| 
		Martes, 01 Setembro 2015 08:44	 | 
 
O venres, 4 de setembro ás 20h teremos o I Encontro co escritor Gonzalo Moure Trénor na Biblioteca Municipal de Trabada. Gonzalo Moure Trénor, é un escritor dedicado á literatura xuvenil, campo no que gañou premios tan importantes como o Gran Angular, o Ala Delta, o Primavera ou o Barco de Vapor, entre outros. Antes de dedicarse por completo á escritura, Moure traballou como periodista, guionista e publicista. A súa obra é coñecida pola atención que presta a problemas de tipo social e tamén á relación entre pais e adolescentes. Actualmente vive en Asturias, indo a bibliotecas, institutos e colexios para dar charlas sobre os seus libros. Cabe constatar tamén a gran labor de cooperación que realiza, dando a coñecer ós xóvenes a situación do Sáhara Occidental, así como a través del Bubisher, un bibliobús que no seu primeiro ano de vida visitou todas as aulas dos campamentos! Esperámosvos! 
  
 
 
  | 
 
 
 
		 
		 | 
	
		
		
										
				
	| 
				
						Noticias									
					 | 
 
	| 
		Luns, 08 Agosto 2016 13:04	 | 
 
| 
 EN DATA 23 DE XUÑO DE 2016 ASINOUSE CONVENIO DE COLABORACION SUSCRITO ENTRE O CONCELLO DE TRABADA E A CONSELLERIA DE MEDIO RURAL PARA A PARTICIPACION NA PREVENCION E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS DURANTE OS ANOS 2016, 2017 E 2018, COFINANCIADO PARCIALMENTE CO FONDO EUROPEO AGRICOLA DE DESENVOLVEMENTO RURAL ( FEADER) NO MARCO DO PDR DE GALICIA 2014-2020 
COA SUSCRIPCION DO CITADO CONVENIO  SE DISPON DE UNHA BRIGADA DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS COMPOSTA DE CINCO MEMBROS DURANTE TRES MESES , A OPERATIVIDADE DA MOTOBOMBA CON TRES CONDUCTORES DA MESMA DURANTE 2,5 MESES  E TAREFAS DE PREVENCIÓN CON MEDIOS MECANICOS. 
O IMPORTE ANUAL DESAGREGADO DAS AXUDAS EN IMPUTACION ANUAL ASCENDE A 27.897,12 EUROS PARA A XUNTA DE GALICIA , 21.007,50 EUROS ANO PARA O FEADER. ADEMAIS OS TRABALLOS PREVENTIVOS SERÁN COFIANANCIADOS POLO FERADER NUN 75%, POLA ADMINISTRACION XERAL DO ESTADO NUN 7,5% E NUN 17,50% POLA XUNTA DE GALICIA. 
  
   
  | 
 
 
 
	| 
				
						Noticias									
					 | 
 
	| 
		Xoves, 04 Agosto 2016 11:16	 | 
 
| 
 CONTRATACION  PERSOAL LABORAL TEMPORAL 
CONDUCTOR DE MOTOBOMBA MUNICIPAL DE PREVENCION E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS 
RESULTADO DO CONCURSO (SEGUNDO PROCESO) 
  
  
  
| 
 Posición 
 | 
 Aspirante 
 | 
 Experiencia laboral 
 | 
 Cursos formación 
 | 
 Coñecemento lengua galega 
 | 
 Total 
 | 
 
| 
 1 
 | 
 JOSE MANUEL PARDO BELLO  
 | 
 1.65  
 | 
 020 
 | 
 0.25 
 | 
 2.10 
 | 
 
| 
 2 
 | 
 ALEJANDRO GARCIA COTARELO  
 | 
 0.00 
 | 
 0.00 
 | 
 0.00 
 | 
 0.00  
 | 
 
 
  
  
  
  
INADMITIDOS:  don ANTONIO SERGIO JANEIRO PALMEIRO . 
  
De conformidade coa base 9.5 das de selección CONVÓCANSE  a Don José Manuel Pardo Bello  para que asista ás probas físicas de esforzo e ao recoñecemento médico o día 08 de agosto , a partir das 11.30 horas na clínica FREMAP , na rúa Enriqueta Otero nº 2, 27002 LUGO 
  
  
En Trabada, a 4 de agosto  de 2016. 
  
A Alcaldesa  | 
 
 
 
 | 
														
				
	| 
		Martes, 01 Setembro 2015 07:04	 | 
 
| 
 A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica no DOG núm. 166 do 01/09/2015 a ORDE do 25 de agosto de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16. 
O importe da axuda é de 50 €, para aquelas unidades familiares cuxa renta per cápita (isto é, a renda familiar dividida entre o número de membros) sexa igual ou inferior a 5.400 €. 
O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 1 de outubro.  | 
 
 
 
	| 
				
						Noticias									
					 | 
 
	| 
		Mércores, 03 Agosto 2016 11:15	 | 
 
| 
 O Concello de Trabada está a licitar  o contrato administrativo de obra " Mellora de camiños municipais de acceso a explotacions agrarias no Concello de Trabada",  incluido no Plan Marco de Mellora de Camiños de Acceso a expoltacions Agrarias 2016. PDR GALICIA 2014-2020. 
A actuación é financiada  ao abeiro da Resolución de 25 de xaneiro de 2016 , ascendendo a cuantía da axuda a 61.425 euros,  do que se informa en cumprimento das obrigas de información e publicidade reguladas no anexo III do Regulamento ( UE) nº 808/2014, da Comision, de 17 de xullo. 
FEADER : EUROPA INVISTE NO RURAL 
        | 
 
 
 
 | 
								
		 
		 
	 | 
	| 
		
	 | 
	
		<< Inicio < Anterior 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 Seguinte > Final >>		
  
	 | 
	| 
		Páxina 27 de 35	 |