Concello de Trabada

Concello de Trabada - Xunta de Galicia - Consellería de Innovación e Industria - Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información
Martes 10 de Diciembre de 2019  
Concello de Trabada
LISTA DEFINITIVA DE UN XEFE PARA A BRIGADA MUNICIPAL DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS PDF Imprimir
Miércoles 27 de Junio de 2018 10:53

RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA Nº 167/2018 DE 27 DE XUÑO DE 2018

APROBANDO A LISTA DEFINITIVA DE UN XEFE PARA A BRIGADA MUNICIPAL DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS

Expirado o prazo de presentación de solicitudes de admisión para as probas de selección de persoal para a contratación mediante concurso, en réxime de persoal temporal, de unha praza de xefe para a brigada municipal de prevención e defensa contra incendios.

De conformidade coas bases da convocatoria aprobadas xunto coa convocatoria en Resolución de Alcaldía nº 155/2018 de data 18 de xuño de 2018, e en virtude do artigo 20 do Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración Xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración Xeral do Estado aprobado por Real decreto 364/1995, de 10 de marzo, e do artigo 31.1.g) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local,

RESOLVO

PRIMEIRO. Aprobar a seguinte relación definitiva de aspirantes admitidos e excluídos:

RELACIÓN DE ASPIRANTES ADMITIDOS:

DNI NOME E APELIDOS

76582887V DANIEL GALLO LORENZO

33559728Z ALBA LÓPEZ GAVÍN

09443416F AMADEO MOLEJÓN REBOREDO

07966132J RAFAEL GÓMEZ SÁNCHEZ

RELACIÓN DE ASPIRANTES EXCLUÍDOS:

NINGÚN

SEGUNDO.- Publicar a relación definitiva de admitidos e excluídos na páxina web do Concello.

TERCEIRO.- Nomear os membros do Tribunal de Valoración:

Presidente: Don José Luís Reigosa Espasande, operario SSMM Concello de Trabada

Secretario: Don Jesús Amor Vizcaino, condutor concello de Trabada

Vogales:

Dna. Laura García Delantero, persoal laboral fixo do Concello de A Pontenova, Axente de Emprego.

D. José Antonio Arruñada Amor, persoal laboral fixo do Concello de A Pontenova, capataz de obra.

CUARTO.- O Tribunal de valoración reunirase o día 28 de xuño de 2018 ás 10,00 horas para a valoración da fase de concurso.

En Trabada, a 27 de xuño de 2018.

A Alcaldesa, Ante min, Secretaria-Interventora accidental

Asdo. Mayra García Bermúdez Asdo. Isabel Catalina Alonso Lombardero

 
BASES CONDUCTORES MOTOBOMBA 2017 PDF Imprimir
Noticias
Jueves 29 de Junio de 2017 13:32

POR MEDIO DA PRESENTE SE PUBLICA CONVOCATORIA E AS BASES QUE REXIRAN  O PROCESO DE SELECCION DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL , CONDUCTORES DE MOTOBOMBA CAMPAÑA INCENDIOS 2017, MEDIANTE CONCURSO.

O PRAZO PARA INICIAR A PRESENTACION DE SOLICITUDES EMPEZA  DENDE AS 8.00 HORAS DO LUNS DIA 3 DE XULLO DE 2017 E REMATA ÁS 15.30 HORAS DO VENRES DIA 7 DE XULLO DE 2017.

 

DECRETO DA ALCALDÍA NÚM.154 /2017 DO 29 DE XUÑO

Visto o Convenio de Colaboración  suscrito  entre a Consellería de Medio Rural e o Concello de Trabada para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais durante os anos 2016, 2017 e 2018, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agricola de Desenvolvemento Rural ( FEADER) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, de data 23 de xuño de 2016.

Visto que de conformidade co citado convenio , debido á especificidade dos traballos a realizar, priorizaranse os candidatos que teñan experiencia nas tarefas de extinción de incendios forestais, polo que se considera que o procedemento que mellor se axusta é o concurso.

Sendo necesario proceder á contratación laboral temporal baixo a modalidade de obra ou servizo, de tres condutores para a motobomba municipal de prevención e defensa contra incendios forestais, campaña de verán 2017,  a xornada completa, ao abeiro do citado convenio , con data prevista de inicio 15  de xullo de 2017, por un período de dous meses e medio, e á vista das competencias recoñecidas no art. 21.1.g) da LRBRL, esta Alcaldía, RESOLVE:

ÚNICO: Aprobar as bases para a selección e contratación como persoal laboral temporal de tres condutores de motobomba para o servizo municipal de prevención e defensa contra incendios forestais.

CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL, MEDIANTE CONCURSO ,  DE TRES CONDUCTORES DE MOTOBOMBA MUNICIPAL DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS

BASES

1º.- NORMAS XERAIS

A selección rexerase polo previsto nestas bases, Real Decreto Lexislativo 5/2015 , polo que se aproba o Texto Refundido  do Estatuto básico do emprego público, Lei 2/2015, do emprego público de Galicia , Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora de bases de réxime local, Lei 5/97, de administración local de Galicia, Real Decreto lexislativo 781/86, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, Real Decreto 896/1981, de 7 de xuño, Real Decreto 364/95, Real Decreto Lexislativo 1/1995, de 24 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores e Convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural  o Concello de Trabada para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais .

2º.- CARACTERÍSTICAS DO POSTO DE TRABALLO

O personal vinculado co servizo do vehiculo motomba integrarase no dispositivo de emerxencias do Distrito Forestal onde se sitúe a entidade local, priorizando a actuación do vehículo motobomba na extinción de incendios forestais respecto de outros traballos, segundo o disposto no artigo 47 da Lei 43/2003, de montes e no artigo 48.6 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais. Así mesmo, cando concorran razóns extraordinarias de emerxencia, o órgano autonómico poderá decidir a movilización destes medios fóra do seu termo municipal, conforme ao previsto no PLADIGA no que expresamente se prevé como se producirá a coordinación en tales supostos.

Respecto a xornada dos operarios conductores, segundo o establecido no mencionado convenio que literalmente dí así: “Manter operativos os vehiculos motobombas durante cada un dos meses de vixencia do convenio, estando operativo/s dito/s vehiculo/s polo menos 16 horas ao día, tendo plena dispoñibilidade, incluíndo nela os traballos en domingos, festivos e festas locais, así como as quendas de noite necesarias durante a vixencia do convenio, realizando labores de prevención e defensa contra os incendios forestais, sempre que non sexan requerido/s para a extinción destes”

O cometido funcional deste posto de traballo consistirá na realización das tarefas que lle sexan encomendadas polo persoal responsable dos servizos municipais correspondentes do Concello de Trabada, e polo Distrito Forestal VI, de acordo coas instrucións recibidas ao efecto.

3º.- DURACIÓN DO CONTRATO

O contrato de traballo, de dous meses e medio de duración, asinarase baixo a modalidade de contrato de traballo de obra ou servizo, a xornada completa, con data prevista de inicio o próximo día 15 de xullo de 2017, no horario que estableza o Distrito Forestal VI, segundo demande o servizo.

4º.- RETRIBUCIÓNS

A retribución será de 900 € brutos mensuais, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias.

5º.- REQUISITOS DOS CANDIDATOS

1.- Para seren admitidos ao presente procedemento os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Ter a nacionalidade española ou atoparse comprendido no eido de aplicación do artigo 57 do Real decreto lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.

b) Ter unha idade comprendida entre os 18 e os 60 anos.

c)Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas do emprego a que se aspira, non padecendo enfermidade, nin estar afectado por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das súas funcións. Os aspirantes seleccionados deberán realizar previamente á súa contratación un recoñecemento médico e unha proba física de esforzo para garantir as súas condicións de saúde para o traballo a realizar. De non superar o recoñecemento médico e a proba física de esforzo, declararase ao aspirante decaído do seu dereito á contratación.

d Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas, nin estar inhabilitado por sentencia firme para o exercicio das funcións públicas.

e) Non estar incurso nos supostos de incompatibilidades previstas na lexislación vixente.

f Estar en posesión do carné de conducir C.

g) Non ter prestado servizos no Concello de Trabada con carácter temporal por un período de 20 meses nos últimos 30 meses, con independencia de que a relación laboral tivera ou non continuidade en dito período.

h) Non se require titulación específica ( Disposicion adicional 6º EBEP).

2.- Os anteriores requisitos, deberanse posuír con referencia ao último día do prazo de presentación de solicitudes e gozar dos mesmos durante o proceso selectivo.

3.- Será nulo o nomeamento dos que estean incursos nas causas de incapacidade específica conforme á normativa vixente.

6º.- TRAMITACIÓN

1.- O Concello de Trabada abrirá un prazo de solicitude de participación no proceso selectivo de CINCO  dias hábiles dende o día seguinte á publicación de anuncio .

2.- O Concello publicará a presente convocatoria mediante anuncio en prensa nun dos xornais de maior difusión no municipio. As presentes bases serán publicadas na páxina web municipal (www.trabada.es) e na sede electrónica trabada.sedelectronica.gal

3.- Na súa formulación, a oferta non poderá conter elementos que poidan servir de base para calquera tipo de discriminación que non responda aos criterios preferenciais establecidos no convenio asinado coa Consellería do Medio Rural , en virtude do cal se realizarán as contratacións.

4.- A  valoración da fase de concurso   terá lugar o día 10 de xullo na Casa da Cultura de Trabada, a partir das 11.00 h.

5.- Seleccionados os traballadores, serán convocados para a realización dun recoñecemento médico e unha proba física de esforzo ,  nos termos establecidos no convenio asinado coa Consellería de Medio Rural , cuxa superación será requisito indispensable para a súa posterior contratación como condutores de motobomba. De non superarse, convocarase ao seguinte aspirante que acadara unha maior puntuación, e así sucesivamente.

6.- O concello procederá á contratación das persoas propostas que superaran o exame médico  e a proba de esforzo baixo a modalidade de "obra ou servizo determinado”.

7.- O resultado da selección será publicado na páxina web municipal.

7º.- SOLICITUDES

1.- As solicitudes presentaranse nas oficinas municipais do Concello de Trabada, mediante o modelo de instancia que se achega como Anexo I.

2.- O prazo de presentación quedará aberto desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación de anuncio de convocatoria  ata as 15.30 horas do quinto  día hábil .

3.- Á instancia acompañarase inescusablemente:

a) Fotocopia do Documento Nacional de Identidade.

b) Declaración xurada (Anexo II)

c) Documentación que acredite o cumprimento dos requisitos para a participación no proceso de selección.

d) Documentación acreditativa dos méritos a valorar na fase de concurso, isto é, da experiencia laboral, da formación complementaria e do coñecemento certificado do idioma galego.

4.- Os erros de feito que puideran advertirse poderán ser emendados en calquera intre, de oficio ou a petición do interesado.

5.- Os aspirantes quedan vinculados aos datos que fagan constar nas súas solicitudes, podendo demandar a súa modificación mediante escrito motivado, dentro do prazo establecido no nesta base para a presentación de solicitudes, transcorrido o cal non se admitirá ningunha petición desta natureza.

8º.- TRIBUNAL DE VALORACIÓN

Estará integrado polos seguintes membros:

- Presidente: D. José Luis Reigosa Espasande, persoal laboral do Concello de Trabada.

- Primeiro vogal: D. Jesús Amor Vizcaíno, persoal laboral do Concello de Trabada.

- Segundo vogal: Persoal designado  pola Excma Deputación Provincial de Lugo

- Terceiro vogal: Persoal designado  pola Excma Deputación Provincial de Lugo

- Secretaria: Dna. Mª Sofía Sanmartín Novoa, secretaria do Concello de Trabada.

No caso de ausencia do Presidente, será substituído polo primeiro vogal.

No caso de ausencia da Secretaria, será substituída pola segundo vogal.

Aos efectos previstos no Real Decreto 462/2002 , de 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo, O Concello de Trabada farase cargo dos custos de indemnización por desprazamento a razón de 0,19 euros/Km., así como das contías por asistencia a tribunais de conformidade co Anexo IV, categoría terceira.

9º.- SISTEMA DE SELECCIÓN

1.- O sistema de selección é o de concurso, cunha puntuacion máxima de cinco puntos  ;  o Tribunal  valorará os  méritos dos aspirantes admitidos  baseándose na documentación aportada durante o prazo de solicitude:

Experiencia laboral (máximo 3 puntos)

Desempeñar ou ter desempeñado as funcións do posto de traballo obxecto deste proceso de selección, en calquera Administración Pública ou organismos autónomos de carácter administrativo dependentes da mesma, con contratos ou nomeamento feito pola propia Administración, e referidos aos exercicios seguintes, dende o exercicio 2010 ata o presente exercicio 2016: 0,15 puntos por cada mes completo. A puntuación minorarase de forma proporcional en función da porcentaxe de xornada, cando esta fora parcial. Acreditarase mediante a presentación de copias da vida laboral e do/s contrato/s de traballo, ou da certificación da entidade, de forma que queden acreditadas entidade, posto de traballo, xornada e duración.

Cursos de formación (máximo 1,50 puntos)

Por ter realizado curso básico de protección civil impartido pola Academia Galega de Seguridade Pública e cursos de formación relacionados coa protección do ecosistema e efectos de lume, comportamento do lume, técnicas de extinción, apertura dunha liña de defensa, mantemento de ferramentas, manexo da emisora, seguridade e en xeral de protección de incendios impartidos polo Instituto Nacional de Administración Pública ou calquera centro oficial autorizado para impartilos, incluídos os organizados ou promovidos polos Concellos:

- Por cada curso de 60 ou máis horas de duración ou de 10 xornadas: 0,50 puntos

- Por cada curso entre 30 e 59 horas de duración ou de 5  a 9 xornadas: 0,40 puntos

- Por cada curso entre 10 e 29 horas de duración ou de 2 a 4 xornadas: 0,20 puntos

Será acreditado mediante presentación de fotocopia do correspondente diploma ou certificado da actividade formativa, no que debe figurar a súa duración, en número de horas ou xornadas.

Coñecemento da lingua galega (máximo 0,50 puntos)

- Por estar en posesión do Celga 3 ou equivalente (curso de iniciación á lingua galega): 0,25 puntos

- Por estar en posesión do Celga 4 ou equivalente (curso de perfeccionamento): 0,50 puntos

Será acreditado mediante certificación da Dirección Xeral de Política Lingüística ou do centro educativo correspondente.

2.- Os méritos que se aleguen polos/as aspirantes acreditaranse, como data límite, o día de remate do prazo de presentación de solicitudes. Non se valorarán aqueles que non estean suficientemente acreditados documentalmente.

3.- No caso de producirse empates, o Tribunal de Valoración decidirá en función da puntuación obtida no apartado de experiencia , incluso si excedese da puntuación máxima do citado apartado .  De persistir o empate serán puntuados os cursos de formación dos aspirantes nesta situación sen o límite establecido de 1,50 puntos. Si  aínda así persistira, se atenderá á orde alfabética do primeiro apelido.

4.- A puntuación final das persoas que obtiveran a calificación de aptas  será a resultante da fase de concurso. Serán propostas para o posto de traballo convocado as tres persoas que acadaran as maiores puntuacións, quedando as restantes conformando unha listaxe de reserva, ordenada segundo a puntuación obtida, aos efectos de renuncia, baixa, non superar o recoñecemento médico e/ou proba física de esforzo ,  ou calquera outra continxencia das persoas candidatas propostas, sendo requirida a que figure na listaxe no seguinte lugar, sucesivamente, cando as circunstancias o requiran.

5.- O Tribunal de valoración reuniráse  o día 10 de xullo  na Casa da Cultura en Trabada, a partir das 11.00 h. Os recoñecementos médicos e as probas físicas de esforzo desenvolveránse nos días seguintes, sendo convocados polo Concello con indicación do día, hora e lugar onde se efectuarán as  probas físicas e recoñecementos médicos por persoal técnico cualificado.

10º.- RESOLUCIÓN

A resolución do concurso e os nomeamentos serán realizados pola Presidenta da Corporación Municipal, a proposta do Tribunal cualificador.

11º.- PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN

1.- As persoas propostas presentarán na Secretaría do Concello, no prazo de 3 días hábiles, contado a partir da publicación da relación de aprobados no Taboleiro de Anuncios de Concello, os documentos seguintes:

a) Fotocopia cotexada do Documento Nacional de Identidade.

b) Fotocopia cotexada do carné de conducir C.

c) Declaración xurada de non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, de ningunha Administración Pública nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas por sentencia firme.

d) Declaración xurada de non estar incurso en ningunha das causas de incapacidade específica conforme á normativa vixente.

e) Declaración xurada de non incorrer en ningún dos supostos de incompatibilidade establecidos na lexislación sobre a materia.

f) Fotocopia cotexada da documentación acreditativa dos méritos alegados e valorados.

g) Número de afiliación á Seguridade Social

i) IBAN da conta bancaria da súa titularidade onde ingresar as correspondentes nóminas.

2.- A non presentación dentro do prazo fixado no parágrafo anterior da presente base da documentación antes referida, agás os casos de forza maior, ou cando da presentación dos documentos se desprenda o non cumprimento dos requisitos da convocatoria ou supostos de falsidade na instancia presentada para tomar parte no proceso selectivo, dará lugar á invalidez das actuacións do aspirante, e xa que logo, a nulidade dos actos do Tribunal en relación co aspirante e a imposibilidade de efectuar o seu nomeamento, sen prexuízo da esixencia das responsabilidades nas que puidese ter incorrido.  Neste caso, a proposta considerase feita a prol dos aspirantes que, segundo á orde de puntuación obtida, teñan cabida no número de postos convocados; todo ilo como consecuencia da citada anulación.

12º.- DESIGNACIÓN E FORMALlZACIÓN DO CONTRATO

1.- Presentada a documentación polos interesados, e sendo a mesma conforme, e habendo superado o recoñecemento médico ea a proba física de esforzo  ao que fai referencia a base 6ª.5. das presentes, a Sra. Alcaldesa procederá á designación dos aspirantes seleccionados e procederá á formalización dos correspondentes contratos laborais.

2.- Establécese un período de proba dun mes. Transcorrido este período se a persoa da que se trate o superase satisfactoriamente, adquirirá plena eficacia o contrato subscrito. Todos os seleccionados deberán de asistir e superar os cursos de formación específicos que se impartirán por persoal cualificado.

3.- Mentres non se formalice o contrato e non se incorpore ó posta de traballo, as persoas designadas non terán dereito a percepción económica de ningunha clase.

4.- Quen sen causa xustificada non concorrese a formalizar o contrato na data sinalada, perderá todos os dereitos derivados da superación das probas selectivas.

13º.- INCIDENCIAS

1.- A presente convocatoria, as súas bases, e tódolos actos administrativos que dela deriven,poderán ser impugnados nos casos e na forma establecidos na Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común das Administracions Públicas.

2. Para o non previsto nestas bases, será de aplicación a Lei 7/1985 de 2 de abril, o Real Decreto Lexislativo 781/86 de 18 de abril, o Real Decreto 896/1991 de 7 de xuño, o Real Decreto 364/1995 de 10 de marzo e a normativa laboral de aplicación.

En Trabada, a 29 de xuño de 2017.

A Alcaldesa.

Asdo. Mayra García Bermúdez.

ANEXO I

INSTANCIA DE SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN EN PROCESO DE SELECCIÓN

1.- POSTO DE TRABALLO Ó QUE ASPIRA: Condutor de motobomba

2.- DATOS PERSOAIS:

............................................       ...........................................    ………..............................

PRIMEIRO APELIDO                                        SEGUNDO APELIDO                                      NOME

............................................   ............................................     ………................................

DATA DE NACEMENTO                         LUGAR DE NACEMENTO                    PROVINCIA DE NACEMENTO

..................................   ............................................................    ..................................

DNI                                                         DOMICILIO                                                   CP E MUNICIPIO

.............................................    ......................................  ..............................................

PROVINCIA                                                TELÉFONO                                 CORREO ELECTRÓNICO

3.- DISCAPACIDADE

Non    /    Si (Grao ……..%)

4.- DOCUMENTACION QUE SE XUNTA

a.-Fotocopia do DNI

b.-Fotocopia de todos os documentos xustificativos de cumprir cos requisitos de admisión e dos méritos que se aleguen, pois non se tomarán en conta nin serán avaliados aqueles que non queden debidamente acreditados en todos os seus extremos no momento da presentación da instancia.

O/a abaixo asinante solicita ser admitido/a ó concurso ao  que se refire a presente instancia e declara que son certos todos os datos obrantes nela e que reúne as condicións esixidas nas Bases da devandita convocatoria que declara coñecer, comprometéndose a probar documentalmente todos os datos que figuran nesta solicitude.

Lugar e data:  ………………………………………………………       Sinatura: ……………………………………………………………

SRA. ALCALDESA DO CONCELLO DE TRABADA

ANEXO II

MODELO DE DECLARACIÓN XURADA

D./Dna. ………………………………………………………………………………………..………, con DNI ………………..……….…….., en relación coa oferta de emprego do Concello de Trabada de …………………………………………….……………….

DECLARO BAIXO XURAMENTO:

1. Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas, nin estar inhabilitado por sentencia firme para o exercicio das funcións públicas.

2. Non estar incurso/a en ningunha das causas de incapacidade específica conforme á normativa vixente.

3. Non incorrer en ningún dos supostos de incompatibilidade establecidos na lexislación sobre a materia.

4. Non padecer enfermidade ou eiva física que impida o normal desenvolvemento das funcións correspondentes ao posto de traballo ao que opto.

Lugar e data: …………………………………………………………….

Sinatura: ……………………………………………………………………

 

 
BASES XEFE BRIGADA 2017 PDF Imprimir
Noticias
Jueves 29 de Junio de 2017 13:30

POR MEDIO DA PRESENTE SE PUBLICA CONVOCATORIA E AS BASES QUE REXIRAN  O PROCESO DE SELECCION DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL , UN XEFE DE  BRIGADA DE PREVENCION E EXTINCION DE INCENDIOS DE 2017, MEDIANTE CONCURSO.

O PRAZO PARA INICIAR A PRESENTACION DE SOLICITUDES EMPEZA  DENDE AS 8.00 HORAS DO LUNS DIA 3 DE XULLO DE 2017 E REMATA ÁS 15.30 HORAS DO VENRES DIA 7 DE XULLO DE 2017.

DECRETO DA ALCALDÍA NÚM. 153 /2017 DO 29  DE XUÑO

Visto o Convenio de Colaboración  suscrito  entre a Consellería de Medio Rural e o Concello de Trabada para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais durante os anos 2016, 2017 e 2018, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agricola de Desenvolvemento Rural ( FEADER) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, de data 23 de xuño de 2016.

Visto que de conformidade co citado convenio , debido á especificidade dos traballos a realizar, priorizaranse os candidatos que teñan experiencia nas tarefas de extinción de incendios forestais, polo que se considera que o procedemento que mellor se axusta é o concurso.

Sendo necesario proceder á contratación laboral temporal baixo a modalidade de obra ou servizo, de un xefe de brigada municipal de prevención e defensa contra incendios forestais, campaña de verán 2017,  a xornada completa, ao abeiro do citado convenio , con data prevista de inicio 15  de xullo de 2017, por un período de tres meses , e á vista das competencias recoñecidas no art. 21.1.g) da LRBRL, esta Alcaldía, RESOLVE:

CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL, MEDIANTE CONCURSO, DUN XEFE DE BRIGADA MUNICIPAL DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS

BASES

1º.- NORMAS XERAIS

A selección rexerase polo previsto nestas bases, Real Decreto Lexislativo 5/2015 , polo que se aproba o Texto Refundido  do Estatuto básico do emprego público, Lei 2/2015, do emprego público de Galicia , Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora de bases de réxime local, Lei 5/97, de administración local de Galicia, Real Decreto lexislativo 781/86, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, Real Decreto 896/1981, de 7 de xuño, Real Decreto 364/95, Real Decreto Lexislativo 1/1995, de 24 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores e Convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural  o Concello de Trabada para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais .

2º.- CARACTERÍSTICAS DO POSTO DE TRABALLO

O cometido funcional deste posto de traballo consistirá na realización das tarefas que lle sexan encomendadas polo persoal responsable dos servizos municipais correspondentes do Concello de Trabada, e polo Distrito Forestal VI, de acordo coas  instrucións recibidas ao efecto.

En concreto, responsabilizarase da brigada municipal encargada da vixilancia e defensa contra os incendios forestais e das labores encamiñadas á súa prevención e á diminución do risco de propagación e minimización de danos, no caso de producirse. Así actuará como responsable e coordinador do funcionamento da brigada para establecer relacións operativas e de comunicación co persoal do Distrito  Forestal ao que pertenza a entidade local.

Como compoñente da brigada realizará labores de prevención de incendios forestais, sempre que non sexan requeridas para a defensa destes, durante cada un dos tres meses de operatividade da mesma, con plena dispoñibilidade, incluindo nela os traballos en domingos, festivos e festas locais, asi como as quendas de noite necesarias.

3º.- DURACIÓN DO CONTRATO

O contrato de traballo, de tres meses de duración, asinarase baixo a modalidade de obra ou servizo, a xornada completa, con data prevista de inicio o próximo día 15 de xullo de 2017 no horario que demande o servizo.

4º.- RETRIBUCIÓNS

A retribución será de 1.000 € brutos mensuais, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias.

5º.- REQUISITOS DOS CANDIDATOS

1.- Para seren admitidos ao presente procedemento os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Ser cidadán español, sen prexuízo do establecido na Lei 17/1993, de 22 de decembro, en canto resulte de aplicación e nos termos establecidos.

b) Ter unha idade comprendida entre os 18 e os 60 anos.

c) Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións: Enxeñeiro de Montes, Enxeñeiro Técnico Forestal, Técnico superior en xestión e organización de recursos naturais e paisaxísticos, Técnico en traballos forestais e conservación do medio natural ou formación profesional equivalente na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes para participar na presente convocatoria. No suposto de invocar un título equivalente aos esixidos acompañarase un certificado expedido polas autoridades académicas competentes.

d) Estar en posesión do carné de conducir B.

e) Non padecer enfermidade ou eiva física que impida o desenvolvemento das funcións ou tarefas  correspondentes á praza á que se opte.

f) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas, nin estar inhabilitado por sentencia firme para o exercicio das funcións públicas.

g) Non estar incurso nos supostos de incompatibilidades previstas na lexislación vixente.

h) Non ter prestado servizos no Concello de Trabada con carácter temporal por un período de 20 meses nos últimos 30 meses, con independencia de que a relación laboral tivera ou non continuidade en dito período.

2.- Os anteriores requisitos, deberanse posuír con referencia ao último día do prazo de presentación de solicitudes e gozar dos mesmos durante o proceso selectivo.

3.- Será nulo o nomeamento dos que estean incursos nas causas de incapacidade específica conforme á normativa vixente.

6º.- TRAMITACIÓN

1.- O Concello de Trabada abrirá un prazo de solicitude de participación no proceso selectivo de CINCO  DIAS HÁBILES  a contar dende a publicación do anuncio da convocatoria .

2.- O Concello publicará a presente convocatoria mediante anuncio en prensa nun dos xornais de maior difusión no municipio. As presentes bases serán publicadas na páxina web municipal (www.trabada.es) e na sede electrónica trabada.sedelectronica.gal.

3.- Na súa formulación, a oferta non poderá conter elementos que poidan servir de base para calquera tipo de discriminación que non responda aos criterios preferenciais establecidos no convenio asinado coa Consellería do Medio Rural , en virtude do cal se realizarán as contratacións.

4.- A  valoración da fase de concurso   terá lugar o día 10 de xullo na Casa da Cultura de Trabada, a partir das 10.00 h.

5.- Seleccionado o traballador, será convocado para a realización dun recoñecemento médico e unha proba física de esforzo ,  nos termos establecidos no convenio asinado coa Consellería de Medio Rural , cuxa superación será requisito indispensable para a súa posterior contratación como xefe de brigada . De non superarse, convocarase ao seguinte aspirante que acadara unha maior puntuación, e así sucesivamente

6.- O traballador finalmente seleccionado será convocado para a realización dun curso previo de extinción de incendios forestais nos termos establecidos no convenio subscrito entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e o Concello de Trabada.

7.- O concello procederá á contratación das persoas propostas que superaran o exame médico e a proba de esforzo física  baixo a modalidade de "obra ou servizo determinado”.

8.- O resultado da selección será publicado na páxina web municipal.

7º.- SOLICITUDES

1.- As solicitudes presentaranse nas oficinas municipais do Concello de Trabada, mediante o modelo de instancia que se achega como Anexo I.

2.- O prazo de presentación quedará aberto desde as 8.00 horas do  día primeiro hábil posterior á inserción  de  anuncio da convocatoria  ata as 15.30 horas do quinto  día hábil.

3.- Á instancia acompañarase inescusablemente:

a) Fotocopia do Documento Nacional de Identidade.

b) Declaración xurada (Anexo II)

c) Documentación que acredite o cumprimento dos requisitos para a participación no proceso de selección.

d) Documentación acreditativa dos méritos a valorar na fase de concurso, isto é, da experiencia laboral, da formación complementaria e do coñecemento certificado do idioma galego.

4.- Os erros de feito que puideran advertirse poderán ser emendados en calquera intre, de oficio ou a petición do interesado.

5.- Os aspirantes quedan vinculados aos datos que fagan constar nas súas solicitudes, podendo demandar a súa modificación mediante escrito motivado, dentro do prazo establecido no nesta base para a presentación de solicitudes, transcorrido o cal non se admitirá ningunha petición desta natureza.

8º.- TRIBUNAL DE VALORACIÓN

Estará integrado polos seguintes membros:

- Presidente: D. José Luis Reigosa Espasande, persoal laboral do Concello de Trabada.

- Primeiro vogal: D. Jesús Amor Vizcaíno, persoal laboral do Concello de Trabada.

- Segundo vogal: Persoal designado  pola Excma Deputación Provincial de Lugo

- Terceiro vogal: Persoal designado  pola Excma Deputación Provincial de Lugo

- Secretaria: Dna. Mª Sofía Sanmartín Novoa, secretaria do Concello de Trabada.

No caso de ausencia do Presidente, será substituído polo primeiro vogal.

No caso de ausencia da Secretaria, será substituída pola segundo vogal.

Aos efectos previstos no Real Decreto 462/2002 , de 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo, O Concello de Trabada farase cargo dos custos de indemnización por desprazamento a razón de 0,19 euros/kilómetro, así como das contías por asistencia a tribunais de conformidade co Anexo IV, categoría terceira.

9º.- SISTEMA DE SELECCIÓN

1.- O sistema de selección é o de concurso, cunha puntuacion máxima de cinco puntos  ;  o Tribunal  valorará os  méritos dos aspirantes admitidos  baseándose na documentación aportada durante o prazo de solicitude

1.1. FASE DE CONCURSO (máximo 5 puntos )

O  Tribunal  valorará os  méritos aportados polos aspirantes  baseándose na documentación aportada durante o prazo de solicitude:

Experiencia laboral (máximo 3 puntos)

Os servizos prestados como xefe de brigada de incendios, coordinador técnico, capataz  de GRUMIR valoraranse a razón de 0,15 puntos por mes traballado a xornada completa. A puntuación minorarase de forma proporcional en función da porcentaxe de xornada, cando esta fora parcial. Acreditarase mediante a presentación de copias da vida laboral e do/s contrato/s de traballo, ou da certificación da entidade, de forma que queden acreditadas entidade, posto de traballo, xornada e duración.

Os servizos prestados  como peón de brigada de incendios/GRUMIR  valoraránse a razón de 0,10 puntos por mes traballado a xornada completa. A puntuación minorarase de forma proporcional en función da porcentaxe de xornada, cando esta fora parcial. Acreditarase mediante a presentación de copias da vida laboral e do/s contrato/s de traballo, ou da certificación da entidade, de forma que queden acreditadas entidade, posto de traballo, xornada e duración.

Cursos de formación (máximo 1,50 puntos)

Por ter realizado cursos  relacionados coa protección do ecosistema e efectos de lume, comportamento do lume, técnicas de extinción, apertura dunha liña de defensa, mantemento de ferramentas, manexo da emisora, seguridade e en xeral de protección de incendios impartidos polo Instituto Nacional de Administración Pública ou calquera centro oficial autorizado para impartilos, incluídos os organizados ou promovidos polos Concellos:

- Por cada curso de 60 ou máis horas de duración ou de 10 xornadas: 0,50 puntos

- Por cada curso entre 30 e 59 horas de duración ou de 5  a 9 xornadas: 0,40 puntos

- Por cada curso entre 10 e 29 horas de duración ou de 2 a 4 xornadas: 0,20 puntos

Será acreditado mediante presentación de fotocopia do correspondente diploma ou certificado da actividade formativa, no que debe figurar a súa duración, en número de horas ou xornadas.

Coñecemento da lingua galega (máximo 0,50 puntos)

- Por estar en posesión do Celga 3 ou equivalente (curso de iniciación á lingua galega): 0,25 puntos

- Por estar en posesión do Celga 4 ou equivalente (curso de perfeccionamento): 0,50 puntos

Será acreditado mediante certificación da Dirección Xeral de Política Lingüística ou do centro educativo correspondente.

2.- Os méritos que se aleguen polos/as aspirantes acreditaranse, como data límite, o día de remate do prazo de presentación de solicitudes. Non se valorarán aqueles que non estean suficientemente acreditados documentalmente.

3.- No caso de producirse empates, o Tribunal de Valoración decidirá en función da puntuación obtida no apartado de experiencia , incluso si excedese da puntuación máxima do citado apartado .  De persistir o empate se atenderá á  maior experiencia  como xefe de brigada sobre o de peón de brigada; de persistir o empate, atenderáse ó  maior número  de cursos de formación dos aspirantes nesta situación sen o límite establecido de 1,50 puntos. Si  aínda así persistira, se atenderá á orde alfabética do primeiro apelido.

4.- A puntuación final será a total da obtida na fase de concurso. Será proposta para o posto de traballo convocado a persoa que acadara a maior puntuación, quedando as restantes conformando unha listaxe de reserva, ordenada segundo a puntuación obtida, aos efectos de renuncia, baixa,  non superar o recoñecemento médico e/ou proba física de esforzo,  ou calquera outra continxencia da persoa candidata proposta, sendo requirida a que figure na listaxe no seguinte lugar, sucesivamente, cando as circunstancias o requiran.

5.- O Tribunal de valoración reuniráse  o día 10 de xullo  na Casa da Cultura en Trabada, a partir das 10.00 h. Os recoñecementos médicos e as probas físicas de esforzo desenvolveránse nos días seguintes, sendo convocados polo Concello con indicación do día, hora e lugar onde se efectuarán as  probas físicas e recoñecementos médicos por persoal técnico cualificado.

10º.- RESOLUCIÓN

A resolución do concurso e o nomeamento será feito pola Presidenta da Corporación Municipal, a proposta do Tribunal cualificador.

11º.- PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN

1.- A persoa proposta presentará na Secretaría do Concello, no prazo de 1 días hábil, contado a partir da publicación da relación de aprobados no Taboleiro de Anuncios de Concello, os documentos seguintes:

a) Fotocopia cotexada do Documento Nacional de Identidade.

b) Fotocopia cotexada do título habilitante, ou ben xustificante de ter cumpridos tódolos requisitos para a expedición do mesmo. Se estes documentos estiveran expedidos despois da data de terminación do prazo de presentación de instancias, deberá xustificar a data en que se finalizaron os correspondentes estudos.

c) Fotocopia cotexada do carné de conducir B.

d) Declaración xurada de non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, de ningunha Administración Pública nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas por sentencia firme.

e) Declaración xurada de non estar incurso en ningunha das causas de incapacidade específica conforme á normativa vixente.

f) Declaración xurada de non incorrer en ningún dos supostos de incompatibilidade establecidos na lexislación sobre a materia.

g) Fotocopia cotexada da documentación acreditativa dos méritos alegados e valorados.

h) Número de afiliación á Seguridade Social

i) IBAN da conta bancaria da súa titularidade onde ingresar as correspondentes nóminas.

2.- A non presentación dentro do prazo fixado no parágrafo anterior da presente base da documentación antes referida, agás os casos de forza maior, ou cando da presentación dos documentos se desprenda o non cumprimento dos requisitos da convocatoria ou supostos de falsidade na instancia presentada para tomar parte no proceso selectivo, dará lugar á invalidez das actuacións do aspirante, e xa que logo, a nulidade dos actos do Tribunal en relación co aspirante e a imposibilidade de efectuar o seu nomeamento, sen prexuízo da esixencia das responsabilidades nas que puidese ter incorrido. Neste caso, a proposta considerase feita a prol dos aspirantes que, segundo a orde de puntuación obtida, teñan cabida no número de postos convocados; todo ilo como consecuencia da citada anulación.

12º.- DESIGNACIÓN E FORMALIZACIÓN DO CONTRATO

1.- Presentada a documentación polos interesados, e sendo a mesma conforme, e habendo superado o recoñecemento médico e a proba física de esforzo  ao que fai referencia a base 6ª.5. das presentes, a Sra. Alcaldesa procederá á designación dos aspirantes seleccionados e procederá á formalización dos correspondentes contratos laborais.

2.- Establécese un período de proba dun mes. Transcorrido este período se a persoa da que se trate o superase satisfactoriamente, adquirirá plena eficacia o contrato subscrito. O seleccionado deberá asistir e superar os cursos de formación específicos que se impartirán por persoal cualificado.

3.- Mentres non se formalice o contrato e non se incorpore ó posta de traballo, o aspirante non terá dereito a percepción económica de ningunha clase.

4.- Quen sen causa xustificada non concorrese a formalizar o contrato na data sinalada, perderá todos os dereitos derivados da superación das probas selectivas.

13º.- INCIDENCIAS

1.- A presente convocatoria, as súas bases, e tódolos actos administrativos que dela deriven,poderán ser impugnados nos casos e na forma establecidos na Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo común das Administracions Públicas.

2. Para o non previsto nestas bases, será de aplicación a Lei 7/1985 de 2 de abril, o Real Decreto Lexislativo 781/86 de 18 de abril, o Real Decreto 896/1991 de 7 de xuño, o Real Decreto 364/1995 de 10 de marzo e a normativa laboral de aplicación.

Trabada, 29 de xuño  de 2017

A alcaldesa

Mayra García Bermúdez

ANEXO I

INSTANCIA DE SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN EN PROCESO DE SELECCIÓN

1.- POSTO DE TRABALLO Ó QUE ASPIRA: Capataz de brigada de incendios

2.- DATOS PERSOAIS:

............................................       ...........................................    ………..............................

PRIMEIRO APELIDO                                        SEGUNDO APELIDO                                      NOME

............................................   ............................................     ………................................

DATA DE NACEMENTO                         LUGAR DE NACEMENTO                    PROVINCIA DE NACEMENTO

..................................   ............................................................    ..................................

DNI                                                         DOMICILIO                                                   CP E MUNICIPIO

.............................................    ......................................  ..............................................

PROVINCIA                                                TELÉFONO                                 CORREO ELECTRÓNICO

3.- DISCAPACIDADE

Non    /    Si (Grao ……..%)

4.- DOCUMENTACION QUE SE XUNTA

a.-Fotocopia do DNI

b.-Fotocopia de todos os documentos xustificativos de cumprir cos requisitos de admisión e dos méritos que se aleguen, pois non se tomarán en conta nin serán avaliados aqueles que non queden debidamente acreditados en todos os seus extremos no momento da presentación da instancia.

O/a abaixo asinante solicita ser admitido/a ó concurso ao  que se refire a presente instancia e declara que son certos todos os datos obrantes nela e que reúne as condicións esixidas nas Bases da devandita convocatoria que declara coñecer, comprometéndose a probar documentalmente todos os datos que figuran nesta solicitude.

Lugar e data:  ………………………………………………………       Sinatura: ……………………………………………………………

SRA. ALCALDESA DO CONCELLO DE TRABADA

ANEXO II

MODELO DE DECLARACIÓN XURADA

D./Dna. ………………………………………………………………………………………..………, con DNI ………………..……….…….., en relación coa oferta de emprego do Concello de Trabada de …………………………………………….……………….

DECLARO BAIXO XURAMENTO:

1. Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas, nin estar inhabilitado por sentencia firme para o exercicio das funcións públicas.

2. Non estar incurso/a en ningunha das causas de incapacidade específica conforme á normativa vixente.

3. Non incorrer en ningún dos supostos de incompatibilidade establecidos na lexislación sobre a materia.

4. Non padecer enfermidade ou eiva física que impida o normal desenvolvemento das funcións correspondentes ao posto de traballo ao que opto.

Lugar e data: …………………………………………………………….

Sinatura: ……………………………………………………………………

 

 
LISTA DEFINITIVA DE ASPIRANTES CATRO PEÓNS PARA A BRIGADA MUNICIPAL DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS PDF Imprimir
Miércoles 27 de Junio de 2018 10:52

RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA Nº 166/2018 DE 27 DE XUÑO DE 2018

APROBANDO A LISTA DEFINITIVA DE ASPIRANTES CATRO PEÓNS PARA A BRIGADA MUNICIPAL DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS

Expirado o prazo de presentación de solicitudes de admisión para as probas de selección de persoal para a contratación mediante concurso-oposición en réxime de temporal, de catro prazas de peón para a brigada municipal de prevención e defensa contra incendios.

De conformidade coas bases da convocatoria aprobadas xunto coa convocatoria en Resolución de Alcaldía nº 154/2018 de data 18 de xuño de 2018, e en virtude do artigo 20 do Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración Xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración Xeral do Estado aprobado por Real decreto 364/1995, de 10 de marzo, e do artigo 31.1.g) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local,

RESOLVO

PRIMEIRO. Aprobar a seguinte relación definitiva de aspirantes admitidos e excluídos:

RELACIÓN DE ASPIRANTES ADMITIDOS:

DNI NOME E APELIDOS

77597282C JOSE MANUEL FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ

77593579C GREGORIO RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ

76582887V DANIEL GALLO LORENZO

11444506M NOÉ REIGOSA SANJURJO

15485502Q CHRISTIAN ALONSO LANZÓS

77595473M HERNÁN JOSÉ VALLE ÁLVAREZ

34279266C DANIEL OLIVEROS YÁÑEZ

33559728Z ALBA LÓPEZ GAVÍN

33559729S CASTOR LÓPEZ GAVÍN

09443416F AMADEO MOLEJÓN REBOREDO

RELACIÓN DE ASPIRANTES EXCLUÍDOS:

NINGÚN

SEGUNDO.- Publicar a relación definitiva de admitidos e excluídos na páxina web do Concello.

TERCEIRO.- Nomear os membros do Tribunal de Valoración:

Presidente: Don José Luís Reigosa Espasande, operario SSMM Concello de Trabada

Secretario: Don Jesús Amor Vizcaino, condutor concello de Trabada

Vogales:

Dna. Laura García Delantero, persoal laboral fixo do Concello de A Pontenova, Axente de Emprego.

D. José Antonio Arruñada Amor, persoal laboral fixo do Concello de A Pontenova, capataz de obra.

CUARTO.- O Tribunal de valoración reunirase o día 28 de xuño de 2018 ás 11,30 horas. Os candidatos deberán comparecer o día 28 de xuño de 2018, ás 12,00 horas na Casa da Cultura do Concello para a realización da proba da fase de oposición, co DNI. A non comparecencia do aspirante determinará a súa automática exclusión do proceso de selección.

En Trabada, a 27 de xuño de 2018.

A Alcaldesa, Ante min, Secretaria-Interventora accidental

Asdo. Mayra García Bermúdez Asdo. Isabel Catalina Alonso Lombardero

 
BASES DE CONVOCATORIA PARA A CONSTITUCION DA BOLSA DE TRABALLO DE AUXILIARES DE AXUDA NO FOGAR DO CONCELLO DE TRABADA, PDF Imprimir
Miércoles 27 de Junio de 2018 06:48

RESOLUCION DA ALCALDIA Nº 165/2018, de 26 de xuño

Vista a Resolución da Alcaldía nº 57/2017, de 20 de marzo de 2017 pola que se aproban as BASES DE CONVOCATORIA PARA A CONSTITUCION DA BOLSA DE TRABALLO DE AUXILIARES DE AXUDA NO FOGAR DO CONCELLO DE TRABADA, e vista a resolución da Alcaldía de Nº 133/2018, DE 4 DE XUÑO

En data 15 de xuño de 2018 publícase no Boletín Oficial da Provincia de Lugo anuncio ao respecto, abrindo prazo de presentación de instancias. Igualmente foi anunciado na páxina web do Concello , taboleiro de anuncios e na sede electrónica do mesmo.

Durante o prazo establecido presentaron instancias de participación as seguintes persoas solicitantes:

Nome a apelidos

Nº Rexistro Entrada

DNI

Mónica Quintana Fernández

2018-E-R-1121

34636690R

Rubén Romero Méndez

2018-E-R-1124

34881636C

Alicia Conde Díaz

2018-E-R-1179

71870217R

Laura Fernández Fernández

2018-E-R-1192

34881233P

Revisada a documentación presentada polas aspirantes, con especial análise da cláusula 5 c) das bases que rexen a selección en relación coa Resolución de 3 de novembro de 2015 da Secretaria de Estado de Servizos Sociais e Igualdade polo que se publica o acordo do Consello Territorial de Servizos Sociais e do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia .

De conformidade coas bases que regulan a selección, esta Alcaldía, en exercicio das competencias legalmente atribuídas polos  artigos 21 da Lei 7/1985, reguladora das bases do Réxime Local e artigo 61  da Lei 5/1997, de Administración Local de Galicia, VEÑO EN RESOLVER :

PRIMEIRO.- Aprobar o listaxe definitiva de admitidas e excluídas ao proceso selectivo para a formación da bolsa de emprego de auxiliares de axuda no fogar mediante o procedemento de concurso – oposición convocado por Resolución de 133/2018, de 4 de xuño.

A relación completa de aspirantes así como a relación de persoas excluídas , xunto co  defecto motivador da exclusión ,  exporase no taboleiro de anuncios e na páxina Web do Concello:

ASPIRANTES ADMITIDAS

Mónica Quintana Fernández

Rubén Romero Méndez

Alicia Conde Díaz

Laura Fernández Fernández

ASPIRANTES EXCLUIDAS: ningunha

SEGUNDO .- De conformidade co establecido no apartado 8 da base , por non haber aspirantes excluídas, a lista quedará elevada a definitiva automaticamente.

TERCEIRO .- Designar o seguinte Comisión de Avaliación e Selección , conforme ao establecido no  apartado 9 das bases da Convocatoria :

Presidencia: Dona Ana Gonzalez Díaz, Traballadora Social Concello de Trabada .

Secretaria: Dona María del Carmen Fernández , auxiliar de axuda no fogar, persoal laboral fixa Concello de Trabada.

Vogalías titulares:

Dona Yolanda Amor Fernández , auxiliar axuda no fogar, persoal laboral fixa Concello de Trabada

Dona Verónica Rodríguez Fernández, auxiliar de axuda no fogar, persoal laboral fixa Concello de Trabada.

Dona Laura García Delantero, AEDL do Concello da Pontenova, persoal laboral fixo.

CUARTO.-  O Tribunal Cualificador  reunirase o XOVES 28 DE XUÑO DE 2018 ás 17,00 horas, valorando en primeiro termo a fase do  concurso.

QUINTO.- Convocar as  aspirantes admitidas á realización das probas da fase de oposición para o XOVES 28 DE XUÑO DE 2018 ÁS 17,30 HORAS na Casa da Cultura do Concello de Trabada.

SEXTO.- Ordenar a publicación da presente  no Taboleiro de  Anuncios da Corporación e na páxina Web do Concello.

Contra a designación do  Tribunal Cualificador poderá interpoñerse, con carácter potestativo, recurso de reposición ante a Alcaldesa de Trabada no prazo de un mes dende a súa publicación no Taboleiro de Anuncios, ou ben recurso contencioso- administrativo, no prazo de dous meses dende dita publicación, ante o órgano xurisdicional competente, de conformidade co disposto na Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común e Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da Xurisdición Contencioso- Administrativa, significándose que no caso de interpoñer recurso de reposición non se poderá interpoñer o contencioso –administrativo en tanto aquel non sexa resolto expresamente ou se producira a desestimación presunta do mesmo.

En Trabada, a 26 de xuño de 2018.

A Alcaldesa.

Asdo. Mayra García Bermúdez.

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Siguiente > Fin >>

Página 9 de 35
Sede electrónica
Infraestructuras, espacios naturales, arquitectura... conoce Trabada a través de imágenes
¿Qué tiempo va a hacer hoy en Trabada? Conoce la predicción meteorológica
Teléfonos de interés: Ayuntamiento 982 13 50 11 Centro de Salud 982 13 53 00

ENCUESTAS

¿Desde dónde visita nuestro portal web?
 
© Concello de Trabada