| 
   
  
BASES I EDICION “CANTOS DE TABERNA TRABADA” 
O   Concello de Trabada en colaboración cos establecementos con actividade gastronómica do termo municipal de Trabada, convoca e organiza  a I EDICION “ CANTOS DE TABERNA TRABADA”, cuia finalidade é dinamizar  o sector hosteleiro de Trabada, no que participan todos os establecementos de Hostelería do Concello de Trabada legalmente establecidos  , e nesta edición, en  concreto, Mesón Camiño Norte, Taberna da Curuxeira, Bar O Porfirio e Bar Villapol  de  conformidade coas seguintes.  
  
BASES I EDICIÓN “CANTOS DE TABERNA TRABADA” 
  
- Os grupos participantes estarán formados por un mínimo de 5      persoas e un máximo de 10 persoas que irán acreditadas de xeito visible. A      participación no concurso estará limitado a 6 grupos e/ou un máximo de 60      persoas en total. 
 
 
  
- A inscrición é de balde e realizarase a través dos enderezos      electrónicos 
 Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
  ou no teléfono 982135011. O límite de      prazo de inscrición será o 20  de      xaneiro de 2018. 
 
 
  
- Para a inscrición deberá achegar a ficha de solicitude que      estará dispoñible en www.trabada.es 
 
 
  
-  O evento      desenvolverase o venres, 2 de febreiro a partir das 20:00h. 
 
 
  
- Cada grupo percorrerá o itinerario que a organización lle      marque. Os grupos deberán seguir as indicacións que hostaleiro/a lle      indique para a súa mellor ubicación dentro de cada local. 
 
 
  
- Cada grupo disporá de 30 minutos de actuación en cada local      que lle se sexa asignado. O repertorio será de libre escolla,      preferentemente con temas populares e tradicionais.
 
 
  
-  Cada grupo poderá      aportar, xunto coas voces que serán obrigatorias, instrumentos musicais      que os acompañen (acordeón, guitarra, instrumentos de vento e/ou percusión      tradicional), en ningún caso aumentando esta circunstancia o límite no      número de integrantes. 
 
 
  
- Os integrantes dos grupos estarán convidados a unha      consumición básica en cada local do seu itinerario (viño corrente,      cervexa, refresco ou auga), o resto deberán aboalo. 
 
 
  
- Cada grupo disporá dun “pasaporte” que selarán en cada      establecemento e que será o único medio de acreditación de ter realizado o      percorrido. 
 
 
  
- Os integrantes de todos os grupos, unha vez finalizados os      recorridos, en torno ás 23.30h quedarán convidades a unha cea conxunta.
 
 
  
- A organización comunicará por correo electrónico, coa      suficiente antelación, o percorrido e data para a recollida do material. 
 
 
  
 INSCRICIÓN CANTOS DE TABERNA DE TRABADA 
  
Grupo_____________________________________________________ 
  
Número de compoñentes______________________________________ 
  
Persoa de contacto___________________________________________ 
  
Email_____________________________________________________ 
  
Teléfono de contacto_________________________________________ 
  
Nomes e apelidos dos integrantes: 
  
1._________________________________________________________ 
  
2._________________________________________________________ 
  
3._________________________________________________________ 
  
4._________________________________________________________ 
  
5._________________________________________________________ 
  
6._________________________________________________________ 
  
7._________________________________________________________ 
  
8._________________________________________________________ 
  
9._________________________________________________________ 
  
10.________________________________________________________ 
  
Trabada, a ____ de xaneiro de 2018. 
  
O representante. 
  
  
  
  
Asdo.:________________________________ 
  
  
  
			 |