Concello de Trabada

Concello de Trabada - Xunta de Galicia - Consellería de Innovación e Industria - Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información
Miércoles 24 de Abril de 2024  
PEON DEPUEMPREGO 16/17 ADMITIDOS, EXCLUIDOS E CONVOCATORIA PDF Imprimir
Jueves 04 de Mayo de 2017 13:32

 

RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA nº 103/2017 , DE 4 DE MAIO APROBANDO LISTA DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS PEON DE SERVIZOS MULTIPLES DEPUEMPREGO 16/17 E CONVOCATORIA DE PROBA

 

Expirado o prazo de presentación de solicitudes de admisión para as probas de selección de personal para a contratación mediante concurso-oposición en réximen de personal laboral, da praza de Peon de Servizos Múltiples DEPUEMPREGO .

 

De conformidade coas bases da convocatoria aprobadas xunto coa convocatoria en Resolución de Alcaldía n.º 84/2017 , de data 10/04/2017 , tendo en conta a brevedade dos prazos e que o aspirante excluido non pode efectuar subsanacion por incumplir a xustificación de un requisito esencial de participación ,

RESOLVO

PRIMERO. Aprobar a seguinte relación de aspirantes admitidos e excluidos:

RELACIÓN DE ASPIRANTES ADMITIDOS:

DNI NOMBRE APELIDOS

77,595,473-H HERNAN JOSE VALLE ALVAREZ

33,831,656-J ALBERTO BRAÑA CAMPOS

76,549,335-E JOSE RAMON RODRIGUEZ RODRIGUEZ

 

RELACIÓN DE ASPIRANTES EXCLUIDOS:

33544210-K OSCAR GUEIMONDE VEIGA causa: NON CUMPRE O REQUISITO DE ESTAR INSCRITO NO SERVIZO PUBLICO DE EMPREGO COMO DEMANDANTE NON OCUPADO A DATA DE PRESENTACION DE SOLICITUDES.

SEGUNDO.- Comunicar a presente Resolución aos membros designados para o seu coñecemento. O Tribunal reunirase o MARTES DIA 9 DE MAIO DE 2017 ÁS 17,00 HORAS, celebrandose a fase da oposición ás 17,30 horas do mesmo dia.

TERCEIRO.- Publicar na páxina web e no taboeiro de anuncios da Corporación.

En Trabada, a 4 de maio de 2017,

A Alcaldesa

 

Asdo. Mayra García Bermúdez

 
BASES PEON DEPUEMPREGO 2016 2017 PDF Imprimir
Viernes 28 de Abril de 2017 08:13

BASES XERAIS DA CONVOCATORIA DUN PEON DE SERVIZOS MÚLTIPLES QUE SE CONTRATE NO CONCELLO DE TRABADA AO ABEIRO DO CONVENIO DE COLABORACIÓN  ASINADO COA EXCMA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO PARA A EXECUCIÓN DE OBRAS, SERVIZOS E CREACIÓN DE EMPREGO “ PROGRAMA DEPUEMPREGO”.

1.-OBXECTO

1.1. Obxecto: Constitúe o obxecto das presentes bases e a correspondente convocatoria  a regulación do procedemento de selección  mediante o sistema de concurso-oposición de UN PEON DE SERVIZOS MÚLTIPLES, en réxime laboral, para ser contratado como persoal laboral temporal ao abeiro do Programa Depuemprego de conformidade co convenio asinado  entre a Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Trabada con data 23 de setembro de 2016 para a execución de obras, servizos e creación de emprego ao abeiro do Programa DEPUEMPREGO co obxeto da axuda e colaboracion co obxectivo común de dar cumprimento ás competencias mínimas obrigatorias ou obras esenciais xerando oportunidades de emprego na provincia de Lugo.

Esta colaboración se materializa a través da achega económica por parte da Deputacion Provincial de Lugo do 100% dos custes salariais e da Seguridade Social dos traballadores contratados.

Visto que a Lei 48/2015, de 21 de outubro, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2016, dispón no seu artigo 21 dous. que durante o ano 2016 non se procederá á contratación de persoal temporal, nin ao nomeamento de persoal estatutario temporal ou de funcionarios interinos salvo en casos excepcionais e para cubrir necesidades urxentes e inaprazables que se restrinxirán aos sectores, funcións e categorías profesionais que se consideren prioritarios ou que afecten ao funcionamento dos servizos públicos esenciais.

O contrato de traballo concertaranse cunha duración determinada de 6 meses, rematando en todo caso o 30 de outubro de 2017 e a xornada completa ( 100 %).

1.2. Normas de aplicación: As probas selectivas regularanse polo previsto nas presentes bases e no non previsto nelas, polo establecido na Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público, na Lei 30/84, de 2 de agosto, de Medidas para a Reforma da Función Pública, na Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, no Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, aprobado por Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 13 de xuño; na Lei 5/1997, de 22 de xullo, da Administración Local de Galicia, na Lei    2/2015, de 29 de abril ,de emprego público de Galicia; na Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia; no Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios da Administración Local; con carácter supletorio tamén se aplicará o Decreto 95/91, de 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia no que non se opoña á Lei 2/2015,de emprego público de Galicia; Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de ingreso do persoal ó servizo da Administración do Estado e demáis disposicións aplicables.

1.3. O sistema de selección dos aspirantes será o de concurso-oposición

1.4. A presente convocatoria e as bases, publicaranse no taboleiro de anuncios do Concello de Trabada así como na páxina web da Excma Deputación Provincial de Lugo, na páxina web do Concello e nun diario de maior tirada na provincia.

2. TIPO E DURACIÓN DO CONTRATO

2.1 O contrato laboral que se formalizará coas persoas seleccionadas será de duración determinada na modalidade de obra ou servizo determinado previsto no artigo 15.1 a) do Real Decreto Lexilativo  2/2015, , polo que se aproba o Texto Refundido do Estatuto dos Traballadores (TRET) e no artigo 2 do Real Decreto 2720/1998, de 18 de decembro

3.-FUNCIÓNS

As funcións que ten encomendadas son as seguintes: Efectuarán, baixo a coordinación do Operario de Servizos Múltiples persoal laboral fixo do Concello, tarefas de limpeza e conservación de alcantarillado, mantemento de zonas verdes e beirarrúas e xestión de residuos en punto limpo.

4.- REQUISITOS DOS ASPIRANTES.

Para participar no proceso selectivo, os aspirantes deberán reunir os requisitos que a continuación se indican segundo o establecido no artigo 56 do EBEP, referidos todos e cada un deles á data de remate do prazo de presentación de solicitudes :

a) Nacionalidade:

a.1) Ter a nacionalidade española.

a.2) Ser nacional dalgún dos estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún Estado en que, en virtude dos tratados internacionais realizados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.

a.3) Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, o cónxuxe dos españois e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea, e dos nacionais dalgún Estado ao cal, en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, sempre que non estivesen separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de 21 anos ou maiores de dita idade dependentes.

b) Capacidade funcional:non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

A condición de discapacitado e a súa compatibilidade acreditarase coa oportuna certificación.

c) Idade: ter cumpridos 16 anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.

d) Habilitación: non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas, ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso a corpos ou escalas de persoal funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso de persoal laboral, no que fora separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non encontrarse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos, o acceso ao emprego público.

e)Non se require titulacion académica ( disposicion adicional 7ª EBEP).

f) Estar en situación de desemprego e inscritas como tal no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados, así como estar dispoñible para o emprego.

5. SOLICITUDES.

5.1. A solicitude para tomar parte nas correspondentes probas selectivas axustarase ó modelo que figura como Anexo II ás presentes Bases, que se facilitará no Rexistro Xeral do Concello e dirixirase á Sra. Alcaldesa do Concello de Trabada, no prazo de  tres  (3  ) días hábiles contados dende a publicación do anuncio de convocatoria nun diario de maior tirada na provincia de Lugo  e no taboleiro de anuncios do Concello.

Xunto  coas instancias solicitando participar no proceso, deberá presentarse a seguinte documentación, orixinal ou copia compulsada:

a)     Documento nacional de identidade,pasaporte ou tarxeta de residente.

b)     Certificación , de ser o caso, expedida polo Servizo Público de Emprego  na que se acredite que é demandante de emprego e o tempo que leva nesta situación.

c)     Certificación, de ser o caso, acreditativa do grao de discapacidade.

d)     De se o caso, as persoas que aleguen ser vitima de violencia de xénero:

A efectos destas bases , entendese por mulleres en situación de violencia de xénero todas aquelas que cesasen a relación de convivencia co agresor e acrediten a situación de violencia a través de calquera das formas previstas no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero:

1. Certificación da orde de protección ou da medida cautelar, testemuño ou copia autenticada pola/o secretaria/ou xudicial da propia orde de protección ou da medida cautelar.

2. Sentenza de calquera orde xurisdicional, que declare que a muller sufriu violencia de xénero.

3. Informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de violencia, auto de apertura de xuízo oral ou documento equivalente en que conste a existencia dos devanditos indicios.

4. Informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración pública autonómica ou local no que se recolla dita condición e a data en que se produciu o cesamento da convivencia.

5. Informe dos servizos de acollida da Administración pública autonómica ou local en que se recolla dita condición e a data en que se produciu o cesamento da convivencia.

e)       Declaración responsable, asinado pola ou pola aspirante, de non estar afectadada/o por ningún dos motivos de incompatibilidade recollidos na lexislación vixente sobre incompatibilidades do persoal ao servizo das administración públicas e de non ter sido separado /a do servizo de calquera das administración públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas por expediente disciplinario ou resolución xudicial firme nin encontrarse en inhabilitación absoluto ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, ou para exercer función similares ás que se desempeñaba no caso do persoal laboral, segundo o modelo que se insire nestas bases como Anexo II.

No caso de ser nacional doutro Estado, declaración responsable, asinada polo ou polo aspirante, de non estar afectado/a por ningún dos motivos de incompatibilidades recollidos na lexislación vixente sobre incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas e de non estar inhabilitado ou en situación equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos, o acceso ao emprego público.

f)     Relación, segundo a orde que se establece na base 8ª  , dos méritos que as ou os aspirantes aleguen para a súa valoración no concurso e os documentos xustificativos dos mesmos segundo o establecido na bases 8ª

Poderanse, así mesmo, remitir na forma determinada no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Publicas .

6.-ADMISIÓN DE ASPIRANTES.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes, a Alcaldía ditará resolución, no prazo máximo de 1 días hábiles, declarando aprobada a lista provisoria de admitidos/as e excluídos/as. Esta resolución publicarase no taboleiro de edictos da casa do Concello, sinalándose un prazo de tres (3 )días naturais  contados a partires do seguinte ao da publicación da resolución para que os aspirantes excluídos poidan emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión.

Na publicación indicarase o nome e apelido, e DNI dos aspirantes, Para tal efecto, a estimación ou desestimación das ditas peticións de correccións entenderanse implícitas na resolución pola que se publique a listaxe definitiva de admitidos e excluídos.

Unha vez transcorrido o devandito prazo, a Alcaldesa dictará resolución definitiva, contra a cal se poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, ou poderase interpoñer directamente o recurso contencioso administrativo ante o Xulgado do Contencioso Administrativo de Lugo, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no art. 8.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contenciosa administrativa.

O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñeza aos interesados a posesión dos requisitos esixidos no procedemento que se convoca. Cando da documentación que debe presentarse, no caso de superar o procedemento selectivo, se desprenda que non posúen algún dos requisitos, os/as interesados/as decaerán en todos os dereitos que poideran derivar da súa participación no procedemento.

Os datos personais (nome, apelidos, dirección aos efectos de notificacións) dos candidatos que participen no procedemento selectivo, serán utilizados únicamente para o fin do presente procedemento selectivo, e co fin de dar cumprimento ao principio de publicidade esixido na vixente lexislación.

7. TRIBUNAL CUALIFICADOR OU COMISIÓN DE VALORACIÓN

O Tribunal de Valoración estará integrado polos seguintes membros:

-     Presidente/a: Operario de servizos multiples do Concello de Trabada, persoal laboral fixo, Don José Luis Reigosa Espasande.

-     Secretaria: Dna. María Sofía Sanmartín Novoa, secretaria-interventora do Concello de Trabada.

-     Primeiro Vogal:  D. Jesús Amor Vizcaíno , persoal laboral fixo concello de Trabada, conductor de tractor

-     Segundo vogal: funcionario ou persoal laboral fixo designado por colaboración coa Excma Deputación provincial ou outro Concello da Provincia.

- Terceiro vogal: funcionario ou persoal laboral fixo designado por colaboración coa Excma Deputación provincial ou outro Concello da Provincia.

No caso de ausencia do/a Presidente/a, será substituído/a polo primeiro vogal.

No caso de ausencia da Secretaria, será substituída polo segundo vogal.

Os órganos de selección serán colexiados e a súa composición deberá axustarse aos principios de imparcialidade e profesionalidade dos seus membros, e tenderase, así mesmo, á paridade entre muller e home.

O persoal de elección ou de designación política, os funcionarios interinos e o persoal eventual non poderán formar parte dos órganos de selección.

A pertenza aos órganos de selección será sempre a título individual, non podendo ostentarse esta en representación ou por conta de ninguén.

A abstención e recusación dos membros do Tribunal será de conformidade coa normativa vixente.

8. PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN

Consistirá en dúas fases:

1) PRIMEIRO EXERCICIO DE CARÁCTER OBRIGATORIO E ELIMINATORIO

Realización dun exercicio que consistirá en contestar por escrito a un cuestionario tipo test,  de 20 preguntas con respostas alternativas baseadas no contido do programa da convocatoria relacionado no ANEXO I , durante un período de 30 minutos e determinado polo Tribunal, que se reunirá na data que se acorde no momento da súa constitución, aos efectos da elaboración do mesmo.

Esta proba terá carácter eliminatorio, e puntuarase de 0 a 6 puntos sendo necesario acadar unha puntuación de 3 para superala. ( 0,30 por pregunta correcta) .

O aspirante que non supere esta fase non pasará á seguinte.

2) CONCURSO  :non  terá carácter eliminatorio nin poderá terse en conta para superar a proba  da fase de oposición. O baremo de méritos fíxase do seguinte xeito:

A puntuación máxima total do concurso establécese en catro (4) puntos e serán o resultado de sumar os méritos que se enumeran nos seguintes apartados cos límites que se sinalan para cada un deles:

a) Experiencia profesional. Máximo un   (1) punto.

Por servizos prestados para calquera administración pública como persona funcionaria de carreira ou interina ou contratada laboral fixo ou temporal, en postos da mesma ou superior categoría e no que se desenvolvan  tarefas ou funcións propias do posto que se convoca: 0,05 puntos por cada mes completo de servizo.

Non se computarán servizos prestados por tempo inferior a un mes e os meses consideraranse de 30 días naturais. Asemade non se computarán os servizos prestados simultáneamente con outros igualmente alegados e a puntuación reducirase proporcionalmente nos prestados a tempo parcial, tomando como referencia corenta horas á semana.

Forma de acreditar os méritos alegados:

Para acreditar estes traballos as persoas interesadas deberán presentar unha certificación da Administración de que se trate, onde conste o tempo traballado na categoría á que se opta,  ou ben copia compulsada do nomeamento ou contrato de traballo subscrito para o efecto, acompañado de informe de vida laboral onde figure os períodos aos que se refiren os contratos presentados . De non presentarse a citada documentación, ou se se presenta outra diferente á aquí referida, a cualificación nesta alínea será de 0 puntos.

b) Cursos de formación . Máximo dous  ( 2 puntos ).

Cursos de formación, recibidos e acreditados, cuxo contido esté directamente relacionado coas funcións propias da praza obxecto da convocatoria e que foran convocados, impartidos ou homologados polas Administracións Públicas,  Cámaras de Comercio e  Colexios Oficiais, así como diplomas de participación en Obradoiros de Emprego coordinados pola Xunta de Galicia e nos que o Concello de Trabada teña o papel de entidade colaboradora e/ou promotora:

Valoración dos cursos:

Ata 10 horas: 0,05 puntos.

Por cada curso de 10 a 50 horas: 0,15 puntos.

Por cada curso de 51 a 100 horas: 0,30 puntos.

Por cada curso de 101 a 200  horas: 0,45 puntos.

Por cada curso de máis de 201 horas: 0,75  puntos.

Por curso con formación teórico-práctica con nivel satisfactorio de Obradoiro de Emprego emitido nos Programas de Obradoiros de Emprego en colaboración coa Xunta de Galicia , nos que o Concello de Trabada sexa entidade colaboradora e/ou promotora  ,  cun mínimo de 900 horas en total : 2 puntos.

En todos os casos valoraranse unha soa vez os cursos relativos a unha mesma materia, aínda que se repetira a súa participación, e valorarase unicamente o de nivel superior ou avanzado

Non se valorarán os cursos que non acrediten as datas de realización e as horas de duración. Así mesmo non se valorarán, os pertencentes a unha carreira universitaria, os de doutorado, os derivados de procesos selectivos e os diplomas relativos a xornadas, seminarios, simposios e similares.

A formación complementaria acreditarase mediante título correspondente ou certificado da entidade/organismo que realizou a actividade formativa, orixinais ou fotocopias debidamente cotexadas

c)  Dacordo co establecido no convenio asinado coa Deputación, se primará favorecer aos colectivos  con dificultades de integración laboral tales como (máximo 1 punto):

1.    mulleres: 0,50 puntos

2.    maiores de 45 anos: 0,50  puntos.

3.    parados de longa duración: 0,50 puntos. Considerase parado de longa  duración estar inscrito ininterronpidamente na oficina de emprego como demandante de emprego durante 12 ou máis meses.

4.    persoas con discapacidade:0,50 puntos

5.    persoas vitimas de violencia de xénero: 0,50 puntos

Forma de acreditar estas situacións: segundo o establecido no punto 5 (Solicitudes).

Deberá estarse en posesión dos méritos alegados, como máximo, na data de expiración do prazo concedido para a presentación de instancias.

O Tribunal, en ningún caso, poderá valora o non achegado e probado polos e polas aspirantes na documentación aportada coa instancia solicitude, sen que sexa admisible a concesión de prazo ningún para enmendas ou subsanacións con posterioridade ao día de remate do prazo de presentación daquela

9. DESENVOLVEMENTO DA PROBA

O primeiro exercicio realizarase no prazo máximo de 3 días hábiles dende a constitución do tribunal que xulgue as probas, anunciándose con dous  días naturais de antelación, como mínimo, o comezo do primeiro exercicio, na páxina web do Concello e no taboleiro de anuncios o día, hora e lugar onde se celebrará a proba.

Os anuncios sucesivos publicaranse no taboleiro de anuncios do Concello e no lugar onde se realizou o exercicio.

Os aspirantes deberán presentarse para a realización do  exercicio provistos de DNI ou documento oficial e fidedigno (pasaporte, carnet de conducir…), acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal. En calquera momento os aspirantes poderán ser requiridos polo tribunal correspondente coa finalidade de acreditar a súa personalidade.

Os/as aspirantes serán convocados  en único chamamento, sendo excluídos da oposición os que non comparecesen.

Os opositores poderán desenvolver os exercicios de que conste o procedemento selectivo tanto en lingua galega como en lingua castelá, a súa libre elección.

Para establecer a orde en que haberán de actuar os aspirantes naqueles exercicios nos que non poidan facelo conxuntamente, se estará o resultado do sorteo publicado pola Resolución correspondente, que se realizou ao abeiro do establecido no Art. 9 do Decreto 95/1991, de 20 de marzo, polo que se aproba o regulamento de selección de personal de administración da Comunidad Autónoma de Galicia.

10. RELACIÓN DE APROBADOS.

O Tribunal publicará no taboleiro de anuncios a puntuación total do proceso selectivo. En caso de empate de puntuacións se resolverá  a favor dos aspirantes que acaden maior número de puntos  na fase oposición, e se ainda persistise, no  primeiro apartado, segundo e terceiro, das valoración do concurso sucesivamente..Se persiste o empate, resolverase por sorteo público.

Finalizado o proceso de selección elevarase ao órgano competente proposta dos  candidatos para a formalización dos correspondentes contratos laborais.

O tribunal non poderán aprobar nin declarar que superaron as probas selectivas un número superior de aspirantes ao de postos que se convocan. Non obstante o anterior, e co fin de asegurar a cobertura dos mesmos cando se produzan renuncias dos aspirantes seleccionados ou calquera outra circunstancia antes da formalización do contrato, o órgano convocante poderá requerir ao órgano de selección relación complementaria dos/as aspirantes que sigan aos propostos, para a súa posible contratación.

A devandita relación complementaria poderá tamén servir para constituír unha lista de reserva para cubrir as baixas que se produzan durante o periodo de duración do plan “Depuemprego”.

11. PRESENTACIÓN DE DOCUMENTOS.

Os/as candidatos propostos para seren contratados deberán achegar no prazo de 2 (2) días hábiles, a seguinte documentación, agás que xa a presentara anteriormente xunto coa instancias de participación:

1) Certificación médica actualizada na que se faga constar expresamente que a ou o aspirantes reúne a capacidade funcional para o desempeño das tarefas propias do posto de traballo. Esta certificación non poderá ter una antigúeidade superior aos  tres (3) meses anteriores ao dia de remate do prazo de presentación de instancias,acreditativo de posuir a capacidade funcional para o desenvolvemento das tarefas habituais da praza á que se aspira, e no que se fará constar que non se padece enfermidade ou limitación física ou psíquica incompatible coas funcións do posto.

2) Copia compulsada da tarxeta da Seguridade Social.

A non presentación dentro do prazo fixado da documentación esixida nesta base e agás nos casos de forza maior ou cando do exame da mesma dedúzase que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base 3ª, non poderán ser contratados sen prexuízo da responsabilidade en que icorreran por falsidade na solicitude de participación. Neste caso se procederá a notificar ao candidato que obtivese a seguinte maior puntuación para que aporte a referida documentación, procedéndose do mesmo xeito que no suposto anterior.

12.- FORMALIZACIÓN DOS CONTRATOS DE TRABALLO.

Rematado o proceso selectivo e presentada a documentación polos interesados, a Sra. Alcaldesa resolverá o proceso e se formalizarán os contratos de traballo de duración determinada por un periodo de 6 meses,sendo en todo caso o data de remate o 30 de outubro de 2017 e a xornada completa (100%).

13. IMPUGNACIÓN.

Estas bases, a súa convocatoria e cantos actos administrativos deriven da mesma poderán, asi como as actuacións do Tribunal poderán ser impugnadas polos interesados e interesadas  nos casos e na forma establecidas na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas o e na Lei 29/98 de 13 de xullo reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa .

ANEXO I.-TEMARIO

Tema 1

Concello de Trabada .   Encuadre territorial e poboación.

Tema 2

Uso e mantemento de desbrozadoras.

Tema 3

Sinalización vial en traballos de desbroce de cunetas.

ANEXO I I a).-MODELO DE INSTANCIA PARA PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN PARA A PROVISIÓN TEMPORAL DUN (1) PEÓN DE SERVIZOS MÚLTIPLES DO CONCELLO DE TRABADA , EN RÉXIME DE DEREITO LABORAL TEMPORAL, MEDIANTE O SISTEMA DE  CONCURSO-OPOSICIÓN.

D/ª.........................................................................................................................provisto/a de D.N.I. nº................................ con enderezo na R/..............................................................................nº....................piso................................................

C.Postal........................Localidade........................................................................................................

Municipio..............................Provincia......................Teléfono....................................

Enterado/a da convocatoria pública realizada polo Concello de Trabada para a contratación laboral temporal (contrato de obra ou servizo determinado), a xornada completa, de 1 Peón de servizos múltiples.

DECLARO:

PRIMEIRO.- Que coñezo na súa integridade as bases que rexen a convocatoria e que reuno tódalas condicións esixidas polas mesmas para participar neste proceso selectivo.

SEGUNDO.- Que non estou afectado/a por ningún dos motivos de incompatibilidade recollidos na lexislación vixente sobre incompatibilidades do persoal ó servizo das administracións públicas, que non padezo enfermidade ou defecto físico/psíquico, que me impida o desempeño das funcións ou tarefas correspondentes a praza á que opto e que non estou separado/a, mediante expediente disciplinario do servizo ó Estado, ás Comunidades Autónomas ou ás Entidades Locais, nin estar inhabilitado para o exercicio das funcións públicas;

-no caso de ser nacional doutro Estado-, de que non estou inhabilitado ou en situación equivalente, nin estou sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que me impida, no meu Estado, nos mesmos termos, o aceso ó emprego público.

TERCEIRO.- Que autorizo ó Concello do Trabada para a publicación dos meus datos persoais (nome, apelidos e D.N.I.) e das posibles causas de exclusión, no taboleiro de anuncios do concello e calquera outro medio que se estime, ao ser a publicidade un dos principios legais que debe observarse nos procedementos de selección.

CUARTO.- Solicito ser admitido/a a participar no referido procedemento comprometéndome a someterme ás bases que o regulan, presentando a documentación seguinte:

(TACHAR O QUE PROCEDA)

  • Documento nacional de identidade,pasaporte ou tarxeta de residente.
  • Certificación , de ser o caso, expedida polo Servizo Público de Emprego  na que se acredite que é demandante de emprego e o tempo que leva nesta situación.
  • Certificación, de ser o caso, acreditativa do grao de discapacidade.
  • De se o caso, as persoas que aleguen ser vitima de violencia de xénero:

A efectos destas bases , entendese por mulleres en situación de violencia de xénero todas aquelas que cesasen a relación de convivencia co agresor e acrediten a situación de violencia a través de calquera das formas previstas no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero:

1. Certificación da orde de protección ou da medida cautelar, testemuño ou copia autenticada pola/o secretaria/ou xudicial da propia orde de protección ou da medida cautelar.

2. Sentenza de calquera orde xurisdicional, que declare que a muller sufriu violencia de xénero.

3. Informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de violencia, auto de apertura de xuízo oral ou documento equivalente en que conste a existencia dos devanditos indicios.

4. Informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración pública autonómica ou local no que se recolla dita condición e a data en que se produciu o cesamento da convivencia.

5. Informe dos servizos de acollida da Administración pública autonómica ou local en que se recolla dita condición e a data en que se produciu o cesamento da convivencia.

  • Declaración responsable, asinado pola ou pola aspirante, de non estar afectadada/o por ningún dos motivos de incompatibilidade recollidos na lexislación vixente sobre incompatibilidades do persoal ao servizo das administración públicas e de non ter sido separado /a do servizo de calquera das administración públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas por expediente disciplinario ou resolución xudicial firme nin encontrarse en inhabilitación absoluto ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, ou para exercer función similares ás que se desempeñaba no caso do persoal laboral, segundo o modelo que se insire nestas bases como Anexo II.

No caso de ser nacional doutro Estado, declaración responsable, asinada polo ou polo aspirante, de non estar afectado/a por ningún dos motivos de incompatibilidades recollidos na lexislación vixente sobre incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas e de non estar inhabilitado ou en situación equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos, o acceso ao emprego público.

  • Relación, segundo a orde que se establece na base 8ª  , dos méritos que as ou os aspirantes aleguen para a súa valoración no concurso e os documentos xustificativos dos mesmos segundo o establecido na bases 8ª.

En Trabada, a  27 de abril de 2017,

SRA. ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE TRABADA

Os datos facilitados serán tratados nos ficheiros de datos dos expedientes e procedementos titularidade do CONCELLO DE Trabada para o exercicio das función e competencias atribuídas ó CONCELLO DE Trabada na lexislación vixente. Os INTERESADOS poderán exercer os dereitos establecidos na Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro de protección de datos de carácter persoal, coas limitacións establecidas legalmente, ó tratarse de datos que obran nos expedientes e procedementos que xestiona a Administración Pública Municipal, no Rexistro Xeral do Concello, na dirección Rúa do Concello 15, 27865, Trabada ( Lugo) .

 

 

 

 

 
BOLSA EMPREGO SAF RESULTADOS PDF Imprimir
Jueves 27 de Abril de 2017 06:38

Constituído o Tribunal cualificador( Comision de Avaliacion e Seleccion) e de conformidade coas bases reguladoras da convocatoria das citadas prazas, acórdase proceder á avaliación da primeira  fase , CONCURSO, aplicando o baremo de méritos sobre os presentados polos interesados durante o prazo de presentacion de instancias , co seguinte resultado:

NOME E APELIDOS

EXPERIENCIA PROFESIONAL

FORMACION

CARNET MANIPULADOR

TOTAL

BERTA OLIVEROS YANES

2.00

0.80

0.00

2.80

ROCIO VILLARINO MENCIA

3.50

0.00

1.00

4.50

MARIA TEIJO FERNANDEZ

1.50

0.00

1.00

2.50

ALBA MARIA MORAN YAÑEZ

0.00

0.00

0.00

0.00

MARIA DE LOS ANGELES REY BARRERA

3.00

1.20

0.00

4.20

BELINDA OLIVA LOPEZ

0.00

0.00

1.00

1.00

MARIA DE LOS ANGELES BERMUDEZ VIDAL

3.00

1.20

0.00

4.20

ANA ISABEL ALVAREZ LASTRA

3.00

1.80

1.00

5.80

ROCIO ALVAREZ AMOR

0.00

0.80

1.00

1.80

MARIA JOSE LOPEZ RODRIGUEZ

0.00

0.00

1.00

1.00

NOELIA LOMBARDERO CORTIÑAS

1.20

0.00

1.00

2.20

JESUS GUTIERREZ FERNANDEZ

3.00

1.40

1.00

5.40

Publícanse os resultados no lugar de celebración da fase de oposición.

O primeiro exercicio , fase de OPOSICION, que foi realizado con data  de hoxe, 26 de abril, dende as  18.00  horas ata as 18.30   horas, consistindo nun cuestionario  de 20 preguntas baseadas no programa Anexo II.

A calificación do primeiro exercicio é a seguinte:

NOME E APELIDOS

NOTA EXERCICIO OBLIGATORIO

CALIFICACION APTO/NON APTO

BERTA OLIVEROS YANES

6

APTO

ROCIO VILLARINO MENCIA

6

APTO

MARIA TEIJO FERNANDEZ

5.50

APTO

ALBA MARIA MORAN YAÑEZ

4.50

NON APTO

MARIA DE LOS ANGELES REY BARRERA

5.00

APTO

BELINDA OLIVA LOPEZ

3.00

NON APTO

MARIA DE LOS ANGELES BERMUDEZ VIDAL

NON PRESENTADA

NON PRESENTADA

ANA ISABEL ALVAREZ LASTRA

5.00

APTO

ROCIO ALVAREZ AMOR

NON PRESENTADA

NON PRESENTADA

MARIA JOSE LOPEZ RODRIGUEZ

6.00

APTO

NOELIA LOMBARDERO CORTIÑAS

7.50

APTO

JESUS GUTIERREZ FERNANDEZ

6.00

APTO

Posteriormente, este Tribunal acorda publicar o anuncio de aprobados no lugar de celebración das probas, e procédese a realización da segunda  proba da fase de oposición, a entrevista persoal, co seguinte RESULTADO:

NOME E APELIDOS

NOTA ENTREVISTA

CALIFICACION APTO/NON APTO

BERTA OLIVEROS YANES

3.00

APTO

ROCIO VILLARINO MENCIA

3.00

APTO

MARIA TEIJO FERNANDEZ

3.50

APTO

MARIA DE LOS ANGELES REY BARRERA

3.00

APTO

ANA ISABEL ALVAREZ LASTRA

4.00

APTO

MARIA JOSE LOPEZ RODRIGUEZ

3.00

APTO

NOELIA LOMBARDERO CORTIÑAS

3.00

APTO

JESUS GUTIERREZ FERNANDEZ

3.00

APTO

O resultado total das duas fases é o seguinte:

NOME E APELIDOS

FASE OPOSICION

FASE CONCURSO

TOTAL PUNTUACION

BERTA OLIVEROS YANES

9.00

2.80

11.80

ROCIO VILLARINO MENCIA

9.00

4.50

13.50

MARIA TEIJO FERNANDEZ

9.00

2.50

11.50

ALBA MARIA MORAN YAÑEZ

NON APTA

0.00

---------------

MARIA DE LOS ANGELES REY BARRERA

8.00

4.20

12.20

BELINDA OLIVA LOPEZ

NON APTA

1.00

----------------

MARIA DE LOS ANGELES BERMUDEZ VIDAL

NON PRESENTADA

1.80

-----------------

ANA ISABEL ALVAREZ LASTRA

9.00

5.80

14.80

ROCIO ALVAREZ AMOR

NON PRESENTADA

1.80

---------------

MARIA JOSE LOPEZ RODRIGUEZ

9.00

1.00

10.00

NOELIA LOMBARDERO CORTIÑAS

10.50

2.20

12.70

JESUS GUTIERREZ FERNANDEZ

9.00

5.40

14.40

Concluídos os exercicios e debidamente cualificados, o Tribunal,  acorda propor a orde de clasificación dos aspirantes  na integración da bolsa de emprego de auxiliares do SAf do Concello de Trabada :

 

NOME E APELIDOS

ORDE DE CLASIFICACION

ANA ISABEL ALVAREZ LASTRA

JESUS GUTIERREZ FERNANDEZ

ROCIO VILARIÑO MENCIA

NOELIA LOMBARDERO CORTIÑAS

MARIA DE LOS ANGELES REY BARRERA

BERTA OLIVEROS YANES

MARIA TEIJO FERNANDEZ

MARIA JOSE LOPEZ RODRIGUEZ

 
BOLSA AUXLIARES SAF LISTADO DEFINITIVO E CHAMAMENTO PROBAS PDF Imprimir
Viernes 21 de Abril de 2017 10:09

 

Vista a resolución da Alcaldía de data 20 de marzo de 2017 pola que se prestaba aprobación ás bases que rexerán a constitución, mantemento e funcionamento da bolsa de traballo do Concello de Trabada para o servizo de axuda no fogar e se procede á súa convocatoria. En data  25 de marzo de 2017  publícase no Boletin Oficial da Provincia de Lugo anuncio ao respecto, abrindo prazo de presentación de instancias. Igualmente foi anunciado na páxina web do Concello , taboeiro de anuncios e na sede electrónica do mesmo. Durante o prazo establecido  presentaron instancias de participación os seguintes solicitantes: Nome a apelidos Nº Rexistro Entrada DNI Berta Oliveros Yanes RE 555 77594560N Rocio Villarino Mencía RE 563 77596117M Marisa Teijo Fernández RE 564 77594257P Alba Mª Morán Yáñez RE 565 76582874G Mª  de los Ángeles Rey Barrera RE 568 77597480B Belinda Oliva López RE 569 76581459S Ángeles Bermudez Vidal RE 581 77592758G Ana Isabel Álvarez Lastra RE 585 77594209Y Rocio Álvarez Amor RE 587 76938879S María José Lopez Rodriguez RE 590 77592583J Noelia Lombardero Cortiñas RE 595 76583902C Jesús Gutiérrez Fernández RE 601 76565296K

Revisada a documentación presentada polos aspirantes,  con especial análise da cláusula 5 c) das das bases que rexen a selección en relación coa Resolución de 3 de novembro de 2015 da Secretaria de Estado de Servizos Sociais e Igualdade polo que se publica o acordo do Consello Territorial de Servizos Sociais  e do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia . De conformidade coas bases que regulan a selección, esta Alcaldía, en exercicio das competencias legalmente atribuidas polos  artigos 21 da Lei 7/1985, reguladora das bases do Réxime Local e artigo 61  da Lei 5/1997, de Administración Local de Galicia, VEÑO EN RESOLVER :

PRIMEIRO.- Aprobar o listaxe provisional de admitidos e excluidos ao proceso selectivo para a formación da bolsa de emprego de auxiliares de axuda no fogar mediante o procedimiento de concurso – oposición convocado por Resolución de 20 de marzo de 2017. A relación completa de aspirantes así como a relación de persoas excluidas , xunto co  defecto motivador da exclusión ,  exporáse no taboeiro de anuncios e na páxina Web do Concello:

ASPIRANTES ADMITIDOS

Berta Oliveros Yanes

Rocio Villarino Mencía

Marisa Teijo Fernández

Alba Mª Morán Yáñez

Mª  de los Ángeles Rey Barrera

Belinda Oliva López

Ángeles Bermudez Vidal

Ana Isabel Álvarez Lastra

Rocio Álvarez Amor

María José Lopez Rodriguez

Noelia Lombardero Cortiñas

Jesús Gutiérrez Fernández

 

ASPIRANTES EXCLUIDOS:  Ningún

SEGUNDO .- De conformidade co establecido no apartado 8 da base  , por non haber aspirantes excluidos, a lista quedará elevada a definitiva automáticamente  .

TERCEIRO .- Designar o seguinte Comisión de Avaliación e Selección , conforme ao establecido no  apartado 9 das bases da Convocatoria : Presidencia: Dona Ana Gonzalez Díaz, Traballadora Social Concello de Trabada . Vogalías titulares:                         Don José Luis Reigosa Espasande, operario de servizos mútiples, personal laboral fixo Concello de Trabada.                          Dona Yolanda Amor Fernández , auxiliar axuda no fogar , personal laboral fixo Concello de Trabada                                                 Doña María del Carmen Fernández , auxiliar de axuda no fogar, persoal laboral fixo Concello de Trabada.

Secretaría:  Dona María Sofía Sanmartín Novoa, Secretaría-Interventora do Concello de Trabada.

CUARTO.-  O Tribunal Cualificador  reuniráse o MERCORES 26 DE ABRIL DE 2017  ás 17,00  horas  , valorando en primeiro termo a fase do  concurso.

QUINTO.- Convocar aos  aspirantes admitidos á realización das probas da fase de oposición para o MERCORES 26 DE ABRIL DE 2017 ÁS 17,30 HORAS na Casa da Cultura do Concello de Trabada.

SEXTO.- Ordenar a publicación da presente  no Taboeiro de  Anuncios da Corporación e na páxina Web do Concello.

 

Contra a designación do  Tribunal Calificador poderá interpoñerse , con carácter potestativo, recurso de reposición ante a Alcaldesa de Trabada no prazo de un mes dende a súa publicación no Taboeiro de Anuncios, ou ben recurso contencioso- administrativo, no prazo de dous meses dende dita publicación, ante o órgano jurisdiccional competente, de conformidade co disposto na Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracions Públicas e Procedemento Administrativo Común e Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da Xurisdiccion Contencioso- Administrativa, significándose que no caso de interponer recurso de reposición non se poderá interponer o contencioso –administrativo en tanto aquél non sexa resolto expresamente ou se producira a desestimación presunta do mesmo. En Trabada, a 21 de abril de 2017. A Alcaldesa.

Asdo. Mayra García Bermúdez.

 
BASES PROGRAMA VIVENDAS BALEIRAS PDF Imprimir
Martes 11 de Abril de 2017 11:47

CONCELLO DE TRABADA

ANUNCIO

A Xunta de Goberno Local do Concello de Trabada en sesión ordinaria celebrada o dia 6 de abril de 2017 adoptou acordo que literalmente di:

PRIMEIRO.- Darse por informada  e ratificar a aprobación definitiva das bases reguladoras do Programa de Vivendas Baleiras  de Trabada adoptada pola Comisión de Seguimento e Coordinación do Programa de Vivendas Baleiras do Plan Rehabilita 2015-2020  en data 3 de marzo de 2017.

SEGUNDO.- Prestar aprobación ás bases reguladoras do Programa de Vivendas Baleiras do Concello de Trabada que constan no presente acordo.

TERCEIRO.- Publicar o presente acordo e o texto íntegro das bases no BOP , taboeiro de anuncios , sede electrónica e páxina web municipal.

BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DE VIVENDAS BALEIRAS DO CONCELLO DE TRABADA

Resultado de imagen de escudo concello trabada Inicio

É obxecto das presentes bases a regulación dos aspectos materiais, persoais, formais e procedimentais do Programa de Vivendas Baleiras do Concello de Trabada implantado no mesmo en virtude de acordo da Xunta de Goberno Local do Concello de Trabada de data 30 de xuño de 2016  e que se desenvolverá de conformidade co acordo de adhesión ao Convenio de colaboración entre o IGVS e a FEGAMP para o desenvolvemento de dito programa no ámbito do Plan Galego de Rehabilitación, Aluguer e Mellora do Acceso á Vivenda 2015 – 2020 (Plan RehaVIta) aprobado no mesmo acordo antes indicado e asinado o día 21 de febreiro de 2017.

TÍTULO I. INCORPORACIÓN DE VIVENDAS AO PROGRAMA DE VIVENDAS BALEIRAS

CAPÍTULO I.- CARACTERÍSTICAS E POSTA A DISPOSICIÓN DAS VIVENDAS

Artigo 1.- Condicións e características das vivendas

1. Para a súa incorporación ao Programa de Vivendas Baleiras as vivendas deberán reunir como mínimo as seguintes características:

a. Ter a consideración de vivenda libre ou non estar sometida a ningunha limitación para arrendala derivada da súa cualificación como vivenda protexida.

b. Non ter cargas que impidan o seu arrendamento, e carecer de limitacións por razóns de legalidade urbanística.

c. Estar desocupada e susceptible de uso, cando menos, desde o momento da solicitude de incorporación ao programa.

d. Reunir as condicións esenciais de habitabilidade e idoneidade para o seu arrendamento.

e. Estar de alta nos subministros básicos de auga, lixo, gas e /ou electricidade ou susceptible de estalo no momento da formalización do contrato de arrendamento e estar ao día no pagamento dos correspondentes recibos.

2. As vivendas poderanse arrendar con ou sen mobles, pero, en calquera caso, deberán contar con instalación de auga quente, con cociña equipada con mobiliario e electrodomésticos básicos, entendéndose por tales cociña, forno, frigorífico, sistema de calefacción e lavadora.

3. Poderán incorporarse ao programa calquera tipo de vivendas que reúnan as condicións sinaladas nos apartados anteriores sexa cal sexa a súa tipoloxía edificatoria (residencial colectiva nun edificio en réxime ou non de propiedade horizontal; vivenda unifamiliar; complexo inmobiliario; etc.).

4. Non será preciso que a vivenda se atope inscrita no censo de vivendas baleiras da Comunidade Autónoma de Galicia creado e regulado polo Decreto da Xunta de Galicia 17/2016 de 18 de febreiro (DOGA do 26 de febreiro de 2016)

5. No programa non se admitirán vivendas que non reúnan as condicións, requisitos e características sinaladas neste artigo. Tampouco se admitirán as solicitudes de incorporación daquelas vivendas nas que a criterio do Concello concorra algunha das seguintes circunstancias: ter un entorno que as faga dificilmente alugables, en atención á situación, ás características ou ás condicións de accesibilidade da vivenda ou do edificio ao que pertenza; ou cando para reunir as condicións esenciais de habitabilidade e idoneidade sexa necesario a realización de obras que requiran un prazo de execución estimado superior a tres meses.

Artigo 2.- Renda taxada

O prezo da renda do aluguer das vivendas incorporadas ao Programa de Vivendas Baleiras non poderá ser superior á 250€. Aos efectos de determinarse o prezo das vivendas de superficie menor a 90 m2 seguiranse os seguintes criterios:

· Para efectos de determinar dito prezo máximo, establécese unha superficie máxima computable das vivendas de 90 metros cadrados.

· Entenderase que dito prezo máximo inclúe os anexos, rocho e garaxe, que xunto a vivenda sexan obxecto do contrato de arrendamento.

· Deste xeito, o prezo máximo por metro cadrado destas vivendas será de 2,78 € sempre que a vivenda dispoña de rocho e garaxe. En caso contrario, poderase minorar este prezo máximo nun 8% cando careza de garaxe e nun 2% cando careza de rocho.

· Para fixar o importe da renda, tamén se poderá ter en conta os prezos medios de mercado da zona onde este situada a vivenda, se se acredita que estes son inferiores os obtidos mediante a aplicación do previsto neste artigo.

· Prezo máximo de renda por vivenda:

Renda máxima

superficie tipo

Prezo máximo/m2

250€

90m2

2,78€

· De acordo co establecido cláusula cuarta, punto segundo, do convenio de colaboración entre o IGVS e a FEGAMP, a correspondente comisión de seguimento e coordinación poderá modificar o citado límite ata un 15% cando se acrediten circunstancias que motiven a necesidade de incrementar ou reducir o importe da renda fixada con carácter xeral, así coma no caso de que as persoas arrendatarias sexan integrantes dunha familia numerosa, na unidade familiar haxa algunha persoa con mobilidade reducida ou cando concorra algunha outra causa debidamente motivada.

· En todo caso o prezo da renda concreta de cada vivenda determinarase no informe municipal da inspección técnica.

Artigo 3.- Posta a disposición das vivendas

1. A posta a disposición das vivendas para o seu arrendamento no marco do Programa de vivendas baleiras, realizarase de forma voluntaria polos seus titulares.

2. A posta a disposición implicará o compromiso de arrendar a vivenda no marco do Programa de vivendas baleiras por un prezo non superior á renda taxada.

3. A duración da posta a disposición da vivenda será de tres anos, contados a partir da data de inicio dos efectos do primeiro contrato de arrendamento que se subscriba no marco do programa.

CAPÍTULO II.- PROCEDEMENTO DE INCORPORACIÓN DE VIVENDAS

Artigo 4 .- Solicitude de incorporación de vivendas ao Programa de vivendas baleiras

1. Poderán solicitar a incorporación ao Programa de vivendas baleiras as persoas titulares das vivendas que cumpran os requisitos e condicións esixidas no artigo 1 das presentes bases así como as persoas físicas e xurídicas que acrediten a disposición de uso das mesmas e/ou estean habilitados para a formalización de contratos de aluguer das mesmas.

2. O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto de xeito permanente para facilitar a máxima participación no programa.

Por resolución da persoa que ostenta a titularidade da alcaldía ou persoa que ostente as competencias en materia de vivenda, por delegación de aquel, poderase acotar temporalmente un prazo dentro do ano natural para a presentación de solicitudes; ampliar o mesmo e pechalo con antelación á data inicialmente prevista en función de que se acaden ou non un número de vivendas estimadas suficientes para o seu arrendamento nun determinado período ou na correspondente anualidade. As resolucións de modificación ou de peche do prazo de presentación de solicitudes publicaranse no Boletín Oficial da Provincia, no taboleiro de anuncios do concello ou na sede electrónica municipal.

3. As solicitudes para a incorporación de vivendas dirixiranse ao concello e presentaranse no modelo normalizado de solicitude que figura como ANEXO I a estas bases, nas oficinas de rexistro do concello.

4. Xunto coas solicitudes deberá presentarse a seguinte documentación:

a. NIF da persoa titular da vivenda, ou quen dispoña dun dereito xurídico para efectuar o contrato de arrendamento, achegando documentación xustificativa de dito dereito.

b. Relación de persoas titulares da vivenda.

c. Nota simple informativa, actualizada, con indicación de cargas expedida polo Rexistro da Propiedade

d. Último recibo do Imposto de Bens Inmobles (IBI) da vivenda e, no seu caso, do rocho e/ou garaxe obxecto de arrendamento, ou certificación da referencia catastral. No seu defecto, referencia catastral do inmoble ao que pertenza a vivenda ou a solicitude de declaración catastral xunto coa documentación que permita a identificación da vivenda.

e. Descrición das características da vivenda e inventario de electrodomésticos e, no seu caso, mobles dos que dispoña a vivenda.

f. Declaración responsable de que non existen procedementos administrativos ou xudiciais en curso que afecten á vivenda ou a súa titularidade.

g. Declaración responsable de que a vivenda non ten cargas que impidan o seu arrendamento e que carece de limitacións por razón de legalidade urbanística; así como de que a vivenda está desocupada e susceptible de uso.

h. Declaración responsable de estar ao día no pagamento dos recibos de auga, luz, gas e lixo.

i. Declaración responsable do compromiso de poñer a disposición do Concello a vivenda durante tres anos, a contar dende a data de formalización do primeiro contrato, para o seu arrendamento no marco do Programa de Vivendas Baleiras. A permanencia no programa non se prolongará máis alá deste período de tres anos, por causa de sucesivos contratos de arrendamento.

Artigo 5.- Inspección Técnica

1. Unha vez completa e correcta a solicitude, o concello procederá á inspección técnica co obxecto da comprobación das condicións de habitabilidade e idoneidade da vivenda para o arrendamento, así como para a taxación da renda segundo o establecido neste acordo. Logo da visita de inspección elaborarase o correspondente informe técnico sobre o cumprimento das citadas condicións.

2. Se a vivenda precisase obras e actuacións de reforma para reunir as condicións necesarias para o seu arrendamento no marco do Programa de Vivendas Baleiras, faranse constar no informe técnico.

Do dito informe darase traslado ao titular da vivenda para que, no prazo de tres meses, realice as obras e actuacións recollidas no mesmo. Dito prazo poderá prorrogarse por un período non superior a dous meses, a petición previa de parte interesada e sempre que quede acreditada a concorrencia de causas imprevistas que xustifiquen a demora na execución das reformas.

Cando na vivenda só se detecten defectos que requiran pequenas reparacións ou reposicións, o prazo para a súa realización será dun mes.

A non realización das reformas ou reparacións nos prazos establecidos, será causa de denegación da incorporación da vivenda ao programa.

3. Comunicada a finalización das obras e actuacións de reforma ou, no seu caso, das pequenas reparacións, realizarase unha nova visita de inspección para comprobar e verificar a súa execución emitíndose o correspondente informe.

Artigo 6.- Proposta de incorporación e aceptación das condicións

Unha vez comprobadas as condicións de habitabilidade e  idoneidade da vivenda para o seu arrendamento, así como o cumprimento das demais características e requisitos establecidos neste acordo, elaborarase a proposta de incorporación ao Programa de Vivendas Baleiras, condicionada á aceptación das condicións recollidas na mesma para o seu posterior arrendamento.

Na mesma, farase constar, entre outros, o resultado da inspección ou inspeccións realizadas, con indicación das características da vivenda, así como a renda taxada pola que se arrendará a vivenda no marco do Programa de vivendas baleiras.

Artigo 7.- Declaración de “vivenda en réxime de arrendamento incorporada ao Programa de vivendas baleiras ”

1. Unha vez revisada a vivenda e considerada apta, procederase a súa declaración como ”vivenda en réxime de arrendamento incorporada ao Programa de Vivendas Baleiras”. Con carácter mensual comunicarase ao IGVS a relación de vivendas dadas de alta no programa, remitindo unha listaxe con todas elas, nos primeiros cinco días do mes seguinte ao da súa incorporación

2. A declaración será competencia da persoa que ostente a titularidade da Alcaldía, ou de quen a teña delegada e ostente as competencias en materia de vivenda.

3. A incorporación da vivenda ao Programa de vivendas baleiras non outorgará ningún dereito económico, respecto á obtención das garantías previstas neste acordo, en tanto non se formalice o primeiro contrato de arrendamento.

Artigo 8.- Causas de baixa das vivendas

1. Serán causas de baixa:

a. Polo transcurso do prazo de posta a disposición de tres anos dende o primeiro contrato de arrendamento.

b. Cando a vivenda quede desocupada por resolución do contrato de arrendamento a instancia ou por causa imputable ao arrendador ou ao arrendatario, no caso de que xa non dea tempo a asinar un novo contrato para o período fixado na cláusula quinta do convenio.

c. Por incumprimento das obrigas que lle corresponden como persoa propietaria ou arrendadora da vivenda, así como pola inobservancia dos compromisos e condicións derivados da incorporación da vivenda ao Programa de Vivendas Baleiras.

d. Por tratarse dunha vivenda dificilmente alugable, entendéndose que concorre dita causa cando estando desocupada transcorran mais de nove meses sen formalizar un contrato de arrendamento, por falta de demanda.

Así mesmo, procederá a baixa temporal no programa, cando a vivenda permaneza desocupada por obras.

e. Cando a vivenda deixe de servir para o uso que se destina, por vicios ocultos, caso fortuíto ou forza maior, así como por calquera outra causa que xustifique a exclusión do programa.

TÍTULO II. CONDICIÓNS PARA O ACCESO ÁS VIVENDAS INCORPORADAS AO PROGRAMA

CAPÍTULO I.- DEMANDANTES DE VIVENDA EN RÉXIME DE ARRENDAMENTO INCORPORADAS AO PROGRAMA

Artigo 9.- Requisitos das persoas demandantes de vivenda do Programa

Enténdese como unidade familiar ou de convivencia, ao conxunto de persoas que habitan e gozan dunha vivenda de forma habitual e permanente e con vocación de estabilidade, con independencia da relación que exista entre todas elas. Unha unidade de convivencia pode estar composta por varias unidades familiares, interesadas en acceder a unha vivenda en réxime de arrendamento incorporada ao Programa de vivendas baleiras.

As unidades familiares ou de convivencia deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Ter uns ingresos entre 1 e 2,5 veces o IPREM, de acordo co prorrateo establecido no artigo 12. Excepcionalmente, poderá exceptuarse do cumprimento de acreditar o límite mínimo de ingresos cando se trate de situacións de emerxencia social que deberán ser singularmente avaliadas. En todo caso, deberase acreditar no expediente de adxudicación a percepción duns ingresos económicos mínimos ou de axudas, públicas ou privadas, que lles permitan facer fronte ás obrigas económicas que deriven do contrato de arrendamento. Nestes supostos, con carácter previo á adxudicación deberá revisarse a situación particular no seo da da Comisión de Seguimento prevista no convenio que deberá verificar a suficiencia de recursos para o pago da renda, elevando a proposta correspondente ao órgano municipal competente.

Con carácter xeral, a renda que debe aboar a persoa inquilina non debe ser superior ao 30% dos seus ingresos, cuestión que deberá de quedar debidamente acreditada no expediente de adxudicación .

b) Non ter a persoa solicitante nin ningún outro membro da unidade de convivencia unha vivenda en propiedade, a menos que non dispoña do seu uso e disfrute, nin do usufruto doutra vivenda en todo o territorio nacional, ou se trate dunha vivenda inadecuada ou insuficiente.

Entenderanse como condicións de inadecuación ou insuficiencia as seguintes:

1) Presúmense inadecuados os edificios e vivendas que non teñan unha finalidade propiamente residencial e os que se atopen en situación de ruína, así como as vivendas que teñan deficiencias, non imputables á falta de mantemento por parte da persoa solicitante, que afecten de forma notoria á habitabilidade, debidamente acreditadas por técnico competente.

2) Considérase que unha vivenda ten unha superficie insuficiente para a composición da unidade familiar cando a cada ocupante lle correspondan menos de 10 m2 de superficie útil, non computándose para o efecto a correspondente a baños, corredores e tendais.

3) Enténdese que unha vivenda é inadecuada por causa de mobilidade cando a súa configuración arquitectónica, distribución espacial, localización ou accesos supoñan unha grave perda de funcionalidade para a persoa membro da unidade familiar ou de convivencia con mobilidade reducida.

c) Atoparse nunha situación persoal ou familiar que supoña unha dificultade para acceder a unha vivenda de alugueiro no mesmo municipio.

d) Non ter parentesco por vínculo de matrimonio ou outra relación estable análoga, por consanguinidade ou adopción, ata segundo grado, coas persoas arrendadoras.

e) Deberá quedar acreditado o grao de integración social. En concreto, non haberá antecedentes de ter incumprido reiteradamente as normas de convivencia. A estes efectos, poderán ser excluídas aquelas persoas que  en virtude do informe emitido polos servizos sociais, conste que incumpriron reiteradamente as normas de comunidade.

Artigo 10.- Colectivos prioritarios

1. Para o acceso ás vivendas en réxime de arrendamento incorporadas ao Programa de vivendas baleiras, terán a condición de colectivos prioritarios os seguintes:

a) Unidades familiares ou de convivencia afectadas por procedementos de execución hipotecaria, sen necesidade de que exista unha resolución xudicial de finalización do citado procedemento xudicial.

b) Unidades familiares ou de convivencia afectadas por un procedemento xudicial de desafiuzamento por impago de rendas da súa vivenda habitual.

c) Unidades familiares ou unidades de convivencia con fillos menores así como familias numerosas e familias monoparentais con fillos a cargo.

d) Unidades familiares ou de convivencia nos que existan mulleres vítimas de violencia de xénero, sempre que o documento acreditativo da situación de violencia fora adoptado ou emitido nos 12 meses inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude da vivenda. Así mesmo,  será preciso que a orde de protección ou a medida cautelar estean vixentes.

e) Unidades familiares ou de convivencia nos que existan persoas maiores de 65 anos, persoas con dependencia ou con discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33 %.

f) Unidades familiares ou de convivencia nas que existan persoas que foran beneficiarias de axudas ao aluguer no marco de programas xestionados polo IGVS e que, unha vez vencido o período máximo de percepción das mesmas, permanezan nunha situación de desprotección ou especial vulnerabilidade.

g) Unidades familiares ou de convivencia con dificultades para asumir o custo do arrendamento dunha vivenda e que foran privadas da súa vivenda habitual por danos sufridos nesta, derivados dunha circunstancia imprevisible e sobrevida, tales como incendios, inundacións, etc.

h) Unidades familiares ou de convivencia formadas exclusivamente por mozos/as cunha idade comprendida entre os 18 e os 35 anos.

2. A pertenza a un destes grupos acreditarase documentalmente ou mediante informe do servizos sociais do concello onde se atopa a vivenda ou onde resida a unidade familiar ou de convivencia ou calquera medio de proba válido en dereito que o acredite.

Artigo 11.- Entidades sen animo de lucro

Sen prexuízo do anterior, o concello tamén poderá adxudicar as vivendas incorporadas ao Programa de Vivendas Baleiras a aquelas asociacións e entidades sen ánimo de lucro para ser destinadas aos colectivos sinalados anteriormente.

A estes efectos, as entidades deberán de inscribirse no programa coma demandantes.

Artigo 12.- Determinación e ponderación de ingresos

1. Os ingresos da unidade de convivencia, determinaranse calculando o prorrateo mensual dos ingresos netos correspondentes a cada un dos seus membros durante os tres meses anteriores ao da presentación da solicitude.

2. Aos ingresos familiares determinados consonte ao anterior aplicarase, en función do número de membros da unidade familiar, o coeficiente multiplicador corrector seguinte:

- Familias de un membro: 1,00.

- Familias de dous membros: 0,90.

- Familias de tres membros: 0,80.

- Familias de catro membros: 0,75.

- Familias de cinco ou máis membros: 0,70.

3. No caso de unidades de convivencia compostas por máis dunha unidade familiar, os ingresos de cada unidade familiar, computados e ponderados conforme aos apartados anteriores, sumaranse e o resultado deberá estar comprendido dentro do límite máximo de ingresos para acceder a este programa.

Artigo 13.- Renda máxima segundo nivel de ingresos

As unidades familiares ou de convivencia que reúnan os requisitos e condicións establecidas neste acordo, poderán optar ás vivendas en réxime de arrendamento incorporadas ao Programa de vivendas baleiras cuxo prezo de renda mensual non sexa superior ao 30% dos seus ingresos, salvo nos casos excepcionais previstos neste acordo.  Esta situación que deberá ser comprobada e certificada polo concello, quedará debidamente acreditada no expediente de adxudicación da vivenda.

CAPÍTULO II.- REXISTRO MUNICIPAL DE SOLICITANTES DE VIVENDA

Artigo 14- Solicitude de incorporación

1. Todas as unidades familiares ou de convivencia que queiran acceder a vivendas en réxime de arrendamento incorporadas ao Programa de vivendas baleiras deberán solicitalo ante o Concello.

2. O Concello anotará nun rexistro municipal creado ao efecto, aos solicitantes asignándolles un numero de orde e coa indicación de alegación de pertenza a algún dos colectivos prioritarios definidos no artigo 10.

3. Na adxudicación da vivenda terase en conta o citado número de orde, xunto coa necesidade de casar as características da unidade de convivencia coa das vivendas de alta no programa e a renda mensual. Poderá valorarse, tamén, a necesidade urxente de vivenda nos casos de emerxencia social.

4. A solicitude realizarase no modelo que figura como Anexo II a este acordo e xunto con ela deberá presentarse debidamente a documentación sinalada no artigo seguinte.

5. Calquera variación nas circunstancias persoais ou económicas da unidade familiar ou de convivencia que se produza con posterioridade á solicitude inicial de incorporación ao programa será comunicada de xeito oficial, mediante a achega da documentación que a acredite.

Artigo 15.- Documentación

1. Xunto coa solicitude deberá acompañarse a documentación xeral e maila específica para determinados colectivos que se relacionan nos apartados 2 e 3 deste artigo.

2. Documentación xeral:

a) Acreditación dos ingresos netos correspondentes a cada un dos seus membros durante os tres meses anteriores ao da presentación da solicitude.

b) Fotocopia do DNI ou NIE de todas as persoas membros da unidade familiar ou de convivencia; no caso de fillos menores de idade que non teñan DNI, fotocopia do Libro de Familia; e no caso de estranxeiros NIE.

3. Documentación específica para determinados colectivos:

a) Mulleres vítimas de violencia de xénero. Para a acreditación da dita situación deberá aportarse algún dos seguintes documentos:

- Certificación da orde de protección ou medida cautelar, testemuño ou copia autenticada da secretaría xudicial da propia orde de protección ou medida cautelar.

- Sentenza de calquera orde xurisdicional, que declare dita situación.

- Informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de violencia.

- Informe dos servizos de acollida.

- Certificación e/ou informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración Pública Autonómica ou Local.

- Calquera outro que se estableza legal ou regulamentariamente para a acreditación da dita situación.

b) As familias numerosas: acreditación da condición de familia numerosa .

c) As familias monoparentais con fillos: acreditación da citada condición.

d) As persoas dependentes ou con discapacidade oficialmente recoñecida: certificación de dependencia ou discapacidade expedida polos correspondentes servizos da Consellería de Política Social.

e) Persoas perceptoras de prestacións: certificación ou informe sobre a contía da prestación percibida.

f) No seu caso, documentación acreditativa da perda do dereito ao uso da vivenda na que residiran con anterioridade (demanda ou sentenza de desafiuzamento en calquera instancia xurisdicional, etc), ou da perda das condicións de habitabilidade da vivenda (informe do técnico municipal).

4. Declaración xurada de non ter, a persoa solicitante nin ningún outro membro da unidade de convivencia, unha vivenda en propiedade, a menos que non dispoña do seu uso e disfrute, nin do usufruto doutra vivenda en todo o territorio nacional. O concello poderá solicitar un índice de titularidades rexistrais inmobiliarias da persoa solicitante, ou da súa unidade de convivencia,  no caso de consideralo necesario.

Artigo 16.- Causas de baixa no rexistro de solicitantes de vivenda.

1. Serán causas de baixa no rexistro de demandantes as seguintes:

a) Deixar de cumprir os requisitos establecidos nestas bases.

b) Ter renunciado por dúas veces a vivendas adxudicadas ao abeiro deste programa. Non se poderán volver a anotar ata que transcorra un ano desde a data da última renuncia.

Para ditos efectos, non se terán en conta as renuncias nas que concorra algunha das causas xustificadas como que a vivenda está situada nunha zona alonxada do entorno familiar, laboral ou asistencial, sempre que quede suficientemente acreditada a especial dificultade que iso suporía para a vida cotián da unidade familiar ou de convivencia.

c) Non ocupar a vivenda no prazo dun mes desde a subscrición do contrato de arrendamento, salvo causa de forza maior.

d) Ter resolto o contrato formalizado ao amparo do programa de vivendas baleiras por falta de pago da renda do arrendamento da vivenda ou por calquera outra causa imputable á arrendataria. Nestes supostos, non se poderán volver a anotar  no Rexistro ata que transcorra 1 ano desde a data da desocupación ou desaloxo da vivenda incorporada ao Programa.

2. A celebración dun contrato de arrendamento ao abeiro do Programa de vivendas baleiras producirá a baixa automática no rexistro.

TÍTULO III. PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN E RELACIÓN ARRENDATICIA

CAPÍTULO I.- PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN E ADXUDICACIÓN

Artigo 17.- Principios xerais

1. A selección de arrendatarios e a adxudicación de vivendas incorporadas ao Programa de vivendas baleiras realizarase entre as unidades familiares e de convivencia que reúnan os requisitos establecidos nas presentes bases e de acordo cos seguintes principios e criterios:

· Publicidade, concorrencia competitiva, transparencia e obxectividade.

· Correspondencia da renda do aluguer co nivel de ingresos da unidade familiar ou de convivencia, segundo o sinalado neste acordo.

· Máxima adecuación das vivendas ás preferencias, características e composición da unidade familiar ou de convivencia.

· Valoración das necesidades de emerxencia que precisen dunha urxente adxudicación.

2. Terán prioridade para ser adxudicatarios as unidades familiares ou de convivencia pertencentes aos colectivos prioritarios definidos nas bases da convocatoria, ou con necesidade urxente de vivenda nos casos de emerxencia social.

Artigo 18.- Procedemento de selección de arrendatarios e adxudicación de vivendas

1. A selección de potenciais arrendatarios realizarase entre as unidades familiares ou de convivencia anotadas no Rexistro, consonte aos principios e criterios de prioridade e preferencia sinalados nas presentes bases.

2. O concello poderá verificar o cumprimento dos requisitos das unidades familiares ou de convivencia que resulten seleccionadas e, no seu caso, requirir a documentación que sexa precisa para a comprobación das circunstancias alegadas, no caso de non telo feito antes.

3. A persoa que ostente a alcaldía do concello, ou aquela en quen delegue, adxudicará as vivendas de acordo aos criterios mencionados no artigo 14º.3, e comunicarallo á persoa adxudicataria para que acepte ou rexeite a solicitude no prazo máximo de cinco días hábiles.

4. Unha vez aceptada a adxudicación, procederase á formalización do contrato de arrendamento de acordo co establecido no artigo 19.

5. Nos supostos en que os ingresos das unidades solicitantes non acaden o IPREM poderase proceder, a criterio do correspondente órgano municipal, a valorar a posibilidade de adxudicación excepcional de acordo ao establecido no artigo 9.a)

6. De acordo ao establecido no artigo 11, os concellos tamén poderán adxudicar as vivendas incorporadas ao Programa de Vivendas Baleiras a aquelas asociacións e entidades sen ánimo de lucro para ser destinadas aos colectivos sinalados anteriormente.

7. Unha vez asinado o contrato a unidade de convivencia beneficiaria deberá empadroarse na vivenda adxudicada.

CAPÍTULO II.- CONTRATO DE ARRENDAMENTO E RELACIÓN ARRENDATICIA

Artigo 19.- Formalización do contrato de arrendamento

1. O contrato de arrendamento será formalizado por escrito no modelo-tipo que figura como ANEXO III e asinarase pola arrendadora e a arrendataria, debéndose presentar unha copia na correspondente oficina municipal o mesmo día da súa sinatura, de non terse realizado a sinatura nas propias dependencias municipais

2. Ao contrato de arrendamento xuntarase o inventario da vivenda, asinado por ámbalas dúas partes en proba da súa conformidade co estado e condicións de ocupación da vivenda. Así como unha declaración responsable de tódalas persoas integrantes da unidade familiar ou de convivencia que residirán na vivenda.

3. Cando para a determinación dos requisitos de renda se teñan en conta os ingresos de máis dunha persoa integrante da unidade de convivencia, o contrato de arrendamento será asinado por todos eles, asumindo expresamente de xeito solidario a responsabilidade que se puidera derivar polo impago da renda

4. No momento da formalización do contrato, a persoa arrendataria aboará a primeira mensualidade por adiantado,e fará entrega da fianza en contía equivalente a unha mensualidade da renda. A parte arrendadora deberá proceder ao seu depósito no correspondente servizo do IGVS, na mesma data da sinatura do contrato, entregando unha copia do resgardo para o arquivo no correspondente expediente.

5. A formalización do contrato será comunicada  ao IGVS de acordo ao establecido nos protocolos asinados coas compañías aseguradoras para que proceda a activar as coberturas de seguro vixentes. Esta comunicación deberá estar acompañada dun certificado municipal de cumprimento dos requisitos esixidos.

Artigo 20.- Condicións básicas do contrato de arrendamento

1. Serán requisitos e condicións necesarias que deberán de constar de modo expreso nos contratos que se subscriban ao amparo do Programa de Vivendas Baleiras, as seguintes:

a. A vivenda deberá destinarse a domicilio habitual e permanente da arrendataria e de todos os compoñentes da súa unidade familiar ou de convivencia, durante toda a vixencia do contrato.

b. Non ter relacións de parentesco en primeiro ou segundo grado de consanguinidade ou afinidade coa arrendadora. Ou, no seu caso, non ser socio ou partícipe da persoa xurídica que actúa como arrendadora.

c. A arrendataria, agás por causa de forza maior, deberá ocupar a vivenda no prazo dun mes desde a data de efectos do contrato de arrendamento.

d. A arrendataria non poderá ceder nin subarrendar, total ou parcialmente, a vivenda.

e. O contrato de arrendamento terá unha duración inicial dun ano, e prorrogarase obrigatoriamente por períodos anuais ata acadar unha duración de tres anos, agás que a arrendataria manifeste a arrendadora, e ao concello, con 45 días de antelación, como mínimo, á data de terminación do contrato ou de calquera das súas prórrogas, a súa vontade de non renovalo.

f. A renda pactada non poderá ser superior á taxada polo concello, e poderá ser actualizada anualmente aplicando a variación porcentual do Índice Xeral Nacional do Sistema de Índices de Prezos de Consumo (IPC), de acordo co establecido no artigo18 da Lei de Arrendamentos Urbanos.

g. A renda deberá aboarse en pagos mensuais anticipados, dentro dos dez primeiros días de cada mes, na conta que se designe ao efecto

h. Os gastos xerais para o adecuado sostemento do inmoble, servizos, tributos, cargas e responsabilidades, serán a cargo da arrendadora, incluíndo neste concepto, das cotas da Comunidade de Propietarios, así como o importe do Imposto de Bens Inmobles (IBI).

i. Os pagos dos subministros da vivenda, incluída a recollida de lixo, serán a cargo da arrendataria.

j. A prohibición da percepción de sobreprezos ou cantidades distintas á renda do aluguer pactada no contrato de arrendamento

k. A arrendataria deberá cumprir os deberes impostos pola Lei de Arrendamentos Urbanos, en especial, os relativos ao uso e conservación da vivenda; así como respectar e observar as normas esenciais de convivencia e os estatutos e normas de réxime interno da Comunidade de Propietarios.

l. As obras de reparación necesarias para a conservación da vivenda serán a cargo da arrendadora, agás as pequenas reparacións derivadas do desgaste polo uso ordinario da vivenda que serán a cargo da arrendataria.

2. Serán causas de resolución do contrato o incumprimento das obrigas establecidas no apartado 1 anterior, responsabilidade da arrendataria. En todo caso, no contrato de arrendamento deberán constar de modo expreso as seguintes causas de resolución:

a. A falta de ocupación da vivenda no prazo dun mes desde a data de efectos do contrato de arrendamento.

b. O incumprimento da obriga do pago da renda no prazo e forma segundo o establecido no apartado anterior.

c. Causar graves desperfectos na vivenda ou incumprir as normas esenciais de convivencia.

d. A non realización pola arrendadora das reparacións necesarias para conservar a vivenda en condicións de habitabilidade e de servir para o uso que se destina.

3. A solicitude de resolución anticipada do contrato de arrendamento deberá ser comunicada á persoa propietaria e ao concello, como mínimo, con dous meses de antelación.

Artigo 21.- Incidencias na vivenda ou no pagamento da renda

1. Incidencias no pagamento da renda: calquera incidencia co pagamento da renda deberá ser comunicada inmediatamente, pola persoa propietaria, á compañía de seguros de impago de rendas e ao Concello.

2. Sinistros na vivenda: a persoa inquilina, ou a propietaria, comunicarán á compañía de riscos no fogar calquera incidencia producida na vivenda. No caso de que as incidencias producidas puideran supoñer a necesidade de baixa temporal da vivenda, pola gravidade das mesmas, tamén darán comunicación ao concello, para que se poidan avaliar as medidas a adoptar.

Artigo 22.- Finalización da relación arrendaticia

Unha vez rematada a relación arrendaticia xa sexa polo cumprimento do prazo máximo establecido ou por calquera outra causa, o concello dará comunicación ao IGVS de acordo ao establecido no protocolo de actuación.

Artigo 23. Comunicación ao IGVS das altas e baixas das vivendas e dos contratos de arrendamento.

O IGVS e as compañías aseguradoras redactaran un protocolo de actuación para a comunicación das altas e baixas das vivendas e dos contratos de arrendamento, ás que deberán adaptarse as comunicacións do concello.

No citado protocolo estableceranse os prazos de comunicación das altas, baixas e prórrogas, os formatos dos arquivos e calquera outra cuestión necesaria para facilitar a xestión do programa.

Artigo 24.- Comprobación e seguimento

1. Nos diferentes procedementos previstos neste acordo o concello poderá requirir ás persoas interesadas canta documentación e información estime conveniente para valorar o cumprimento dos requisitos e demais circunstancias relevantes para a resolución do correspondente expediente. En todo caso, a resolución será denegatoria cando se comprobe a falsidade ou ocultación dos datos esixidos.

2. Así mesmo, as solicitantes poderán aportar canta documentación complementaria estimen pertinente para acreditar o cumprimento dos requisitos esixidos en cada caso.

3. Para a comprobación e seguimento do mantemento dos requisitos e cumprimento das obrigas derivadas da incorporación ao programa, da posta a disposición das vivendas e da relación arrendaticia, o concello poderá realizar tódalas actuacións de comprobación e inspección que estime oportunas conducentes ao dito fin.

4. As persoas titulares das vivendas e as unidades convivencia teñen a obriga de facilitar dita labor de comprobación e inspección, permitindo a entrada na vivenda aos axentes das aseguradoras contratadas polo IGVS para o desenvolvemento do Programa de Vivendas Baleiras, cando o caso así o requira.”

O que se publica aos efectos oportunos.

En Trabada, a 11 de abril de 2017.

A Alcaldesa

Asdo. Mayra García Bermúdez.

 

 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Siguiente > Fin >>

Página 15 de 35
Sede electrónica
Infraestructuras, espacios naturales, arquitectura... conoce Trabada a través de imágenes
¿Qué tiempo va a hacer hoy en Trabada? Conoce la predicción meteorológica
Teléfonos de interés: Ayuntamiento 982 13 50 11 Centro de Salud 982 13 53 00

ENCUESTAS

¿Desde dónde visita nuestro portal web?
 
© Concello de Trabada