LISTA ADMITIDOS E EXCLUIDOS TECNICO OFICINA COOPERATIVISMO |
Noticias | |||
Mércores, 19 Xullo 2017 12:05 | |||
RESOLUCION DA ALCALDIA Nº 181/2017, de 19 de xullo Visto o proceso de selección para a provisión temporal dun posto de traballo de técnico da oficina local de fomento cooperativo dos Concellos de Trabada, Barreiros, A Pontenova e Riotorto en réxime de dereito laboral temporal mediante o sistema de concurso -oposición. Vistas as bases e a convocatoria do proceso de referencia, aprobadas por Resolución da Alcaldía nº 170/2017, de 6 de xullo foron publicadas mediante inserción de anuncio no periódico El Progreso de data 8 de xullo de 2017, sábado, así como na páxina web do Concello en data 7 de xullo e na mesma data na sede e na mesma data na sede electrónica do Concello de Trabada. Igualmente foi remitida oferta de emprego á oficina do Servizo Público de Colocación en data 7 de xullo de 2017 ( ºn RE 572), enviando o citado organismo en data 12 de xullo unha candidata, Hermina Carbajales Rodriguez. Durante o prazo de presentación de instancias, de dez dias naturais, que finalizou o día 18 de xullo de 2017, recibíronse dúas instancias de participación: Nº RE 1306, de data 14/07/2017, Dona Herminia Carbajales Rodriguez . Nº RE 1319, de data 17/07/2017, Dona Yolanda Camacho Gómez. Vista a proposta emitida en data 19 de xullo de 2017 pola Secretaria-Interventora sobre declaracion de candidatas excluidas por non cumprir os requisitos esixidos para a participación no proceso, requisitos derivados da Orde da Consellería de Economía, Emprego e Industria de data 26 de xaneiro de 2017 que financia a actuación. De conformidade co indicado na base sexta das que regulan o proceso de selección, esta Alcaldía, en exercicio das competencias legalmente atribuidas polos artigos 21 da Lei 7/1985, reguladora das bases do réxime local e artigo 61 da Lei 5/1997, de Administración Local de Galicia, RESOLVIN: PRIMEIRO.- Aproba a lista provisional de aspirantes admitidos e excluidos, dispoñendo a súa publicación no Taboeiro de Edictos da Corporación, páxina web e sede electrónica, aos efectos de que durante tres días hábiles os memsos poidan efectuar enmenda do defecto que motivou a exclusión; transcurrido o citado prazo a Alcaldesa dictará resolución de aprobación de lista definitiva, coas correccions que procedan. De non presentarse ningunha, a lista provisional se entenderá elevada automaticamente a definitiva, e contra a mesma se poderá interpoñer recurso de reposicion no prazo de un mes ou directamente contencioso-administrativo no prazo de dous meses de conformidade coa normativa vixente. CANDIDATOS ADMITIDOS Ningún CANDIDATOS EXCLUIDOS Nome e apelidos DNI Causa exclusión Herminia Carbajales Rodriguez 76938281s Non ten a titulación de licenciatura ou grao en Economía, Administración e Dirección de Empresas, Dereito ou titulacions ou grados mixtos que as inclúan Non acredita formación en materia de cooperativismo cunha duración mínima de 60 horas. Yolanda Camacho Gómez 77721504L Non acredita coñecemento da lingua galega Non acredita formación en materia de cooperativismo cunha duración mínima de 60 horas En Trabada, a 19 de xullo de 2017, A Alcaldesa. Asdo. Mayra Garcia Bermudez.
|