Xoves, 22 Outubro 2015 12:30 |
Xornadas técnicas que se celebrarán en Ribadeo, no CFEA Pedro Murias de Ribadeo:
- Unha sobre eficiencia enerxética nas explotacións de vacún de leite
- Outra sobre introdución á cubicación de madeira
Os interesados poderán realizar a inscrición no propio centro. Os prazos rematan os días de comezo das xornadas.


|
Mércores, 14 Outubro 2015 12:29 |
O próximo martes, 20 de outubro ás 20.30h no salón de actos da Casa da Cultura,
informaremos sobre a posibilidade de impartir clases no noso Concello
dirixidas a maiores de 18 anos, para obter o título de graduado en E.S.O.

|
Martes, 13 Outubro 2015 12:14 |
A partir do 15 de outubro, O Concello de Trabada ofrece Xornadas de Portas Abertas
para as actividades culturais, deportivas, educativas, recreativas e de ocio para todas as idades!
Mirade o horario das actividades nas que estades interesad@s en participar
e vide probalas de forma gratuíta ata o 31 de outubro!

|
Venres, 18 Setembro 2015 06:47 |
A Consellería de Traballo e Benestar publica no DOG núm. 179 do 18/09/2015 a ORDE do 11 de setembro de 2015 pola que se regula o procedemento de concesión de axudas económicas ás familias numerosas de Galicia para estadías de fin de semana e se procede á súa convocatoria para o ano 2015.
Esta orde ten por obxecto regular o procedemento de concesión de axudas económicas e a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para estadías de fin de semana nas estacións de montaña situadas no territorio da nosa Comunidade, destinadas ás familias numerosas que teñan a súa residencia en Galicia e cuxa renda non sexa superior a 7.500 € anuais per cápita (isto é, a renda total anual dividida entre o número de integrantes da unidade familiar).
O prazo de solicitude remata o 18 de outubro de 2015. |