BASES XEFE BRIGADA 2017 |
Noticias | |||||||
Xoves, 29 Xuño 2017 13:30 | |||||||
POR MEDIO DA PRESENTE SE PUBLICA CONVOCATORIA E AS BASES QUE REXIRAN O PROCESO DE SELECCION DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL , UN XEFE DE BRIGADA DE PREVENCION E EXTINCION DE INCENDIOS DE 2017, MEDIANTE CONCURSO. O PRAZO PARA INICIAR A PRESENTACION DE SOLICITUDES EMPEZA DENDE AS 8.00 HORAS DO LUNS DIA 3 DE XULLO DE 2017 E REMATA ÁS 15.30 HORAS DO VENRES DIA 7 DE XULLO DE 2017.
DECRETO DA ALCALDÍA NÚM. 153 /2017 DO 29 DE XUÑO
Visto o Convenio de Colaboración suscrito entre a Consellería de Medio Rural e o Concello de Trabada para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais durante os anos 2016, 2017 e 2018, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agricola de Desenvolvemento Rural ( FEADER) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, de data 23 de xuño de 2016. Visto que de conformidade co citado convenio , debido á especificidade dos traballos a realizar, priorizaranse os candidatos que teñan experiencia nas tarefas de extinción de incendios forestais, polo que se considera que o procedemento que mellor se axusta é o concurso. Sendo necesario proceder á contratación laboral temporal baixo a modalidade de obra ou servizo, de un xefe de brigada municipal de prevención e defensa contra incendios forestais, campaña de verán 2017, a xornada completa, ao abeiro do citado convenio , con data prevista de inicio 15 de xullo de 2017, por un período de tres meses , e á vista das competencias recoñecidas no art. 21.1.g) da LRBRL, esta Alcaldía, RESOLVE:
CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL, MEDIANTE CONCURSO, DUN XEFE DE BRIGADA MUNICIPAL DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS
BASES
1º.- NORMAS XERAIS A selección rexerase polo previsto nestas bases, Real Decreto Lexislativo 5/2015 , polo que se aproba o Texto Refundido do Estatuto básico do emprego público, Lei 2/2015, do emprego público de Galicia , Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora de bases de réxime local, Lei 5/97, de administración local de Galicia, Real Decreto lexislativo 781/86, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, Real Decreto 896/1981, de 7 de xuño, Real Decreto 364/95, Real Decreto Lexislativo 1/1995, de 24 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores e Convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural o Concello de Trabada para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais .
2º.- CARACTERÍSTICAS DO POSTO DE TRABALLO
O cometido funcional deste posto de traballo consistirá na realización das tarefas que lle sexan encomendadas polo persoal responsable dos servizos municipais correspondentes do Concello de Trabada, e polo Distrito Forestal VI, de acordo coas instrucións recibidas ao efecto. En concreto, responsabilizarase da brigada municipal encargada da vixilancia e defensa contra os incendios forestais e das labores encamiñadas á súa prevención e á diminución do risco de propagación e minimización de danos, no caso de producirse. Así actuará como responsable e coordinador do funcionamento da brigada para establecer relacións operativas e de comunicación co persoal do Distrito Forestal ao que pertenza a entidade local. Como compoñente da brigada realizará labores de prevención de incendios forestais, sempre que non sexan requeridas para a defensa destes, durante cada un dos tres meses de operatividade da mesma, con plena dispoñibilidade, incluindo nela os traballos en domingos, festivos e festas locais, asi como as quendas de noite necesarias. 3º.- DURACIÓN DO CONTRATO O contrato de traballo, de tres meses de duración, asinarase baixo a modalidade de obra ou servizo, a xornada completa, con data prevista de inicio o próximo día 15 de xullo de 2017 no horario que demande o servizo. 4º.- RETRIBUCIÓNS A retribución será de 1.000 € brutos mensuais, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias. 5º.- REQUISITOS DOS CANDIDATOS 1.- Para seren admitidos ao presente procedemento os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos: a) Ser cidadán español, sen prexuízo do establecido na Lei 17/1993, de 22 de decembro, en canto resulte de aplicación e nos termos establecidos. b) Ter unha idade comprendida entre os 18 e os 60 anos. c) Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións: Enxeñeiro de Montes, Enxeñeiro Técnico Forestal, Técnico superior en xestión e organización de recursos naturais e paisaxísticos, Técnico en traballos forestais e conservación do medio natural ou formación profesional equivalente na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes para participar na presente convocatoria. No suposto de invocar un título equivalente aos esixidos acompañarase un certificado expedido polas autoridades académicas competentes. d) Estar en posesión do carné de conducir B. e) Non padecer enfermidade ou eiva física que impida o desenvolvemento das funcións ou tarefas correspondentes á praza á que se opte. f) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas, nin estar inhabilitado por sentencia firme para o exercicio das funcións públicas. g) Non estar incurso nos supostos de incompatibilidades previstas na lexislación vixente. h) Non ter prestado servizos no Concello de Trabada con carácter temporal por un período de 20 meses nos últimos 30 meses, con independencia de que a relación laboral tivera ou non continuidade en dito período. 2.- Os anteriores requisitos, deberanse posuír con referencia ao último día do prazo de presentación de solicitudes e gozar dos mesmos durante o proceso selectivo. 3.- Será nulo o nomeamento dos que estean incursos nas causas de incapacidade específica conforme á normativa vixente. 6º.- TRAMITACIÓN 1.- O Concello de Trabada abrirá un prazo de solicitude de participación no proceso selectivo de CINCO DIAS HÁBILES a contar dende a publicación do anuncio da convocatoria . 2.- O Concello publicará a presente convocatoria mediante anuncio en prensa nun dos xornais de maior difusión no municipio. As presentes bases serán publicadas na páxina web municipal (www.trabada.es) e na sede electrónica trabada.sedelectronica.gal.
3.- Na súa formulación, a oferta non poderá conter elementos que poidan servir de base para calquera tipo de discriminación que non responda aos criterios preferenciais establecidos no convenio asinado coa Consellería do Medio Rural , en virtude do cal se realizarán as contratacións. 4.- A valoración da fase de concurso terá lugar o día 10 de xullo na Casa da Cultura de Trabada, a partir das 10.00 h. 5.- Seleccionado o traballador, será convocado para a realización dun recoñecemento médico e unha proba física de esforzo , nos termos establecidos no convenio asinado coa Consellería de Medio Rural , cuxa superación será requisito indispensable para a súa posterior contratación como xefe de brigada . De non superarse, convocarase ao seguinte aspirante que acadara unha maior puntuación, e así sucesivamente 6.- O traballador finalmente seleccionado será convocado para a realización dun curso previo de extinción de incendios forestais nos termos establecidos no convenio subscrito entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e o Concello de Trabada. 7.- O concello procederá á contratación das persoas propostas que superaran o exame médico e a proba de esforzo física baixo a modalidade de "obra ou servizo determinado”. 8.- O resultado da selección será publicado na páxina web municipal. 7º.- SOLICITUDES 1.- As solicitudes presentaranse nas oficinas municipais do Concello de Trabada, mediante o modelo de instancia que se achega como Anexo I. 2.- O prazo de presentación quedará aberto desde as 8.00 horas do día primeiro hábil posterior á inserción de anuncio da convocatoria ata as 15.30 horas do quinto día hábil. 3.- Á instancia acompañarase inescusablemente: a) Fotocopia do Documento Nacional de Identidade. b) Declaración xurada (Anexo II) c) Documentación que acredite o cumprimento dos requisitos para a participación no proceso de selección. d) Documentación acreditativa dos méritos a valorar na fase de concurso, isto é, da experiencia laboral, da formación complementaria e do coñecemento certificado do idioma galego.
4.- Os erros de feito que puideran advertirse poderán ser emendados en calquera intre, de oficio ou a petición do interesado.
5.- Os aspirantes quedan vinculados aos datos que fagan constar nas súas solicitudes, podendo demandar a súa modificación mediante escrito motivado, dentro do prazo establecido no nesta base para a presentación de solicitudes, transcorrido o cal non se admitirá ningunha petición desta natureza.
8º.- TRIBUNAL DE VALORACIÓN
Estará integrado polos seguintes membros: - Presidente: D. José Luis Reigosa Espasande, persoal laboral do Concello de Trabada. - Primeiro vogal: D. Jesús Amor Vizcaíno, persoal laboral do Concello de Trabada. - Segundo vogal: Persoal designado pola Excma Deputación Provincial de Lugo - Terceiro vogal: Persoal designado pola Excma Deputación Provincial de Lugo - Secretaria: Dna. Mª Sofía Sanmartín Novoa, secretaria do Concello de Trabada. No caso de ausencia do Presidente, será substituído polo primeiro vogal. No caso de ausencia da Secretaria, será substituída pola segundo vogal.
Aos efectos previstos no Real Decreto 462/2002 , de 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo, O Concello de Trabada farase cargo dos custos de indemnización por desprazamento a razón de 0,19 euros/kilómetro, así como das contías por asistencia a tribunais de conformidade co Anexo IV, categoría terceira.
9º.- SISTEMA DE SELECCIÓN
1.- O sistema de selección é o de concurso, cunha puntuacion máxima de cinco puntos ; o Tribunal valorará os méritos dos aspirantes admitidos baseándose na documentación aportada durante o prazo de solicitude
1.1. FASE DE CONCURSO (máximo 5 puntos ) O Tribunal valorará os méritos aportados polos aspirantes baseándose na documentación aportada durante o prazo de solicitude: Experiencia laboral (máximo 3 puntos) Os servizos prestados como xefe de brigada de incendios, coordinador técnico, capataz de GRUMIR valoraranse a razón de 0,15 puntos por mes traballado a xornada completa. A puntuación minorarase de forma proporcional en función da porcentaxe de xornada, cando esta fora parcial. Acreditarase mediante a presentación de copias da vida laboral e do/s contrato/s de traballo, ou da certificación da entidade, de forma que queden acreditadas entidade, posto de traballo, xornada e duración. Os servizos prestados como peón de brigada de incendios/GRUMIR valoraránse a razón de 0,10 puntos por mes traballado a xornada completa. A puntuación minorarase de forma proporcional en función da porcentaxe de xornada, cando esta fora parcial. Acreditarase mediante a presentación de copias da vida laboral e do/s contrato/s de traballo, ou da certificación da entidade, de forma que queden acreditadas entidade, posto de traballo, xornada e duración. Cursos de formación (máximo 1,50 puntos) Por ter realizado cursos relacionados coa protección do ecosistema e efectos de lume, comportamento do lume, técnicas de extinción, apertura dunha liña de defensa, mantemento de ferramentas, manexo da emisora, seguridade e en xeral de protección de incendios impartidos polo Instituto Nacional de Administración Pública ou calquera centro oficial autorizado para impartilos, incluídos os organizados ou promovidos polos Concellos: - Por cada curso de 60 ou máis horas de duración ou de 10 xornadas: 0,50 puntos - Por cada curso entre 30 e 59 horas de duración ou de 5 a 9 xornadas: 0,40 puntos - Por cada curso entre 10 e 29 horas de duración ou de 2 a 4 xornadas: 0,20 puntos Será acreditado mediante presentación de fotocopia do correspondente diploma ou certificado da actividade formativa, no que debe figurar a súa duración, en número de horas ou xornadas. Coñecemento da lingua galega (máximo 0,50 puntos) - Por estar en posesión do Celga 3 ou equivalente (curso de iniciación á lingua galega): 0,25 puntos - Por estar en posesión do Celga 4 ou equivalente (curso de perfeccionamento): 0,50 puntos Será acreditado mediante certificación da Dirección Xeral de Política Lingüística ou do centro educativo correspondente. 2.- Os méritos que se aleguen polos/as aspirantes acreditaranse, como data límite, o día de remate do prazo de presentación de solicitudes. Non se valorarán aqueles que non estean suficientemente acreditados documentalmente. 3.- No caso de producirse empates, o Tribunal de Valoración decidirá en función da puntuación obtida no apartado de experiencia , incluso si excedese da puntuación máxima do citado apartado . De persistir o empate se atenderá á maior experiencia como xefe de brigada sobre o de peón de brigada; de persistir o empate, atenderáse ó maior número de cursos de formación dos aspirantes nesta situación sen o límite establecido de 1,50 puntos. Si aínda así persistira, se atenderá á orde alfabética do primeiro apelido. 4.- A puntuación final será a total da obtida na fase de concurso. Será proposta para o posto de traballo convocado a persoa que acadara a maior puntuación, quedando as restantes conformando unha listaxe de reserva, ordenada segundo a puntuación obtida, aos efectos de renuncia, baixa, non superar o recoñecemento médico e/ou proba física de esforzo, ou calquera outra continxencia da persoa candidata proposta, sendo requirida a que figure na listaxe no seguinte lugar, sucesivamente, cando as circunstancias o requiran.
5.- O Tribunal de valoración reuniráse o día 10 de xullo na Casa da Cultura en Trabada, a partir das 10.00 h. Os recoñecementos médicos e as probas físicas de esforzo desenvolveránse nos días seguintes, sendo convocados polo Concello con indicación do día, hora e lugar onde se efectuarán as probas físicas e recoñecementos médicos por persoal técnico cualificado.
10º.- RESOLUCIÓN
A resolución do concurso e o nomeamento será feito pola Presidenta da Corporación Municipal, a proposta do Tribunal cualificador.
11º.- PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN
1.- A persoa proposta presentará na Secretaría do Concello, no prazo de 1 días hábil, contado a partir da publicación da relación de aprobados no Taboleiro de Anuncios de Concello, os documentos seguintes: a) Fotocopia cotexada do Documento Nacional de Identidade. b) Fotocopia cotexada do título habilitante, ou ben xustificante de ter cumpridos tódolos requisitos para a expedición do mesmo. Se estes documentos estiveran expedidos despois da data de terminación do prazo de presentación de instancias, deberá xustificar a data en que se finalizaron os correspondentes estudos. c) Fotocopia cotexada do carné de conducir B. d) Declaración xurada de non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, de ningunha Administración Pública nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas por sentencia firme. e) Declaración xurada de non estar incurso en ningunha das causas de incapacidade específica conforme á normativa vixente. f) Declaración xurada de non incorrer en ningún dos supostos de incompatibilidade establecidos na lexislación sobre a materia. g) Fotocopia cotexada da documentación acreditativa dos méritos alegados e valorados. h) Número de afiliación á Seguridade Social i) IBAN da conta bancaria da súa titularidade onde ingresar as correspondentes nóminas.
2.- A non presentación dentro do prazo fixado no parágrafo anterior da presente base da documentación antes referida, agás os casos de forza maior, ou cando da presentación dos documentos se desprenda o non cumprimento dos requisitos da convocatoria ou supostos de falsidade na instancia presentada para tomar parte no proceso selectivo, dará lugar á invalidez das actuacións do aspirante, e xa que logo, a nulidade dos actos do Tribunal en relación co aspirante e a imposibilidade de efectuar o seu nomeamento, sen prexuízo da esixencia das responsabilidades nas que puidese ter incorrido. Neste caso, a proposta considerase feita a prol dos aspirantes que, segundo a orde de puntuación obtida, teñan cabida no número de postos convocados; todo ilo como consecuencia da citada anulación.
12º.- DESIGNACIÓN E FORMALIZACIÓN DO CONTRATO 1.- Presentada a documentación polos interesados, e sendo a mesma conforme, e habendo superado o recoñecemento médico e a proba física de esforzo ao que fai referencia a base 6ª.5. das presentes, a Sra. Alcaldesa procederá á designación dos aspirantes seleccionados e procederá á formalización dos correspondentes contratos laborais.
2.- Establécese un período de proba dun mes. Transcorrido este período se a persoa da que se trate o superase satisfactoriamente, adquirirá plena eficacia o contrato subscrito. O seleccionado deberá asistir e superar os cursos de formación específicos que se impartirán por persoal cualificado.
3.- Mentres non se formalice o contrato e non se incorpore ó posta de traballo, o aspirante non terá dereito a percepción económica de ningunha clase.
4.- Quen sen causa xustificada non concorrese a formalizar o contrato na data sinalada, perderá todos os dereitos derivados da superación das probas selectivas.
13º.- INCIDENCIAS
1.- A presente convocatoria, as súas bases, e tódolos actos administrativos que dela deriven,poderán ser impugnados nos casos e na forma establecidos na Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo común das Administracions Públicas.
2. Para o non previsto nestas bases, será de aplicación a Lei 7/1985 de 2 de abril, o Real Decreto Lexislativo 781/86 de 18 de abril, o Real Decreto 896/1991 de 7 de xuño, o Real Decreto 364/1995 de 10 de marzo e a normativa laboral de aplicación.
Trabada, 29 de xuño de 2017
A alcaldesa
Mayra García Bermúdez ANEXO I INSTANCIA DE SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN EN PROCESO DE SELECCIÓN
O/a abaixo asinante solicita ser admitido/a ó concurso ao que se refire a presente instancia e declara que son certos todos os datos obrantes nela e que reúne as condicións esixidas nas Bases da devandita convocatoria que declara coñecer, comprometéndose a probar documentalmente todos os datos que figuran nesta solicitude.
Lugar e data: ……………………………………………………… Sinatura: ……………………………………………………………
SRA. ALCALDESA DO CONCELLO DE TRABADA
ANEXO II MODELO DE DECLARACIÓN XURADA
D./Dna. ………………………………………………………………………………………..………, con DNI ………………..……….…….., en relación coa oferta de emprego do Concello de Trabada de …………………………………………….……………….
DECLARO BAIXO XURAMENTO:
1. Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas, nin estar inhabilitado por sentencia firme para o exercicio das funcións públicas.
2. Non estar incurso/a en ningunha das causas de incapacidade específica conforme á normativa vixente.
3. Non incorrer en ningún dos supostos de incompatibilidade establecidos na lexislación sobre a materia.
4. Non padecer enfermidade ou eiva física que impida o normal desenvolvemento das funcións correspondentes ao posto de traballo ao que opto.
Lugar e data: …………………………………………………………….
Sinatura: ……………………………………………………………………
|