Concello de Trabada

Concello de Trabada - Xunta de Galicia - Consellería de Innovación e Industria - Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información
Sábado, 12 Outubro 2024  
Tablón del Ayuntamiento
CONDUCTOR MOTOBOMBA SEGUNDA CONVOCATORIA RESULTADO PDF Imprimir
Noticias
Venres, 21 Xullo 2017 10:39

Dase conta da relación de admitidos:

ASPITANTES ADMITIDOS

MANUEL BARGUEIRAS LOPEZ

MANUEL RAMALLAL LOPEZ

DEMETRIO A. PARDEIRO OROSA

Iníciase a valoración dos méritos alegados polos aspirantes admitidos de conformidade co  establecido na cláusula novena das bases que rexen a selección :

Aspirante

Experiencia laboral

Cursos formación

Coñecemento lengua galega

Total

MANUEL BARGUEIRAS LOPEZ

0.30

0

0

0.30

MANUEL RAMALLAL LOPEZ

0.45

0.60

0.25

1.30

DEMETRIO A. PARDEIRO OROSA

0

0

0

0.00

Á vista do resultado, o Tribunal de Selección efectúa pronunciamento sobre a puntuación final resultante da fase do concurso, e se propón o seguinte listado de candidatos propostos para os postos de traballo conforme as seguintes puntuacións   e orde de preferencia, aos efectos de ser  convocados para a realización da proba de recoñecemento médico e física de esforzo:

1.- Manuel Ramallal López.

2.- Manuel Bargueiras López.

 

3.- Demetrio A. Pardeiro Orosa

Trabada, a 21 de xullo de 2017.

 

 
CONVOCATORIA PEON INCENDIOS 2017 PROBA FISICA E ESFORZO PDF Imprimir
Noticias
Venres, 21 Xullo 2017 07:37

RESPECTO DO PROCESO DE SELECCION DE PEONS PARA A BRIGADA DE INCENDIOS DO CONCELLO DE TRABADA CAMPAÑA 2017 INFORMASE QUE POR RENUNCIA DO CANDIDATO QUE OCUPABA O TERCEIRO POSTO   CONVÓCASE A DON GREGORIO RODRIGUEZ FERNANDEZ PARA QUE ACUDA A REALIZAR  O RECOÑECEMENTO MEDICO E A PROBA DE ESFORZO Á CLINICA FREMAP DE BURELA O LUNS DIA 24 DE XULLO ÁS 10.15 HORAS

 
LISTA ADMITIDOS E EXCLUIDOS TECNICO OFICINA COOPERATIVISMO PDF Imprimir
Noticias
Mércores, 19 Xullo 2017 12:05

RESOLUCION DA ALCALDIA Nº 181/2017, de 19 de xullo

Visto o  proceso de selección para a provisión temporal dun posto de traballo de técnico da oficina local de fomento cooperativo dos Concellos de Trabada, Barreiros, A Pontenova e Riotorto en réxime de dereito laboral temporal mediante o sistema de concurso -oposición. Vistas as bases e a convocatoria do proceso de referencia, aprobadas por Resolución da Alcaldía nº 170/2017, de 6 de xullo  foron publicadas mediante inserción de anuncio no periódico El Progreso de data 8 de xullo de 2017, sábado, así como na páxina web do Concello en data 7 de xullo e na mesma data na sede e na mesma data na sede electrónica do Concello de Trabada. Igualmente foi remitida oferta de emprego á oficina do Servizo Público de Colocación en data 7 de xullo de 2017 ( ºn RE 572), enviando o citado organismo en data 12 de xullo unha candidata, Hermina Carbajales Rodriguez. Durante o prazo de presentación de instancias,  de dez dias naturais, que finalizou o día 18 de xullo de 2017, recibíronse dúas instancias de participación:  Nº RE 1306, de data 14/07/2017, Dona Herminia Carbajales Rodriguez .  Nº RE 1319, de data 17/07/2017, Dona Yolanda Camacho Gómez.

Vista a proposta emitida en data 19 de xullo de 2017 pola Secretaria-Interventora sobre declaracion de candidatas excluidas por non cumprir os requisitos esixidos para a participación no proceso, requisitos derivados da Orde da Consellería de Economía, Emprego e Industria de data 26 de xaneiro de 2017 que financia a actuación.

De conformidade co indicado na  base sexta das que regulan o proceso de selección, esta Alcaldía, en exercicio das competencias legalmente atribuidas polos artigos 21 da Lei 7/1985, reguladora das bases do réxime local e artigo 61 da Lei 5/1997, de Administración Local de Galicia, RESOLVIN:

PRIMEIRO.- Aproba a lista provisional de aspirantes admitidos e excluidos, dispoñendo a súa publicación no Taboeiro de Edictos da Corporación, páxina web e sede electrónica, aos efectos de que durante tres días hábiles os memsos poidan efectuar  enmenda do defecto que motivou a exclusión; transcurrido o citado prazo  a Alcaldesa dictará resolución de aprobación de lista  definitiva, coas correccions que procedan. De non presentarse ningunha, a lista provisional se entenderá elevada automaticamente a definitiva, e contra a mesma  se poderá interpoñer recurso de reposicion no prazo de un mes ou directamente contencioso-administrativo no prazo de dous meses de conformidade coa normativa vixente.

CANDIDATOS ADMITIDOS Ningún

CANDIDATOS EXCLUIDOS Nome e apelidos DNI Causa exclusión Herminia Carbajales Rodriguez 76938281s Non ten a titulación de licenciatura ou grao en Economía, Administración e Dirección de Empresas, Dereito ou titulacions ou grados mixtos que as inclúan Non acredita  formación en materia de cooperativismo cunha duración mínima de 60 horas.

Yolanda Camacho Gómez 77721504L Non acredita coñecemento da lingua galega Non acredita formación en materia de cooperativismo cunha duración mínima de 60 horas

En Trabada, a 19 de xullo de 2017, A Alcaldesa.

Asdo. Mayra Garcia Bermudez.

 

 
SEGUNDA CONVOCATORIA CONDUCTORES MOTOBOMBA PDF Imprimir
Noticias
Venres, 14 Xullo 2017 07:38

DECRETO DA ALCALDÍA NÚM. 177/2017 DO 13 DE XULLO

Visto o Convenio de Colaboración  suscrito  entre a Consellería de Medio Rural e o Concello de Trabada para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais durante os anos 2016, 2017 e 2018, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural ( FEADER) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, de data 23 de xuño de 2016.

Visto que de conformidade co citado convenio , debido á especificidade dos traballos a realizar, priorizaranse os candidatos que teñan experiencia nas tarefas de extinción, polo que se opta polo concurso como proceso de selección.

Vendo o resultado do proceso convocado por Resolución da Alcaldía de 29 de xuño de 2017  para a contratación de tres conductores de motobomba non se presentou ningun aspirante.

Tendo en conta que para o inicio da operatividade da motobomba é imprescindible que estén contratados e formados tres conductores para cubrir as quendas , resulta necesario proceder a realizar nova convocatoria.

Vistas as bases aprobadas pola resolución 154/2017, se entenden que as mesmas  poden seguirse mantendo, polo que procede únicamente efectuar segunda convocatoria mantendo os requisitos das mesmas, salvo polo prazo que se considera en dias naturais visto o retraso na selección e a necesidade de iniciar o servizo dentro do calendario faacilitado polo Distrito Forestal.

Sendo necesario proceder á contratación laboral temporal baixo a modalidade de obra ou servizo, de tres  conductores   para a motobomba municipal de prevención e defensa contra incendios forestais, campaña de verán 2017,  a xornada completa, ao abeiro do citado convenio , con data prevista de inicio 01 de agosto de 2017, por un período de dous meses e medio, e á vista das competencias recoñecidas no art. 21.1.g) da LRBRL, esta Alcaldía, RESOLVE:

ÚNICO: Aprobar as bases para a selección e contratación como persoal laboral temporal de tres  condutores  de motobomba para o servizo municipal de prevención e defensa contra incendios forestais.

CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL, MEDIANTE CONCURSO ,  DE TRES CONDUCTORES DE MOTOBOMBA MUNICIPAL DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS

BASES

1º.- NORMAS XERAIS

A selección rexerase polo previsto nestas bases, Real Decreto Lexislativo 5/2015 , polo que se aproba o Texto Refundido  do Estatuto básico do emprego público, Lei 2/2015, do emprego público de Galicia , Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora de bases de réxime local, Lei 5/97, de administración local de Galicia, Real Decreto lexislativo 781/86, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, Real Decreto 896/1981, de 7 de xuño, Real Decreto 364/95, Real Decreto Lexislativo 1/1995, de 24 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores e Convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural  o Concello de Trabada para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais .

2º.- CARACTERÍSTICAS DO POSTO DE TRABALLO

O personal vinculado co servizo do vehiculo motomba integrarase no dispositivo de emerxencias do Distrito Forestal onde se sitúe a entidade local, priorizando a actuación do vehículo motobomba na extinción de incendios forestais respecto de outros traballos, segundo o disposto no artigo 47 da Lei 43/2003, de montes e no artigo 48.6 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais. Así mesmo, cando concorran razóns extraordinarias de emerxencia, o órgano autonómico poderá decidir a movilización destes medios fóra do seu termo municipal, conforme ao previsto no PLADIGA no que expresamente se prevé como se producirá a coordinación en tales supostos.

Respecto a xornada dos operarios conductores, segundo o establecido no mencionado convenio que literalmente dí así: “Manter operativos os vehiculos motobombas durante cada un dos meses de vixencia do convenio, estando operativo/s dito/s vehiculo/s polo menos 16 horas ao día, tendo plena dispoñibilidade, incluíndo nela os traballos en domingos, festivos e festas locais, así como as quendas de noite necesarias durante a vixencia do convenio, realizando labores de prevención e defensa contra os incendios forestais, sempre que non sexan requerido/s para a extinción destes”

O cometido funcional deste posto de traballo consistirá na realización das tarefas que lle sexan encomendadas polo persoal responsable dos servizos municipais correspondentes do Concello de Trabada, e polo Distrito Forestal VI, de acordo coas instrucións recibidas ao efecto.

3º.- DURACIÓN DO CONTRATO

O contrato de traballo, de dous meses e medio de duración, asinarase baixo a modalidade de contrato de traballo de obra ou servizo, a xornada completa, con data prevista de inicio o próximo día 1  de agosto de  2017, no horario que estableza o Distrito Forestal VI, segundo demande o servizo.

4º.- RETRIBUCIÓNS

A retribución será de 900 € brutos mensuais, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias.

5º.- REQUISITOS DOS CANDIDATOS

1.- Para seren admitidos ao presente procedemento os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Ter a nacionalidade española ou atoparse comprendido no eido de aplicación do artigo 57 do Real decreto lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.

b) Ter unha idade comprendida entre os 18 e os 60 anos.

c)Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas do emprego a que se aspira, non padecendo enfermidade, nin estar afectado por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das súas funcións. Os aspirantes seleccionados deberán realizar previamente á súa contratación un recoñecemento médico e unha proba física de esforzo para garantir as súas condicións de saúde para o traballo a realizar. De non superar o recoñecemento médico e a proba física de esforzo, declararase ao aspirante decaído do seu dereito á contratación.

d Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas, nin estar inhabilitado por sentencia firme para o exercicio das funcións públicas.

e) Non estar incurso nos supostos de incompatibilidades previstas na lexislación vixente.

f Estar en posesión do carné de conducir C.

g) Non ter prestado servizos no Concello de Trabada con carácter temporal por un período de 20 meses nos últimos 30 meses, con independencia de que a relación laboral tivera ou non continuidade en dito período.

h) Non se require titulación específica ( Disposicion adicional 6º EBEP).

2.- Os anteriores requisitos, deberanse posuír con referencia ao último día do prazo de presentación de solicitudes e gozar dos mesmos durante o proceso selectivo.

3.- Será nulo o nomeamento dos que estean incursos nas causas de incapacidade específica conforme á normativa vixente.

6º.- TRAMITACIÓN

1.- O Concello de Trabada abrirá un prazo de solicitude de participación no proceso selectivo de CINCO  dias NATURAIS  dende o día seguinte á publicación de anuncio .

2.- O Concello publicará a presente convocatoria mediante anuncio en prensa nun dos xornais de maior difusión no municipio. As presentes bases serán publicadas na páxina web municipal (www.trabada.es) e na sede electrónica trabada.sedelectronica.gal

3.- Na súa formulación, a oferta non poderá conter elementos que poidan servir de base para calquera tipo de discriminación que non responda aos criterios preferenciais establecidos no convenio asinado coa Consellería do Medio Rural , en virtude do cal se realizarán as contratacións.

4.- A  valoración da fase de concurso   terá lugar o día 21 de xullo na Casa Consistorial , a partir das 10.00 h.

5.- Seleccionados os traballadores, serán convocados para a realización dun recoñecemento médico e unha proba física de esforzo ,  nos termos establecidos no convenio asinado coa Consellería de Medio Rural , cuxa superación será requisito indispensable para a súa posterior contratación como condutores de motobomba. De non superarse, convocarase ao seguinte aspirante que acadara unha maior puntuación, e así sucesivamente.

6.- O concello procederá á contratación das persoas propostas que superaran o exame médico  e a proba de esforzo baixo a modalidade de "obra ou servizo determinado”.

7.- O resultado da selección será publicado na páxina web municipal.

7º.- SOLICITUDES

1.- As solicitudes presentaranse nas oficinas municipais do Concello de Trabada, mediante o modelo de instancia que se achega como Anexo I.

2.- O prazo de presentación quedará aberto desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación de anuncio de convocatoria  ata as 15.30 horas do quinto  día natural .

3.- Á instancia acompañarase inescusablemente:

a) Fotocopia do Documento Nacional de Identidade.

b) Declaración xurada (Anexo II)

c) Documentación que acredite o cumprimento dos requisitos para a participación no proceso de selección.

d) Documentación acreditativa dos méritos a valorar na fase de concurso, isto é, da experiencia laboral, da formación complementaria e do coñecemento certificado do idioma galego.

4.- Os erros de feito que puideran advertirse poderán ser emendados en calquera intre, de oficio ou a petición do interesado.

5.- Os aspirantes quedan vinculados aos datos que fagan constar nas súas solicitudes, podendo demandar a súa modificación mediante escrito motivado, dentro do prazo establecido no nesta base para a presentación de solicitudes, transcorrido o cal non se admitirá ningunha petición desta natureza.

8º.- TRIBUNAL DE VALORACIÓN

Estará integrado polos seguintes membros:

- Presidente: D. José Luis Reigosa Espasande, persoal laboral do Concello de Trabada.

- Primeiro vogal: D. Jesús Amor Vizcaíno, persoal laboral do Concello de Trabada.

- Segundo vogal: Persoal designado  pola Excma Deputación Provincial de Lugo

- Terceiro vogal: Persoal designado  pola Excma Deputación Provincial de Lugo

- Secretaria: Dna. Mª Sofía Sanmartín Novoa, secretaria do Concello de Trabada.

No caso de ausencia do Presidente, será substituído polo primeiro vogal.

No caso de ausencia da Secretaria, será substituída pola segundo vogal.

Aos efectos previstos no Real Decreto 462/2002 , de 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo, O Concello de Trabada farase cargo dos custos de indemnización por desprazamento a razón de 0,19 euros/Km., así como das contías por asistencia a tribunais de conformidade co Anexo IV, categoría terceira.

9º.- SISTEMA DE SELECCIÓN

1.- O sistema de selección é o de concurso, cunha puntuacion máxima de cinco puntos  ;  o Tribunal  valorará os  méritos dos aspirantes admitidos  baseándose na documentación aportada durante o prazo de solicitude:

Experiencia laboral (máximo 3 puntos)

Desempeñar ou ter desempeñado as funcións do posto de traballo obxecto deste proceso de selección, en calquera Administración Pública ou organismos autónomos de carácter administrativo dependentes da mesma, con contratos ou nomeamento feito pola propia Administración, e referidos aos exercicios seguintes, dende o exercicio 2010 ata o presente exercicio 2016: 0,15 puntos por cada mes completo. A puntuación minorarase de forma proporcional en función da porcentaxe de xornada, cando esta fora parcial. Acreditarase mediante a presentación de copias da vida laboral e do/s contrato/s de traballo, ou da certificación da entidade, de forma que queden acreditadas entidade, posto de traballo, xornada e duración.

Cursos de formación (máximo 1,50 puntos)

Por ter realizado curso básico de protección civil impartido pola Academia Galega de Seguridade Pública e cursos de formación relacionados coa protección do ecosistema e efectos de lume, comportamento do lume, técnicas de extinción, apertura dunha liña de defensa, mantemento de ferramentas, manexo da emisora, seguridade e en xeral de protección de incendios impartidos polo Instituto Nacional de Administración Pública ou calquera centro oficial autorizado para impartilos, incluídos os organizados ou promovidos polos Concellos:

- Por cada curso de 60 ou máis horas de duración ou de 10 xornadas: 0,50 puntos

- Por cada curso entre 30 e 59 horas de duración ou de 5  a 9 xornadas: 0,40 puntos

- Por cada curso entre 10 e 29 horas de duración ou de 2 a 4 xornadas: 0,20 puntos

Será acreditado mediante presentación de fotocopia do correspondente diploma ou certificado da actividade formativa, no que debe figurar a súa duración, en número de horas ou xornadas.

Coñecemento da lingua galega (máximo 0,50 puntos)

- Por estar en posesión do Celga 3 ou equivalente (curso de iniciación á lingua galega): 0,25 puntos

- Por estar en posesión do Celga 4 ou equivalente (curso de perfeccionamento): 0,50 puntos

Será acreditado mediante certificación da Dirección Xeral de Política Lingüística ou do centro educativo correspondente.

2.- Os méritos que se aleguen polos/as aspirantes acreditaranse, como data límite, o día de remate do prazo de presentación de solicitudes. Non se valorarán aqueles que non estean suficientemente acreditados documentalmente.

3.- No caso de producirse empates, o Tribunal de Valoración decidirá en función da puntuación obtida no apartado de experiencia , incluso si excedese da puntuación máxima do citado apartado .  De persistir o empate serán puntuados os cursos de formación dos aspirantes nesta situación sen o límite establecido de 1,50 puntos. Si  aínda así persistira, se atenderá á orde alfabética do primeiro apelido.

4.- A puntuación final das persoas que obtiveran a calificación de aptas  será a resultante da fase de concurso. Serán propostas para o posto de traballo convocado as tres persoas que acadaran as maiores puntuacións, quedando as restantes conformando unha listaxe de reserva, ordenada segundo a puntuación obtida, aos efectos de renuncia, baixa, non superar o recoñecemento médico e/ou proba física de esforzo ,  ou calquera outra continxencia das persoas candidatas propostas, sendo requirida a que figure na listaxe no seguinte lugar, sucesivamente, cando as circunstancias o requiran.

5.- O Tribunal de valoración reuniráse  o día 21 de xullo  na Casa Consisitorial de  Trabada, a partir das 10.00 h. Os recoñecementos médicos e as probas físicas de esforzo desenvolveránse nos días seguintes, sendo convocados polo Concello con indicación do día, hora e lugar onde se efectuarán as  probas físicas e recoñecementos médicos por persoal técnico cualificado.

10º.- RESOLUCIÓN

A resolución do concurso e os nomeamentos serán realizados pola Presidenta da Corporación Municipal, a proposta do Tribunal cualificador.

11º.- PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN

1.- As persoas propostas presentarán na Secretaría do Concello, no prazo de 2 días hábiles, contado a partir da publicación da relación de aprobados no Taboleiro de Anuncios de Concello, os documentos seguintes:

a) Fotocopia cotexada do Documento Nacional de Identidade.

b) Fotocopia cotexada do carné de conducir C.

c) Declaración xurada de non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, de ningunha Administración Pública nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas por sentencia firme.

d) Declaración xurada de non estar incurso en ningunha das causas de incapacidade específica conforme á normativa vixente.

e) Declaración xurada de non incorrer en ningún dos supostos de incompatibilidade establecidos na lexislación sobre a materia.

f) Fotocopia cotexada da documentación acreditativa dos méritos alegados e valorados.

g) Número de afiliación á Seguridade Social

i) IBAN da conta bancaria da súa titularidade onde ingresar as correspondentes nóminas.

2.- A non presentación dentro do prazo fixado no parágrafo anterior da presente base da documentación antes referida, agás os casos de forza maior, ou cando da presentación dos documentos se desprenda o non cumprimento dos requisitos da convocatoria ou supostos de falsidade na instancia presentada para tomar parte no proceso selectivo, dará lugar á invalidez das actuacións do aspirante, e xa que logo, a nulidade dos actos do Tribunal en relación co aspirante e a imposibilidade de efectuar o seu nomeamento, sen prexuízo da esixencia das responsabilidades nas que puidese ter incorrido.  Neste caso, a proposta considerase feita a prol dos aspirantes que, segundo á orde de puntuación obtida, teñan cabida no número de postos convocados; todo ilo como consecuencia da citada anulación.

12º.- DESIGNACIÓN E FORMALlZACIÓN DO CONTRATO

1.- Presentada a documentación polos interesados, e sendo a mesma conforme, e habendo superado o recoñecemento médico ea a proba física de esforzo  ao que fai referencia a base 6ª.5. das presentes, a Sra. Alcaldesa procederá á designación dos aspirantes seleccionados e procederá á formalización dos correspondentes contratos laborais.

2.- Establécese un período de proba dun mes. Transcorrido este período se a persoa da que se trate o superase satisfactoriamente, adquirirá plena eficacia o contrato subscrito. Todos os seleccionados deberán de asistir e superar os cursos de formación específicos que se impartirán por persoal cualificado.

3.- Mentres non se formalice o contrato e non se incorpore ó posta de traballo, as persoas designadas non terán dereito a percepción económica de ningunha clase.

4.- Quen sen causa xustificada non concorrese a formalizar o contrato na data sinalada, perderá todos os dereitos derivados da superación das probas selectivas.

13º.- INCIDENCIAS

1.- A presente convocatoria, as súas bases, e tódolos actos administrativos que dela deriven,poderán ser impugnados nos casos e na forma establecidos na Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común das Administracions Públicas.

2. Para o non previsto nestas bases, será de aplicación a Lei 7/1985 de 2 de abril, o Real Decreto Lexislativo 781/86 de 18 de abril, o Real Decreto 896/1991 de 7 de xuño, o Real Decreto 364/1995 de 10 de marzo e a normativa laboral de aplicación.

En Trabada, a 13 de xullo de 2017.

A Alcaldesa.

Asdo. Mayra García Bermúdez.

ANEXO I

INSTANCIA DE SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN EN PROCESO DE SELECCIÓN

1.- POSTO DE TRABALLO Ó QUE ASPIRA: Condutor de motobomba( segunda convocatoria)

2.- DATOS PERSOAIS:

............................................       ...........................................    ………..............................

PRIMEIRO APELIDO                                        SEGUNDO APELIDO                                      NOME

............................................   ............................................     ………................................

DATA DE NACEMENTO                         LUGAR DE NACEMENTO                    PROVINCIA DE NACEMENTO

..................................   ............................................................    ..................................

DNI                                                         DOMICILIO                                                   CP E MUNICIPIO

.............................................    ......................................  ..............................................

PROVINCIA                                                TELÉFONO                                 CORREO ELECTRÓNICO

3.- DISCAPACIDADE

Non    /    Si (Grao ……..%)

4.- DOCUMENTACION QUE SE XUNTA

a.-Fotocopia do DNI

b.-Fotocopia de todos os documentos xustificativos de cumprir cos requisitos de admisión e dos méritos que se aleguen, pois non se tomarán en conta nin serán avaliados aqueles que non queden debidamente acreditados en todos os seus extremos no momento da presentación da instancia.

O/a abaixo asinante solicita ser admitido/a ó concurso ao  que se refire a presente instancia e declara que son certos todos os datos obrantes nela e que reúne as condicións esixidas nas Bases da devandita convocatoria que declara coñecer, comprometéndose a probar documentalmente todos os datos que figuran nesta solicitude.

Lugar e data:  ………………………………………………………       Sinatura: ……………………………………………………………

SRA. ALCALDESA DO CONCELLO DE TRABADA

ANEXO II

MODELO DE DECLARACIÓN XURADA

D./Dna. ………………………………………………………………………………………..………, con DNI ………………..……….…….., en relación coa oferta de emprego do Concello de Trabada de …………………………………………….……………….

DECLARO BAIXO XURAMENTO:

1. Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas, nin estar inhabilitado por sentencia firme para o exercicio das funcións públicas.

2. Non estar incurso/a en ningunha das causas de incapacidade específica conforme á normativa vixente.

3. Non incorrer en ningún dos supostos de incompatibilidade establecidos na lexislación sobre a materia.

4. Non padecer enfermidade ou eiva física que impida o normal desenvolvemento das funcións correspondentes ao posto de traballo ao que opto.

Lugar e data: …………………………………………………………….

Sinatura: ……………………………………………………………………

 

 
PEONS BRIGADA INCENDIOS 2017 PDF Imprimir
Noticias
Luns, 10 Xullo 2017 11:57

NA DATA DE HOXE O TRIBUNAL DE SELECCION EFECTUOU SESIÓN CONSTITUTIVA E DE VALORACIÓN DOS MÉRITOS DO CONCURSO DO PROCESO DE SELECCION DE REFERENCIA, EFECTUANDOSE NOMEAMENTO A FAVOR DOS SEGUINTES CANDIDATOS CONFORME A PUNTUACION QUE SE INDICA:

 

Á vista do resultado, o Tribunal de Selección efectúa pronunciamento sobre a puntuación final resultante da fase do concurso, e se propón o seguinte listado de candidatos propostos para os postos de traballo conforme as seguintes puntuacións   e orde de preferencia, aos efectos de ser  convocados para a realización da proba de recoñecemento médico e física de esforzo:

1.- Guillermo Martín Fernández.

2.- Daniel Gallo Lorenzo

3.- Ángel Luis Rivas Pérez

4.- Rubén López Rivera

5.- Noé Reigosa Sanjurjo

6.- Gregorio Rodriguez Fernández

 

7.- Pablo García Santamarina .

 

O Sr. Guillermo Martín resultou primeiro candidato para o posto de xefe de brigada, logo da renuncia do Sr. Juan Rodríguez, polo que se convocan aos seguintes candidatos para a superación das probas médicas e de esforzo o mércores 12 de xullo, ás 11.30 horas, na clininca PREMAP LUGO, rua Enriqueta Otero nº 2:

1. Daniel Gallo Lorenzo

2.- Ángel Luis Rivas Pérez

3.- Rubén López Rivera

4.- Noé Reigosa Sanjurjo

 

Aspirante

Experiencia laboral

Cursos formación

Coñecemento lengua galega

Total

Noé Reigosa Sanjurjo

0

0.80

0

0.80

Gregorio Rodriguez Fernández

0.30

0.40

0

0.70

Daniel Gallo Lorenzo

0.70

0.20

0.50

1.40

Pablo García Santamarina

0.00

0.00

0.25

0.25

Rubén López Rivera

0.80

0.20

0

1.00

Ángel Luis Rivas Pérez

0.90

0.20

0

1.10

Guillermo Martín Fernández

1.40

0.40

0.50

2.30

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 3 de 21
Sede electrónica
Infraestruturas, espazos naturais, arquitectura... coñece Trabada en imaxes
¿Que tempo vai facer hoxe en Trabada. Coñece a predicción meteorolóxica.
Teléfonos de interese: Concello 982 13 50 11 Centro de Saúde 982 13 53 00

ENCUESTAS

Dende onde visita o noso portal?
 
© Concello de Trabada