sauna.
- Campo de fútbol. No mesmo recinto e con modernas instalacións.
-Piscinas municipais. Coa mesma ubicación e recentemente remodeladas.
- Centro de Saúde. Rúa do concello, 40. Teléfono: 982-135300.
- Oficina de correos. Rúa do concello, 17.
|