| DÍA DA ÁRBORE EN TRABADA |
| jueves, 18 de marzo de 2010 | |
|
Con motivo da celebración do Dia da Árbore e cos nenos e nenas do CEIP Celso Currás como protagoístas, o pasado 16 de marzo tivo lugar unha especial plantación no Chao do Couso (Vilapena). Trátase dunha das zoas máis afectadas polo ciclón Klauss do pasado ano. Así, os escolares levaron a cabo unha prantación de coníferas para repobla-lo monte danado ó tempo que se inculca nos máis novos a concienciación sobre a importancia da natureza e da diversidade arbórea. Á actividade asistiron tamén o Xefe Territorial da Consellería de Medio Rural, o Enxeñeiro Xefe de Montes, o Alcalde do Concello, o Presidente da MVMC de Vilapena e técnicos de medio ambente da zoa. |