Concello de Trabada

Concello de Trabada - Xunta de Galicia - Consellería de Innovación e Industria - Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información
Xoves, 15 Novembro 2018  
I FESTA GASTRONÓMICA DA ENFARIÑADA PDF Imprimir
Venres, 04 Maio 2018 19:30

O Concello de Trabada, celebra por primeira vez, a Festa gastronómica da Enfariñada.
Celebramos esta cita coa finalidade de dar a coñecer e atraer visitantes a degustar o prato típico de Trabada.
Un prato elaborado con fariña de trigo, ovos, auga, leite, torreznos e sal.
O evento dará comezo sobre as 12h, xa que contaremos con seis postos de artesanía e cunha demonstración de cestaría.
Esta demostración é ao abeiro do programa da Deputación de Lugo de promoción da artesanía.
Tampouco vai faltar a música tradicional. A través do programa musiqueando da Deputación de Lugo contaremos co grupo tradicional Son de Lugh.
A partir das 13.30h poderase degustar a enfariñada, que elaborará a Asociación de Mulleres Rurais "Marco da Pena Verde", tal e como facían as nosas avoas,
lentamente e co cariño das nosas cociñeiras de Trabada; e a bebida serviráa o Club Trabada Futsal.
Así pois, o que intentamos sempre é implicar o tecido asociativo do noso Concello, en definitiva os nosos veciños e veciñas, en algo como é a difusión das nosas tradicións e da nosa cultura.
Finalmente, ás 16h, teremos a actuación da cantante Iria Estévez que nos presentará o seu concerto "Camiños do Fado", ao abeiro do programa Cultura no Camiño da Xunta de Galicia.
 
Sede electrónica
Infraestruturas, espazos naturais, arquitectura... coñece Trabada en imaxes
¿Que tempo vai facer hoxe en Trabada. Coñece a predicción meteorolóxica.
Teléfonos de interese: Concello 982 13 50 11 Centro de Saúde 982 13 53 00

ENCUESTAS

Dende onde visita o noso portal?
 
© Concello de Trabada