CURSOS GRATUITOS DA CEL
Friday, 05 March 2010

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) presenta o seu "Plan de Formación para o Emprego", constituíndo unha ampla e interesante oferta formativa adaptada ó tecido empresarial da nosa provincia.

Descarga este documento para ver o listado de cursos dispoñibles 

Dirixidos a:

  • Traballadores en activo (tanto por conta allea coma autónomos).
  • Desempregados inscritos no INEM: máximo 40% das prazas.
  • Funcionarios públicos: ata un 10% das prazas.

Custo:

Gratuitos, por tratarse de accións subvencionadas pola Xunta e o Fondo Social Europeo. Ademáis poden realizarse tantos cursos coma se queira, sempre e cando o permita a compatibilidade horaria e non se superen as 8 horas ó día.

En canto ás modalidades de impartición dos cursos, dependendo dos casos, mistúranse horas de teleformación con horas presenciais.

Información e matrículas:

  • Na páxina web www.celugo.es e pinchando no banner "Plan de Formación para o emprego".
  • Por teléfono, chamando ó 902300982.