Martes 01 de Septiembre de 2015 08:44 |
O venres, 4 de setembro ás 20h teremos o I Encontro co escritor Gonzalo Moure Trénor na Biblioteca Municipal de Trabada. Gonzalo Moure Trénor, é un escritor dedicado á literatura xuvenil, campo no que gañou premios tan importantes como o Gran Angular, o Ala Delta, o Primavera ou o Barco de Vapor, entre outros. Antes de dedicarse por completo á escritura, Moure traballou como periodista, guionista e publicista. A súa obra é coñecida pola atención que presta a problemas de tipo social e tamén á relación entre pais e adolescentes. Actualmente vive en Asturias, indo a bibliotecas, institutos e colexios para dar charlas sobre os seus libros. Cabe constatar tamén a gran labor de cooperación que realiza, dando a coñecer ós xóvenes a situación do Sáhara Occidental, así como a través del Bubisher, un bibliobús que no seu primeiro ano de vida visitou todas as aulas dos campamentos! Esperámosvos!

|
Martes 01 de Septiembre de 2015 07:04 |
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica no DOG núm. 166 do 01/09/2015 a ORDE do 25 de agosto de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16.
O importe da axuda é de 50 €, para aquelas unidades familiares cuxa renta per cápita (isto é, a renda familiar dividida entre o número de membros) sexa igual ou inferior a 5.400 €.
O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 1 de outubro. |
Martes 01 de Septiembre de 2015 06:28 |

|
Miércoles 19 de Agosto de 2015 06:46 |
A Consellería de Traballo e Benestar publica no BOP núm. 157 do 19/08/2015 as subvencións para a promoción do emprego autónomo xeral, así como o orientado ás persoas mozas inscritas no Fondo de Garantía Xuvenil, que subvencionan as altas como autónomas de persoas previamente desempregadas entre o 1 de outubro de 2014 e o 30 de setembro de 2015. |