Concello de Trabada

Concello de Trabada - Xunta de Galicia - Consellería de Innovación e Industria - Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información
Xoves, 15 Novembro 2018  
BASES DE CONVOCATORIA PARA A CONSTITUCION DA BOLSA DE TRABALLO DE AUXILIARES DE AXUDA NO FOGAR DO CONCELLO DE TRABADA, PDF Imprimir
Mércores, 27 Xuño 2018 06:48

RESOLUCION DA ALCALDIA Nº 165/2018, de 26 de xuño

Vista a Resolución da Alcaldía nº 57/2017, de 20 de marzo de 2017 pola que se aproban as BASES DE CONVOCATORIA PARA A CONSTITUCION DA BOLSA DE TRABALLO DE AUXILIARES DE AXUDA NO FOGAR DO CONCELLO DE TRABADA, e vista a resolución da Alcaldía de Nº 133/2018, DE 4 DE XUÑO

En data 15 de xuño de 2018 publícase no Boletín Oficial da Provincia de Lugo anuncio ao respecto, abrindo prazo de presentación de instancias. Igualmente foi anunciado na páxina web do Concello , taboleiro de anuncios e na sede electrónica do mesmo.

Durante o prazo establecido presentaron instancias de participación as seguintes persoas solicitantes:

Nome a apelidos

Nº Rexistro Entrada

DNI

Mónica Quintana Fernández

2018-E-R-1121

34636690R

Rubén Romero Méndez

2018-E-R-1124

34881636C

Alicia Conde Díaz

2018-E-R-1179

71870217R

Laura Fernández Fernández

2018-E-R-1192

34881233P

Revisada a documentación presentada polas aspirantes, con especial análise da cláusula 5 c) das bases que rexen a selección en relación coa Resolución de 3 de novembro de 2015 da Secretaria de Estado de Servizos Sociais e Igualdade polo que se publica o acordo do Consello Territorial de Servizos Sociais e do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia .

De conformidade coas bases que regulan a selección, esta Alcaldía, en exercicio das competencias legalmente atribuídas polos  artigos 21 da Lei 7/1985, reguladora das bases do Réxime Local e artigo 61  da Lei 5/1997, de Administración Local de Galicia, VEÑO EN RESOLVER :

PRIMEIRO.- Aprobar o listaxe definitiva de admitidas e excluídas ao proceso selectivo para a formación da bolsa de emprego de auxiliares de axuda no fogar mediante o procedemento de concurso – oposición convocado por Resolución de 133/2018, de 4 de xuño.

A relación completa de aspirantes así como a relación de persoas excluídas , xunto co  defecto motivador da exclusión ,  exporase no taboleiro de anuncios e na páxina Web do Concello:

ASPIRANTES ADMITIDAS

Mónica Quintana Fernández

Rubén Romero Méndez

Alicia Conde Díaz

Laura Fernández Fernández

ASPIRANTES EXCLUIDAS: ningunha

SEGUNDO .- De conformidade co establecido no apartado 8 da base , por non haber aspirantes excluídas, a lista quedará elevada a definitiva automaticamente.

TERCEIRO .- Designar o seguinte Comisión de Avaliación e Selección , conforme ao establecido no  apartado 9 das bases da Convocatoria :

Presidencia: Dona Ana Gonzalez Díaz, Traballadora Social Concello de Trabada .

Secretaria: Dona María del Carmen Fernández , auxiliar de axuda no fogar, persoal laboral fixa Concello de Trabada.

Vogalías titulares:

Dona Yolanda Amor Fernández , auxiliar axuda no fogar, persoal laboral fixa Concello de Trabada

Dona Verónica Rodríguez Fernández, auxiliar de axuda no fogar, persoal laboral fixa Concello de Trabada.

Dona Laura García Delantero, AEDL do Concello da Pontenova, persoal laboral fixo.

CUARTO.-  O Tribunal Cualificador  reunirase o XOVES 28 DE XUÑO DE 2018 ás 17,00 horas, valorando en primeiro termo a fase do  concurso.

QUINTO.- Convocar as  aspirantes admitidas á realización das probas da fase de oposición para o XOVES 28 DE XUÑO DE 2018 ÁS 17,30 HORAS na Casa da Cultura do Concello de Trabada.

SEXTO.- Ordenar a publicación da presente  no Taboleiro de  Anuncios da Corporación e na páxina Web do Concello.

Contra a designación do  Tribunal Cualificador poderá interpoñerse, con carácter potestativo, recurso de reposición ante a Alcaldesa de Trabada no prazo de un mes dende a súa publicación no Taboleiro de Anuncios, ou ben recurso contencioso- administrativo, no prazo de dous meses dende dita publicación, ante o órgano xurisdicional competente, de conformidade co disposto na Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común e Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da Xurisdición Contencioso- Administrativa, significándose que no caso de interpoñer recurso de reposición non se poderá interpoñer o contencioso –administrativo en tanto aquel non sexa resolto expresamente ou se producira a desestimación presunta do mesmo.

En Trabada, a 26 de xuño de 2018.

A Alcaldesa.

Asdo. Mayra García Bermúdez.

 
Sede electrónica
Infraestruturas, espazos naturais, arquitectura... coñece Trabada en imaxes
¿Que tempo vai facer hoxe en Trabada. Coñece a predicción meteorolóxica.
Teléfonos de interese: Concello 982 13 50 11 Centro de Saúde 982 13 53 00

ENCUESTAS

Dende onde visita o noso portal?
 
© Concello de Trabada