COMUNICACIÓNS E AUTORIZACIÓNS DE QUEIMA |
Noticias | |
Luns, 08 Marzo 2010 11:15 | |
Precísanse Comunicacións de Queima para a queima de restos agrícolas amoreados en terreos agrícolas situados a menos de 400 metros do monte. Deben facerse cunha antelación mínima de dous días. Precísanse Autorizacións de Queima para a queima de restos forestais, amoreados ou non, de matogueiras, pasteiros, cercados ou similares, así como de calquera outro tipo de queima non incluída nas anteriores. Deben solicitarse cunha antelación mínima de 7 días. Tanto as Comunicacións coma as Autorizacións faranse chamando ó teléfono: 902 112 000 De Luns a Venres: de 8 da mañá a 8 da tarde. Sábados, Domingos e Festivos: de 8 da mañá a 2 da tarde.
|